A Facultade de Educacin e Traballo Social acolleu unha xornada sobre esta temtica
Contra a violencia machista institucional, formacin
Nela abordouse a dobre vitimizacin das mulleres por parte do sistema
A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este luns a celebracin da xornada Cmplices. A violencia machista institucional. Unha abordaxe integral. Nela, expertas do eido do dereito, a saúde, o traballo social e a socioloxa abordaron como mellorar a acollida e atencin das mulleres en situacins de violencia e evitar as unha segunda vitimizacin deste colectivo: a que viven por parte do sistema. Na xornada subliouse a importancia da formacin axeitada de todas as persoas que interveen no proceso de atencin a estas mulleres para evitar a vulneracin dos seus dereitos.
A iniciativa, que contou con financiamento da Unidade de Igualdade da 鶹, estivo organizada por Iria Vzquez Silva, profesora de Socioloxa da facultade ourens, e naceu en relacin ao libro Cmplices. A violencia machista institucional, coordinado por esta docente e en cuxa elaboracin participaron todas as relatoras que este luns participaron no acto celebrado no campus de Ourense. A xornada, que foi retransmitira a través do Campus Remoto da 鶹, foi seguida de xeito presencial por alumnado de primeiro curso do Grao en Traballo Social.
Labirinto de nesgos e mitos patriarcais
Segundo indicou Iria Vzquez Silva na presentacin do acto, tanto o libro como esta xornada abordan desde un enfoque interdisciplinar e integral o fenmeno da violencia machista institucional, “analizando como moitas veces as mulleres en situacins de violencia teen que enfrontarse a un labirinto no que os nesgos e os mitos patriarcais se reproducen nas propias institucins”, en espazos como comisaras, xulgados, puntos de encontros ou servizos sociais, provocndolles unha segunda vitimizacin. Fronte a esta realidade, a profesora fixo fincapé na importancia da formacin en igualdade e violencia de xénero. “As persoas que traballamos en temas de violencias machistas temos claro que calquera persoa que poida ter contacto con mulleres en situacin de violencia e cos seus fillos e fillas precisa unha formacin”, dixo, recalcando a importancia de que sexa unha formacin “rigorosa e especializada” e mis prolongada no tempo que a actual pois, apuntou, “unha formacin dun par de das ou semanas non é suficiente para realizar unha atencin de calidade”.
Como viveiro das futuras xeracins de profesionais, Iria Vzquez Silva trasladou a relevancia desta formacin ao mbito universitario “para poder logo contar con profesionais formados nese eido e que non reproduzan esta violencia machista institucional”. As universidades galegas, afirmou, “deben facer un esforzo real por integrar unha formacin especializada no curriculum, que sexan materias obrigatorias” de modo que se poida “traballar a fondo eses nesgos para que non se sigan reproducindo”. “É responsabilidade das universidades ofrecer unha formacin”, dixo, “que rache ese crculo no que estamos”. Ademais desta formacin, a coordinadora das xornadas indicou que fronte violencia machista institucional é necesario tamén "unha vontade poltica por mellorar a atencin das mulleres en situacin de violencia, por mellorar o persoal dedicado a isto e por mellorar a formacin deste persoal”, pondo o aceno na saturacin dos dispositivos que atenden a este colectivo. “Non podemos seguir con esa vulneracin de dereitos”, afirmou a experta.
Diversos eidos
A programacin contou tamén cunha conferencia de Sheila Fernndez Mguez, doutora en Dereito, centrada na "violencia institucional no eido xurdico". Na súa intervencin, a relatora puxo “en evidencia as carencias da actual lei de violencia de xénero, de 2004”, e realizou propostas de mellora. Entre outros aspectos, fixo fincapé en como “non existe formacin en violencia de xénero suficiente tanto en operadores xurdicos (xuces, secretarios xudiciais, etc) nin nas avogadas da quenda de oficio, que teen uns cursos moi bsicos”. Ademais, abordou aspectos tales como a fenda entre o rural e os núcleos urbanos na atencin s vtimas ou como “nas salas de espera moitas veces non se compren os requisitos de que as mulleres estean protexidas do contacto visual co agresor”. A xustiza, indicou a xurista na súa intervencin, é "un mbito de poder que exerceu e exerce unha elite social" que sempre foi “unha xustiza patriarcal”.
Tamén interviron na xornada Lola Ferreiro Daz, doutora en Medicina, que falou sobre "as violencias institucionais contra a saúde das mulleres" e Olalla Villaronga Seoane, psicloga social, que se achegou especificidade das mulleres rurais na atencin da violencia de xénero. Pechou o programa a intervencin Mulleres nas marxes. Diversidade funcional e violencias machistas, a cargo de Ana Martnez Gonzlez, traballadora social da Asociacin de Familias de Persoas con Parlise Cerebral (APAMP). Nela expuxo unha experiencia de boas prcticas dun grupo de mulleres desta asociacin, un “grupo de seguridade, ntimo, para que as mulleres compartan as súas experiencias de vida” no que se traballa o seu empoderamento e tamén a visibilizacin das violencias machistas.
