O propietario de Café Pacfico explicou a evolucin dun negocio familiar
Alumnado de Ciencias Empresariais e Turismo achégase a novas frmulas da hostalara
O obxectivo da iniciativa foi afondar co alumnado en aspectos relacionados coa xestin
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou este martes unha nova xornada da súa iniciativa Hostalara e sociedade. Despois da participacin o pasado curso de Daniel Guzmn e Julio Sotomayor, do restaurante cunha estrela Micheln Nova, e de Aser Álvarez, de Casa Galeguesa, nesta ocasin os convidados foron Francisco Domnguez, propietario do Café Pacfico, e o seu cocieiro Noel Fernndez. Eles falaron da súa experiencia de transformacin dun negocio hostaleiro familiar.
Anda que aberta a todo o alumnado interesado, explicou Javier Snchez, vicedecano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, a xornada estivo especialmente organizada pensando no alumnado do Grao en Turismo, que conta con materias nas que se aborda a xestin da restauracin, a xestin de destinos de interior e a planificacin e xestin de espazos tursticos. O obxectivo de convidar ao propietario e chef do Café Pacfico foi, apuntou Snchez, dar a oportunidade ao alumnado do centro de “coecer o seu concepto vangardista e artes de restauracin”.
De 1975 a 2018
Ao longo da súa intervencin Francisco Domnguez explicou as orixes, a historia e a evolucin do negocio familiar Café Pacfico desde a súa creacin ata chegar actualidade. As, lembrou, o nome de Pacfico foi escollido polo seu av, marieiro que faca esa ruta e fundador do local en 1975. Anda que “o negocio sempre foi ben”, comentou, arredor de 2012 comezaron a mudar o seu concepto, transformacin que foi total cando en abril deste mesmo ano reabriron despois dunha completa muda estética e dun cambio de modelo de negocio e gastronmico. De pasar de ser “un café clsico” pasou a ter unha oferta baseada nos almorzos, no menú degustacin ao medioda e de brunch as fins de semana, non abrindo para ceas. Esta última decisin, indicou Francisco Domnguez, baseouse no feito de que “non podamos mis fisicamente, con horarios de 13 ou 14 horas abertos, haba que reconducir o negocio”, afirmou.
A evolucin deste local, apuntou, non é froito da adaptacin de ningún modelo en concreto tomado como referente pero si do feito de que “nos gusta estar sempre atentos a por onde van os tiros, estamos sempre observando o que se demanda, as novidades, etc”, indicou Francisco Domnguez. Ante o cambio de modelo de negocio e gastronmico apuntou como “a resposta da xente est sendo moi boa” pero fixo fincapé en como, ao tratarse “dun proxecto tan persoal haber que agardar arredor de tres anos para ver se efectivamente o modelo é rendible”. Sobre como foi recibida esa evolucin xa non externamente senn internamente, ao tratarse dun negocio de orixe familiar, comentou que foi ben recibida xa que “sempre se quere mellorar e todo o que sexa mellorar é benvido”.
Para coecer a proposta gastronmica de Café Pacfico, ademais do seu modelo de negocio, o alumnado tivo a oportunidade de probar algunhas das elaboracins que ofrecen nel e dar a súa opinin ao respecto.
