DUVI

Diario da 鶹

Derrotou por 4-2 ao equipo da USC na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte

Vitoria da EXP-鶹 no derbi universitario galego

Tras este resultado, mantense terceiro do seu grupo na Divisin de Honra

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 28/03/2022

A sexta xornada de competicin na Liga Galega de Xadrez meda esta fin de semana aos dous equipos universitarios presentes na Divisin de Honra da competicin autonmica, un derbi que tivo como sede a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, onde a Escola Xadrez Pontevedra-鶹 Estratexia pola Paz derrotou por 4 a 2 ao equipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Este resultado mantén ao equipo pontevedrés no terceiro posto do seu grupo e deixa practicamente sentenciado o descenso do conxunto da USC Primeira Divisin.

Nun enfrontamento no que o equipo local era favorito pola clasificacin internacional dos seus xogadores, brillaron en primeiro termo as novas promesas da EXP, Juan Manuel Martnez e Rubén Fernndez, que “pola va rpida” sumaron os dous primeiros triunfos do equipo local. Tras elas chegara a primeira derrota na liga do capitn do EXP-鶹, Pablo Garca, mais o enfrontamento quedara sentenciado pouco despois coas vitorias de Alberto Portela e Vctor Miguel. Finalmente, a derrota de David Garca deixara o resultado final nun 4-2 para o conxunto local, que se mantén no terceiro posto da clasificacin con 23 puntos, sen opcins xa de loitar polo ttulo. A falta dunha xornada para pechar a fase de grupos, o equipo universitario atpase a 6,5 puntos do lder, o Xadrez Ourense.

Na sexta xornada de competicin na Liga Galega, os equipos da Escola Xadrez Pontevedra-鶹 sumaron un total tres vitorias e tres derrotas. Entre estes resultados, destaca un novo triunfo do Ramn Escudeiro Tilve en Primeria Divisin, que se mantén lder do seu grupo, cunha vantaxe de 2,5 puntos sobre o Xadrez Mos A, ao que se medir a vindeira fin de semana na última xornada.