Organizadas por Extensin Universitaria, Normalizacin Lingüstica e o GEAAT
Unhas xornadas divulgativas afondan no campus na relacin videoxogos, lingua galega e arqueoloxa contempornea
Co gallo da clausura da exposicin 'Arqueoloxa dixital galega'
O campus de Ourense acolle este venres a celebracin da xornada Voute preservar, mioca! Onde os videoxogos en galego e a arqueoloxa se dan a man, organizada pola Vicerreitora de Extensin Universitaria, a Área de Normalizacin Lingüstica e o Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio (GEAAT). A cita conta con diferentes actividades divulgativas e lúdicas relacionadas cos videoxogos, a lingua galega e a arqueoloxa contempornea e abertas a público diverso e rematar pola tarde coa clausura da exposicin Arqueoloxa dixital galega, xa que forman parte do mesmo proxecto. A mostra, comisariada por Óscar Penn, naceu froito dunha colaboracin en clave cultural entre o GEAAT e o grupo de investigacin da Escola de Telecomunicacins AttlanTTic no marco do Congreso EUNIS e adéntrase no traballo "da pouco coecida arqueoloxa contempornea e nas súas cada vez mis fondas conexins cos mundos virtuais".
A programacin da xornada deste venres inclúe actividades como unha zona de videoxogos clsicos en galego; participar nun hackathon para o deseo dunha gua que “conecte” os videoxogos de xeito saudable e un xogo en familia en relacin co videoxogo AmongUs-IRL. A cita tamén inclúe un campionato de Dragon Ball Z: Super Butoden 2 e conferencias de Toms Leis Bravo (competidor de deportes electrnicos, capitn do equipo de Valorant da 鶹 e campin dos torneos presenciais de Onente Gaming e de Gaming Troop) e Gonzalo Failde, actor de dobraxe da serie Dragon Ball, concretamente de Freezer, para a TVG. No arranque da xornada estiveron Susana Reboreda, vicerreitora de Extensin Universitaria; Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Óscar Penn, coordinador da actividade, e Milln Brea, profesor da 鶹 con experiencia no eido do deporte electrnico.
