DUVI

Diario da 鶹

A actividade celebrouse este xoves e venres na Facultade de Historia

Unhas xornadas visibilizan o traballo de novos investigadores e investigadoras en patrimonio cultural

No marco do programa interuniversitario de doutoramento que coordina a 鶹 neste eido

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Cultura
  • Eido
  • é
DUVI Ourense 24/10/2025

A Facultade de Historia do campus de Ourense foi o lugar elixido para a celebracin este xoves e venres das II Xornadas de Investigacin en Patrimonio Cultural. A actividade estivo organizada no marco do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Proteccin do Patrimonio Cultural, ofrecido polas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Corua.

As xornadas presentronse como un espazo de encontro e intercambio cientfico entre o alumnado e o profesorado do programa, e contou coa participacin de estudantado seu e de persoas egresadas que compartiron a súa experiencia investigadora e profesional. En total contou con 15 conferencias doutros tantos novos e novas investigadoras e unha mesa redonda de egresados e egresadas. O evento foi semipresencial, podendo seguirse de xeito presencial ou a través do Campus Remoto da 鶹. “As primeiras xornadas fixéranse en Trasalba antes da pandemia e este ano decidimos retomalas para ofrecerlle aos nosos doutorandos un punto de encontro, un espazo no que compartir procesos de investigacin e xerar redes de traballo e apoio entre eles”, explicou a profesora da 鶹 Beatriz Comendador, coordinadora deste programa de doutoramento. 

A maiora das actividades formativas do programa, apuntou a súa responsable, son virtuais e esta actividade presencial permtelles coecerse persoalmente, compartir os traballos que estn facendo e as dificultades ante o reto de realizar a tese de doutoramento. Ademais, engadiu, este encontro é especialmente frutfero tendo en conta que este programa interuniversitario caracterzase pola súa transdiciplinariedade, reunindo investigadoras e investigadores con lias de traballo con “metodoloxas e aproximacins ao tema de patrimonio moi diversas”, desde o xurdico ou o tecnolxico ata o arquivstico. 

Diversidade temtica

Tras a inauguracin a cargo de Julio Prada, decano da Facultade de Historia, e Beatriz Comendador, o xoves foron oito as lias de investigacin presentadas por estes novos e novas investigadoras. Nelas estn a traballar sobre temas como as esculturas de canecillos baixo os tellados da Catedral de Ourense (1218-1248); a restauracin virtual da igrexa romnica de Santa Mara de Sar no século XII; o Caminho Português da Costa e os orzamentos xurdicos concomitantes previos ou de orixe como base de proteccin do patrimonio cultural inmaterial. Outros estudos que estn a abordar e dos que falaron este xoves en Ourense son as gacetas e o Libro de San Cipriano; a transicin e elites polticas; o poder na Deputacin Provincial de Ourense entre 1917 e 1983 e a aplicacin ao prerromnico da Va da Prata do modelo de mediacin e interpretacin patrimonial baseados en TICs. Esta primeira sesin rematou cunha mesa de alumnado egresado na que participaron Andrea Mourio e Iria Souto. 

O segundo da das xornadas, o venres, arrancou cun estudo sobre a dieta e anlise isotpico do oso pardo no Holoceno en Marrocos e continuou con conferencias sobre os indicadores de mobilidade na prehistoria recente do Alto Tmega transfronteirizo e a anlise comparativa como método para determinar a posible correlacin entre os petrglifos con representacins de armas e os sitios de producin e/ou transformacin de metais. Tamén houbo intervencins sobre as elites e sociedade durante o tardofranquismo e a Transicin na provincia da Corua; sobre “un conto sobre Estrelas da Morte e pinturas murais”; o vio, cultura e memoria na pennsula do Morrazo e a recuperacin da autoidentidade a través de enfoques descolonizados da arte e o patrimonio Igbo.

A pesar de ser un programa de doutoramento “pequeno”, apuntou Beatriz Comendador, conta cun panel de 50 profesores e profesoras distribudos en tres lias de investigacin (caracterizacin de materiais, xeotecnoloxas aplicadas e patrimonio cultural, identidade, memoria e territorio). Desde a súa posta en marcha téense matriculado 122 persoas, 69 delas no perodo 2019-2024, e téense lido 24 teses de doutoramento. Mostra desta actividade, indicou, foron as xornadas celebradas esta semana no campus de Ourense.