DUVI

Diario da 鶹

Promovida pola Oficina de Proxectos Internacionais, centrouse no Programa Europea Creativa

Unha xornada explora as oportunidades de financiamento europeo para proxectos conectados co Campus Crea 

Desenvolveuse este luns na Facultade de dzܲԾ

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • HR
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 24/03/2025

Promovida pola Oficina de Proxectos Internacionais da Universidade (OPI), a Facultade de dzܲԾ acolleu este luns unha xornada informativa sobre as oportunidades de financiamento que para o persoal investigador poden supor convocatorias comunitarias como o Programa Europa Creativa, aliadas coas lias de traballo do proxecto de especializacin Campus Crea. Combinando o seguimento presencial e virtual, tratouse dun encontro dirixido a informar s e aos investigadores das caractersticas, requisitos e prazos tanto das convocatorias de proxectos europeos de cooperacin nos sectores cultural e creativo desta iniciativa, como as do Programa CERV (Cidadana, Igualdade, Dereitos e Valores).

A xornada foi inaugurada pola vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva Mara Lantarn, e a directora da Área de Proxectos Internacionais Educativos, Eva Garea, quen se encargou tamén de afondar nas caractersticas dos diferentes programas xunto co técnico da OPI Alberto Relln. Na súa intervencin, Lantarn destacou que Europa Creativa “é para ns un programa moi acado, porque aliase perfectamente co Campus Crea”, lembrando nese senso que “conseguir financiamento a través de convocatorias europeas é un tem importante” no obxectivo de acadar a acreditacin de campus de especializacin.

Nomeadamente, esta xornada centrouse na convocatoria de proxectos de cooperacin de Europa Creativa, que ten entre os eixes “aumentar a competitividade e o potencial econmico dos sectores culturais e creativos”; as como no seu Innovation Lab, “que apoia o deseo, desenvolvemento e difusin de ferramentas, modelos ou solucins innovadoras aplicables ao sector audiovisual e outros sectores culturais e creativos”, segundo informaron desde a OPI. Outro dos eixes da xornada foi o programa CERV, que “promove os intercambios sobre prioridades e retos polticos da UE”, as como a súa convocatoria Daphne, centrada no combate da violencia de xénero e da violencia contra a infancia.