DUVI

Diario da 鶹

Unha mostra reivindica a achega das mulleres ao coecemento

14 referentes femininos en ciencia, tecnoloxa e enxeara

A exposicin percorrer centros educativos do sur de Galicia

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • پܱ
  • Աپ
Rosa Tedn DUVI Ourense 26/02/2020

Co gallo da conmemoracin do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o campus de Ourense acolleu a feira divulgativa Exxperimenta en feminino, a III Xornada de divulgacin en ciencia, tecnoloxa, enxeara e matemticas. Co obxectivo de darlle continuidade ao seu labor de espertar en rapaces e rapazas a vocacin cientfica a través de referentes femininos, as súas promotoras poen agora en marcha unha mostra itinerante por centros educativos do sur de Galicia.

Formando parte de Exxperimenta en feminino, a iniciativa conta igualmente con financiamento da Fundacin Espaola de Ciencia y Tecnologa (Fecyt) do Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades, e est coordinada polas profesoras do campus de Ourense Alma Gmez, da Escola Superior de Enxeara Informtica, Julia Carballo, da Facultade de Ciencias, e Nieves Lorenzo, da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo. Trtase, apuntan as responsables do proxecto, “dunha actividade mis que se incluu dentro de Exxperimenta para darlle continuidade no tempo e incrementar o seu impacto”. Ao igual que a feira, a exposicin, detallan, xorde da conviccin de que “hai unha falta de referentes femininos en xeral no campo da ciencia, a tecnoloxa e as enxearas”. Neste contexto, esta iniciativa, recalcan, quere que rapaces e rapazas “poidan coecer como desde hai moito tempo hai presencia feminina nestes campos” e instaurar as neles e nelas “novos referentes en feminino”.

De Mileva Maric a Teresa Toral

“A mostra est formada por 14 psters de mulleres cun destacado papel na investigacin cientfica ou tecnolxica. Cada un dos 14 stands de investigadoras que participaron este ano en Exxperimenta en feminino elixiu a unha muller demostrativa do seu campo para esta exposicin”, comentan as promotoras do proxecto. De cada protagonista, a mostra recolle informacin da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas súa rea de coecemento e que premios ou recoecementos recibiu tanto en vida como posteriormente. A seleccin de investigadoras, indican as profesoras, abrangue un abano moi amplo, desde a investigacin bsica aplicada, desde o mbito galego ao internacional e desde a fsica informtica. As, a través dos paneis o público pode coecer desde a primeira muller galega e espaola en presentar unha tese en astronoma ata a muller que deu o seu nome programacin ADA.

Concretamente, a mostra ofrece informacin da fsica Mileva Maric; da fsica e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrnoma Antonia Ferrn; da bioqumica Margarita Salas; da qumica e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeeira qumica Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbiloga Esther Lederberg; da psicloga e biloga Linda B. Buck; da qumica industrial e farmacéutica Mara José Núez; da farmacéutica e qumica Tarsy Carballas; da tecnloga dos alimentos Concepcin Llaguno e da qumica e farmacéutica Teresa Toral.

Despois de amosarse na celebracin de Exxperimenta en feminino o pasado da 12 de febreiro, a exposicin est dispoible para que os centros de educacin Primaria e Secundaria do sur de Galicia interesados poidan solicitar participar do seu percorrido itinerante. Para mis informacin, desde a organizacin da iniciativa indican que os centros interesados pdense pr en contacto no enderezo electrnico exxperimentaenfeminino@uvigo.es.