DUVI

Diario da 鶹

O alumno sénior Ramn Fernndez é o seu autor

'En el agua de las fuentes', unha novela fraguada entre clase e clase do Programa Universitario de Maiores

A obra céntrase na resolucin de tres misteriosos asasinatos ambientados en Ourense

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 10/12/2019

“Alfonso Pieiro, un polica da pequena comisara de Ourense e recentemente ascendido a inspector xefe da devandita comisara, ten que enfrontarse cos seus homes de confianza e a axuda de distintos personaxes a descubrir un asasino distinto a todo o que coece na súa vida profesional”. Con este argumento e protagonista presentouse este martes no campus de Ourense a novela En el agua de las fuentes, primeira obra de ficcin de Ramn Fernndez, alumno do Programa Universitario de Maiores neste campus, que fraguou esta historia entre clase e clase.

Na presentacin do libro acompaaron ao seu autor Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Alberto Vaquero, coordinador do Programa Universitario de Maiores en Ourense, e Camilo Brandn, profesor deste programa. Durante a súa intervencin, Esther de Blas salientou ao numeroso alumnado sénior presente no acto como Ramn Fernndez “é un exemplo da vosa iniciativa e bo facer”, felicitando ao autor polo traballo realizado. Do mesmo xeito, Alberto Vaquero recalcou como este tipo de accins amosan como o alumnado do Programa de Maiores “son persoas moi activas e dinmicas”, salientando do autor a súa capacidade de traballo, xenerosidade e perfeccionismo e a súa paixn pola fotografa, pola escritura e polo Camio de Santiago. “Ten un mérito impresionante”, apuntou Camilo Brandn, o feito de sexa un alumno o que conseguise a publicacin dun libro.

Segundo detallou na presentacin Ramn Fernndez, nado en Ourense en 1951, en 2015 matriculouse no Programa Universitario de Maiores do campus tras xubilarse despois dunha vida dedicada ao sector da construcin. “Unha tarde, entre clase e clase, tia unha hora libre. Quedeime nunha aula s e a empezou todo. A comezaron os meus amigos imaxinarios a vir sobre o papel, a uns fxenos bos, a outros non tanto, pero a todos lle cheguei a coller cario”, indicou. Despois de arredor de tres anos, indicou, conseguiu rematar a novela e publicala na Editorial Crculo Rojo. No camio, apuntou, tivo que levar a cabo un intenso traballo do que destacou a importancia da documentacin para que a historia resultase crible e interesante, chegando a consultar, indicou, con forenses as caractersticas dos asasinatos ideados para garantir a súa orixinalidade.

Primeira entrega dunha triloxa

A novela, dixo Ramn Fernndez, “ambiéntase na mia cidade, en Ourense”. A cidade preséntase no libro como “unha cidade pequena, onde a tranquilidade forma parte da vida coti das súas xentes. Unha cidade amante da natureza e da auga, representada de moitas maneiras: fontes termais, fontes ornamentais en parques, estanques e ros”. Neste contexto, recolle a novela na súa presentacin, “a súa vida apracible vese alterada por uns sucesos que conmocionan a tranquilidade das súas xentes: unha serie de asasinatos que deixan aos investigadores perplexos ante a maneira en que se producen”. O inspector xefe Alfonso Pieiro e o seu equipo farn fronte a este caso ao longo das pxinas do libro. Ademais do seu traballo, na novela ter un papel destacado a vida persoal de Pieiro no seu intento de superar un fracaso sentimental anterior e comezar outra historia sentimental.

“Moi feliz co resultado” da súa primeira obra de ficcin, Ramn Fernndez adiantou a súa intencin de que este libro sexa o primeiro dunha triloxa. “Neste libro cométense tres asasinatos. Na segunda parte, na que xa estou traballando, haber outros tres asasinatos tamén moi distintos e xa teo ideas para facer a terceira entrega”, comentou o autor na presentacin. Os beneficios da publicacin En el agua de las fuentes ser destinados integramente por parte do seu autor organizacin non gobernamental a favor da infancia Save the Children.