DUVI

Diario da 鶹

Alumnado de Educacin Social realiza unha mostra sobre os estereotipos de xénero

31 fotografas para rachar o de que “isto é de mulleres, isto é de homes”

A exposicin est situada na entrada do Edificio de Ferro

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • Estudantes
Rosa Tedn DUVI Ourense 12/12/2019

Un home palillando, unha nena disfrazada de Capitn América, unha moza arranxando unha moto, un pai de familia facendo a compra no supermercado, uns nenos xogando cunha cocia, un mozo maquillndose... Estas e outras imaxes conformar a exposicin Rompendo estereotipos que desde esta semana est instalada na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense. Con ela, alumnado de segundo curso do Grao de Educacin Social, da Facultade de Ciencias da Educacin, quere pr en evidencia que hai que rachar co “isto é de mulleres, isto é de homes”.

A exposicin, explican as e os seus responsables, foi realizada ao longo do primeiro cuadrimestre por 23 alumnas e alumnos no marco da materia Xénero e Educacin Social, impartida pola profesora Carmen Armada. En nome do grupo, a estudante Ftima Foade explica como a idea de levar a cabo esta iniciativa xurdiu da inquedanza da mestra e de alumnado por facer algo innovador e do traballo en equipo e implicacin da clase. Neste caldo de cultivo, sinala, naceu o proxecto de facer unha mostra fotogrfica para rachar os estereotipos de xénero que ilusionou a todas e todos polo reto de “captar en imaxes a crtica social e poder traballar a conciencia crtica e reflexiva do público, ademais de fomentar a sensibilidade e o gusto polas artes e por outras maneiras de facer, sen que tean que ser escritas, xa que poden ser visuais, auditivas, sensitivas…”.

Fomentar a conciencia crtica

Lanzado o reto na clase, Ftima Foade sinala que “todas aceptaron sacalo adiante”, collendo o nome de XES1. De Xénero e Educacin Social. Sobre o proceso de elaboracin da mostra durante arredor de tres meses, a estudante destaca como “todas fomos protagonistas: houbo quen fixo as fotografas, quen as editou, quen buscou os espazos, o decorado e as persoas a fotografar, quen pensou nos estereotipos, quen contactou coa xente, quen imprimiu as imaxes, quen mercou o material e quen recadou os cartos, pois a mostra est costeada por ns e a mestra”, comenta. Todo este esforzo, indica a estudante, “uniunos moito como grupo e como futuras educadoras sociais”. Froito do traballo realizado, a exposicin est formada por 31 fotografas seleccionadas entre as moitas realizadas. “Unha imaxe non ten sentido sen a outra, ao igual sucede co traballo en equipo, co traballo multidisciplinar, co traballo en rede”, sinala Ftima Foade recalcando o proceso de aprendizaxe desenvolto durante o proxecto. As, explica, traballaron en pequenos grupos, seleccionando diferentes mbitos, desde a infancia vellez, e desenvolvendo en equipo a idea de cada fotografa.

Na mostra e nas fotografas escollidas, explica Ftima Foade, “a nosa mensaxe principal é a necesidade de rachar cos estereotipos de xénero, fomentar a conciencia crtica e a igualdade de xénero”. A iniciativa, recalca, “nace para desmentir os estereotipos que foron marcados ao longo de tantos anos, tanto sobre homes como sobre mulleres, e nos que a muller est relegada ao mbito privado, ao papel de nai e muller, invisibilizada en eidos como a filosofa, a arte... e os homes non poden preocuparse pola súa estética, polos coidados, etc”. Neste marco, sublia, “queriamos darlle a volta aos estereotipos”. A elaboracin do proxecto, engade a alumna, fxolle s e aos participantes darse conta “de que todo est superdefinido, moito mis do que pensabamos a priori” respecto a que “isto é xénero feminino e isto é xénero masculino”. “Estamos envoltos en todo iso e temos que acabar con elo”, recalca Foade.

“Moi contentas co resultado e co traballo en equipo feito”, desde o grupo organizador recalcan o seu desexo de que a xente poida gozar da mostra e que cada imaxe lle faga reflexionar sobre a realidade arredor dos estereotipos de xénero. Cada fotografa est numerada e ao carn da exposicin convdase ao público a propor un ttulo a cada imaxe no que rachar con estereotipo que aborda. Anda pendentes de coecer ata cando estar a exposicin na entrada do Edificio de Ferro, as e os seus responsables adiantan que “pretendemos que sexa unha mostra itinerante e compartila mis al da nosa facultade. Queremos que estas imaxes cheguen a toda a xente posible”.