DUVI

Diario da 鶹

Na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo

Unha xornada reúne no campus a tres dos mximos especialistas de Espaa en materia de Intelixencia Artificial e contratacin pública

Afondouse en diferentes cuestins relacionadas coa prevencin da corrupcin nun sector que represent

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Աپ
D. Besado DUVI 25/02/2025

A contratacin pública representa arredor dun 20% do Produto Interior Bruto de Espaa, unha porcentaxe superior incluso ao considerado motor econmico do pas: o turismo. Conscientes deste contexto, a Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo acolleu este martes unha xornada na que se analizaron os desafos estratéxicos aos que se enfronta este relevante sector na denominada era da 4ª Revolucin Industrial e na que se reuniron tres dos mximos especialistas de Espaa en materia de Intelixencia Artificial e contratacin pública, “tres pesos pesados do Dereito Administrativo espaol”: José Mara Gimeno Feliú, da Universidad de Zaragoza; Juli Ponce Solé, da de Barcelona, e Agust Cerrillo Martnez, da Oberta de Catalunya.

Acudiron a este encontro convidados polos docentes Patricia Valcrcel Fernndez e Rafael Fernndez Acevedo, responsables do proxecto de investigacin Desafos estratéxicos da contratacin pública na era da 4ª Revolucin Industrial: sostibilidade, gobernanza e Intelixencia Artificial, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovacin e ao abeiro do cal se organizou esta xornada.

Un sector “especialmente relevante”

Tras a inauguracin, presidida polo decano da facultade, Francisco José Torres, foi Patricia Valcrcel, catedrtica de Dereito Administrativo, a encargada de darlles a benvida aos poentes e presentar a xornada, un intre no que fixo fincapé en como a Unin Europea vén manifestando desde hai tempo a súa inquedanza polas derivacins asociadas a esta 4ª Revolucin Industrial, un termo acuado polo fundador e director do Foro Econmico Mundial, WEF, Klaus Martin Schwab, para referirse a esta nova etapa na que se veen xeneralizando todo un conxunto de novas tecnoloxas que fusionan o mundo fsico, o dixital e o biolxico, impactando en todas as disciplinas e, por tanto, tamén no Dereito. “Pola contra, a regulacin necesaria para que dita revolucin se desenvolva dunha forma socialmente asumible e alcance o seu completo potencial est anda nunha fase moi inicial”, salientou a coordinadora da xornadas.

Valcrcel situou s persoas asistentes, entre eles moitas alumnas e alumnos da facultade, da importancia dun sector ao que se referiu como “especialmente relevante”, “o que o converte en campo de batalla para analizar infinidade de cousas positivas e tamén negativas”. Trtase, ademais, dun sector que acaba de sufrir unha transformacin “impresionante” nas últimas décadas. “Ata hai non tantos anos era un ‘apartado gris’ do Dereito Administrativo, vase como un procedemento mis dentro do que é o entramado da adxudicacin. Loxicamente, hoxe segue sento tamén iso, pero demostrouse que é moito mis, tanto para o bo como para o malo”, recalcou a docente.

Importante impacto da IA

A integracin da Intelixencia Artificial neste mbito ten, a xuzo de todos os participantes na xornada, un importante impacto sobre o crecemento potencial do pas ao aumentar a produtividade no funcionamento dos servizos públicos, as interfaces das relacins cos administrados, a xestin administrativa interna, os procesos de toma de decisin, os sistemas de xestin da informacin e o apoio na definicin e articulacin das polticas públicas e, entre elas en particular, na contratacin pública.

Tras a apertura o primeiro relatorio correu a cargo do catedrtico de Dereito Administrativo da Universidad de Zaragoza, José Mara Gimeno Feliú, quen falou sobre Intelixencia Artificial e prevencin da corrupcin na contratacin pública. A xornada continuou coa participacin de Juli Ponce, da Universitat de Barcelona, que reflexionou sobre os contratos públicos e a automatizacin e, por último, Agust Cerrillo, da Oberta de Catalunya, afondou na Actuacin administrativa automatizada no procedemento de preparacin, adxudicacin e seguimento dos contratos públicos.