DUVI

Diario da 鶹

A terceira edicin da exposicin Sen Moldes inaugúrase na Biblioteca Central do campus de Vigo

21 imaxes para reflexionar sobre a orde sexual imposta

As fotos foron realizadas por alumnado de primeiro curso do Grao en Belas Artes

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Arte
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Estudantes
M. Del Ro DUVI 22/10/2019

Sen moldes, sen tabús, sen xéneros preestablecidas, sen prexuzos e sen imposicins tradicionais. 17 estudantes de Belas Artes propoen cadansúa visin sobre o xénero a través de imaxes que tratan de “rachar coa orde sexual imposta”. A través de 21 fotografas conforman a nova edicin da exposicin Sen Moldes, unha iniciativa que naceu hai tres anos e que est coordinada polos profesores Mar Caldas e Andrés Pinal.

Dende este martes e ata o Nadal, a mostra pdese visitar na Biblioteca Central do campus de Vigo. Nela recllese unha seleccin dos traballos do alumnado que cursou a materia Técnicas fotogrficas o curso pasado. Os docentes propuxéronlles s e aos seus estudantes “elaborar imaxes que reflexionen sobre a orde sexual imposta, contrapoéndolle visins crticas, anovadoras, creativas, diverxentes ou mesmo paradoxais”, explica Caldas. As temticas son diversas e variadas, buscando amosar traballos complexos e imaxinativos, tanto polas vas da denuncia ou da proclamacin, como empregando a parodia ou a evocacin, desde a afectividade ou o desapaixoamento, falando en primeira persoa ou recollendo outras voces.

Mar Caldas recoeca no acto de inauguracin que “a experiencia na aula foi moi boa, permitiunos reflexionar sobre os roles de xénero e a sexualidade, pero facer a escolla das fotos foi complicado”. As imaxes permiten ao espectador quebrar os roles de xénero tradicionais, exploran sexualidades liberadas das normas e indagar nas identidades abertas e plurais. Como explica a docente, “convdannos a incorporar novos principios de visin, a desfacernos de vellos esquemas mentais, a imaxinar diversas subxectividades, construdas sen feituras prefixadas, sen moldes”. A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez, poa en valor a alta calidade das obras, “sobre todo tendo en conta que se trata de alumando de primeiro ano de carreira”. Tamén lles agradeceu s e os autores que mostren “os debates que estn na sociedade respecto da igualdade e a diversidade sexual, abordando temas como o binarismo como sistema sexo-xénero hexemnico”.

Imaxes para as campaas institucionais

Ademais de apoiar esta mostra dende a súa primeira edicin, a Unidade de Igualdade decidiu empregar algunhas das imaxes para darlles un uso que traspase o puramente académico. As, Águeda Gmez avanzou que, como xa se fixo o curso pasado, seleccionaranse algunhas destas imaxes para as campaas institucionais da Universidade, por exemplo para o 25 de novembro ou o 8 de marzo. “Sen Moldes é unha mina creativa e empregar estas imaxes mis al das mostra é un xeito de subliar a producin artstica que fai o propio alumnado da Universidade e poelo en valor”, apuntaba. Para a profesora Mar Caldas, o feito de usar instantneas feitas polo estudantado engade outras vantaxes e axuda a chegar ao público, porque “usan os mesmos cdigos que a comunidade universitaria, as fotos chegan dunha forma moito mis directa xente nova”.

Da menstruacin ao trnsito das persoas transxénero

Detrs destas 21 instantneas estn Aldara Vzquez, Alexandre Rodrguez Blanco, Anta Encisa, Arianne Romero, Carlainsh, Clo, Chus Nimo, Lili Algo, Lorena Vzquez Cruz, Luca Gonzlez Fernndez, Mente de Amuleto, Raquel Álvarez, Rubén Mascato, Tamara Goberna, Uxa Gonzlez Fernndez, Vilja Gunzelmann e Xoel Gmez Lpez. Entre outras temticas, reflexionan sobre a censura en redes sociais, as barreiras sociais coas que se atopan as persoas transxénero, a violencia sexual, o machismo, os lmites que impn a concepcin tradicional dos xéneros, a cousificacin do corpo das muller, etc.

Por exemplo, Abraham, o alumno que asina como Carlainsh, explica que a súa proposta, un collage de fotografas de corpos espidos, trata de amosar todo o abano de posibilidades que hai entre ser home ou muller. Buscar denunciar “as gaiolas que nos poen e das que temos que sar para crecer, ser libres, ser o que sentimos que temos que ser”. A obra de Clo, pola súa banda, comprende tres retratos dunha mesma persoa, amiga trans da autora. No primeiro reflctese o que era, “o que todo o mundo estaba acostumado a ver, un home masculino, con tatuaxes, un machote”, explica. O segundo retrato recolle o cambio “despois de sar da zona de confort, a muller que se esperaba que fose, con perruca, peito e roupa feminina, pero que tampouco era o que ela quera ser”. Finalmente, o terceiro retrato é o fin do camio, “ela mesma, rapada, tatuada e maquillada... como ela quere ser, sen roles masculinos nin femininos”. Outra das autoras é Chus Nimo, co retrato dun corpo feminino “sen roupa, o que non quere dicir que estea espido, porque leva unha mscara que oculta sentimentos e todo aquilo que non se quere mostrar”. Define a peza como “unha obra con moitas lecturas, para que sexa a e o espectador o que interprete a confrontacin nos tons, a escuridade, o silencio, o movemento...”. Aldara Vzquez é a autora da obra escollida para a cartelara da exposicin. Inspirouse en anuncios de compresas, “que amosan lquidos azuis súper hixiénicos, pero non reflicten a realidade da menstruacin”, por iso uniu as tres mulleres que saen na imaxe cun fo vermello “que representa o equipo, a sororidade e a forza común e colectiva”, resume.

Estas catro pezas, xunto co resto da exposicin, pdense visitar na Biblioteca Central do campus vigués ata o Nadal. Ca co comezo do 2020, Sen Moldes III viaxar ao campus de Ourense, concretamente Biblioteca Rosala de Castro e rematar o seu percorrido en Pontevedra, onde se poder visitar na Facultade de Belas Artes, para que o alumnado da materia Técnicas fotogrficas deste curso poidan contemplar as propostas dos seus compaeiros do curso pasado antes de comezar a traballar nas obras que darn forma a Sen Moldes IV.