DUVI

Diario da 鶹

Organizada pola docente Iria Vzquez Silva, celebrouse este luns na Facultade de Comercio

Unha xornada analiza o potencial do ecofeminismo para xerar “outra educacin”

Trtase de axudar ao alumnado a “comprender o mundo actual, as causas das crises sistémicas, etc.”

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
  • Medio Ambiente
  • é
M. Del Ro DUVI 17/10/2022

Maria Mies e Vandana Shiva definen o ecofeminismo como un "novo termo para designar un saber antigo". Nel conflúen feminismo e ecoloxismo para loitar contra a explotacin do mundo natural e contra a opresin das mulleres. Foi na década de 1970 cando Fraçoise d'Eaubonne empregou por primeira vez este termo no seu ensaio El feminismo ou a morte, no que aborda a conexin ideolxica existente entre a explotacin da natureza e a explotacin das mulleres. Co paso das décadas esta corrente de pensamento foi acadando mis relevancia, ao unir dúas das ideoloxas mis relevantes do que vai de século XXI: ecoloxismo e feminismo.

Precisamente, para analizar o papel que poden desenvolver as ferramentas ecofeministas no mbito académico, a Facultade de Comercio acolleu este luns unha xornada de debate organizada pola profesora Iria Vzquez Silva, do Departamento de Socioloxa, ciencia poltica e da administracin e filosofa. A docente explica que o feito de organizar esta iniciativa xorde “por un interese que vén de longo, como profesora de socioloxa, na importancia que posúe o ecofeminismo como unha corrente de pensamento e de accin que nos achega unha perspectiva de utilidade para comprender as nosas sociedades”. A docente forma parte de Arredor do rural, unha plataforma galega conformada por docentes, persoal investigador, asociacins e colectivos e foi precisamente nese contexto, recoece Silva, “onde desenvolvn a idea de facer chegar ao alumnado proxectos que vinculan a anlise rural, os ecofeminismos e a educacin...”

Outra educacin a través do ecofeminismo

As xornadas, abertas tanto ao alumnado como cidadana, desenvolvéronse ao longo da ma e centrronse nas ferramentas ecofeministas para outra educacin. A impulsora das xornadas foi a encargada de abrilas e sublia a importancia de “ir introducindo nas nosas guas docentes unha amplitude de coecementos e saberes que, s veces, son descoecidas polo alumnado”. No caso do ecofeminismo, destaca, “é unha corrente de pensamento que leva xa décadas facendo unha anlise crtica das xerarquas de poder que sustentan a relacin dos seres humanos cos animais ou coa natureza en xeral”. Con todo, non resulta sinxelo que este tipo pensamentos se fagan un oco no sistema educativo convencional. Para conseguilo, recalca a docente, “temos plataformas e redes de profesorado nas que facemos un esforzo por achegar ao alumnado e ao público en xeral, ferramentas diversas que poidan ser de utilidade para comprender o mundo actual, as causas das crises sistémicas, etc”. 

Ecofeminismo dende e polo rural

Segundo Vzquez Silva, anda que en Galicia “a dicotoma rural-urbana non é tan clara como noutros contextos”, si é certo que o eido rural “segue a estar discriminado tanto a nivel econmico como social, cultural e simblico, polo que é especialmente importante achegar iniciativas de investigacin que se estn a facer no eido rural, porque se atopan invisibilizadas”. De feito, na xornada participaron tres expertas en ecofeminismo en cuxos traballos o rural ten un peso moi importante. As, Luca Santiago Sanmiguel, mestrada en Valoracin, Xestin e Proteccin do Patrimonio e xestora de obaixoulla.gal fixo un achegamento anlise do patrimonio desde unha perspectiva feminista, para comprender como a interpretacin do patrimonio precisa tamén unha revisin. Pola súa banda, Lara Barros Alfaro, historiadora e mestrada en Terapia de reencontro e responsable de Mulime, introduciu a visibilidade das mulleres nos montes veciais e, finalmente, Araceli Macas Garca, educadora social e mestrada en Poltica Social e Intervencin  Sociocomunitaria e socia de Outona s.copgalega centrouse en introducir xustamente o eixe rural na formacin.

Un pensamento plural

Feminismo e ecoloxismo teen moito en común. Ambos pensamentos, relata Iria Vzquez Silva, “realizan un chamamento para que a sociedade faga unha anlise crtica da sostibilidade das vidas; é dicir o ecofeminismo trata de poer no centro a sostibilidade das vidas desde un enfoque crtico aos sistemas de poder que estn xustamente en guerra contra esa sostibilidade” e, por exemplo, engade a docente, “se falamos da pandemia, o ecofeminismo ten moito que achegar na súa anlise”. 

A sociloga tamén fai fincapé no carcter plural desta corrente de pensamento, cuxo obxectivo, de xeito Xeral, é “revisar todos aqueles mitos que estn detrs da falsa dicotoma entre as sociedades humanas e a natureza e os corpos. O ecofeminismo revisa o noso xeito de producir mercancas, pero tamén o noso xeito de consumo "efémero". A ollada ecofeminista detense a revisar tamén o sistema de coidados nas sociedades, facendo unha crtica desigualdade de xénero no seu reparto, e poendo o foco na necesidade de valorizar socialmente os coidados”.