DUVI

Diario da 鶹

Cunha nova plataforma para facilitar a conexin entre estudantes e tecido econmico

A 鶹 revoluciona o programa Colmea de Ideas para converter os traballos de fin de estudos nunha ponte cara o mercado laboral

O alumnado realiza os seus TFG e TF en colaboracin con empresas e estas capan talento

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Emprender
  • Estudantado
  • Universidade e empresa
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 16/10/2024

O programa Colmea de ideas, que botou a andar hai preto de tres anos, naceu co propsito de converterse nunha correa de transmisin entre unha serie de desafos reais propostos por empresas e a comunidade universitaria. A idea era que o estudantado se inspirarase nestes retos para elaborar os seus traballos fin de grao ou de mestrado. As, guiados por un titor académico, poderan desenvolver posibles solucins ou melloras e achegar valor engadido s empresas.

Agora, na cuarta edicin de Colmea de ideas, o proxecto aposta por un cambio significativo e lanza unha plataforma que vai facilitar a conexin entre estudantes e empresas, creando unha contorna colaborativa onde ambas partes poden beneficiarse mutuamente. Esta ferramenta, desenvolvida en colaboracin con U4IMPACT, permite axilizar o proceso e facilitar a interconexin entre as partes para transformar os traballos fin de grao e mestrado en proxectos prcticos que xeren un impacto tanxible na sociedade e contribúan aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

As novidades desta edicin foron presentadas este mércores nun acto que tivo lugar do edificio Redeiras e no que participaron Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da 鶹; Marta Mario, directora xeral de Traballo Autnomo e Economa Social da Xunta de Galicia; Blanca Traves, cofundadora de U4IMPACT; Ana Mara Rey, responsable da rea de Formacin, Orientacin e Emprego da CEP; David Martnez, tesoureiro da CEO e presidente da Asociacin de Autnomos (AEPA) de Ourense; e Maruxa Álvarez, directora da Área de Emprego e Emprendemento da 鶹.

Unha nova plataforma que potencia Colmea de ideas

A vicerreitora Natalia Caparrini definiu Colmea de ideas como un programa de innovacin aberta con múltiples beneficios para todas as partes implicadas. Por unha banda, “o alumnado pode aplicar dun xeito prctico os coecementos adquiridos nas aulas resolvendo problemas reais plantexados polas empresas, que requiren de solucins innovadoras, creativas e que tean un impacto na sociedade”. Pero ademais, o feito de desenvolver os proxectos nunha contorna real permtelles “coecer de primeira man como funcionan as empresas e as mellorar a súa incorporacin ao mercado laboral”. No que atinxe s empresas, Caparrini recalcou que “todos somos conscientes” de que as compaas “precisan ideas innovadoras e pode ser unha boa solucin que o alumnado da 鶹 axuden a cubrir esas necesidades”. En definitiva, trtase de “reducir a fenda que existe entre as empresas e a Universidade e poer en contacto o talento emerxente universitario co tecido empresarial”.

Precisamente, a idea de poer en marcha a nova plataforma xurde, como explicaba Maruxa Álvarez, “ vista da complexidade que supuxo o proceso de facer ‘match’ entre as empresas e o alumnado” en anteriores edicins, nas que haba mis retos que alumnado participante. “Con esta nova fermenta tratarase de facilitar e axilizar a participacin estudantil de xeito que a nova Colmea de ideas sexa un movemento que revolucione a visin tradicional dos traballos de fin de estudo cara a unha forma nova de entrar ao mercado laboral e captar talento e achegar valor s empresas”. Ademais, ao centrarse en problemas reais con impacto social, econmico e ambiental, dende a 鶹 agrdase que a plataforma atraia a un número crecente de participantes e ample a súa influencia en diferentes industrias e que se converta nun referente na conexin entre o mbito académico e o empresarial.

A encargada de presentar os detalles da nova plataforma foi Blanca Traves, cofundadora de U4IMPACT e incidiu en que permitir “facer a seleccin dos retos e dos estudantes candidatos dun xeito mis xil e modo que a conexin ser mis sinxela entre as empresas rexistradas e o alumnado”.

Pola súa banda, a directora xeral de Traballo Autnomo e Economa Social, Marta Mario, felicitou Universidade por unha iniciativa que “pecha o crculo” no que se refire a “talento novo, formacin e emprego”. Esta plataforma que ofrece Colmea de Ideas, destacaba, “permite facer realidade os proxectos que o alumnado universitario ten nas súas mentes” e incidiu na importancia de que Universidade e confederacins de empresarios colaboren nun “ecosistema de empredemento no que todos rememos no mesmo sentido”. Precisamente, os representantes da CEP e da CEO valoraron moi positivamente esta iniciativa que permitir, como indicaban, aproveitar o potencial “do 85% dos TFG e TFM que non chegan a transferirse realidade empresarial” e, ao tempo, “mellorar a empregabilidade do alumando”.

100 proxectos el tres anos

Dende a súa posta en marcha Colmea de ideas lanzou mis de 100 proxectos con empresas e organizacins como Zendal, Welgood, Gradiant, CTAG, Avigal ou Atendo. Estes proxectos permitiron a moitas e moitos estudantes traballar en proxectos significativos que, en ocasins, tamén lles supuxeron unha oferta laboral. Ademais, dende o seu inicio, o programa Colmea de Ideas colaborou ca empresa U4IMPACT, que tia obxectivos comúns pero que operaba a nivel nacional e isto permitiu que o alumnado da 鶹 puidese acceder a outros proxectos plantexados por entidades localizadas en calquera parte de Espaa.

As novidades desta edicin son posibles grazas ao apoio econmico da Consellera de Emprego, Comercio e Emigracin e do Ministerio de Trabajo y Economa Social, ao abeiro do Plan de Recuperacin, Transformacin e Resiliencia e en colaboracin coas confederacins de empresarios de Pontevedra e Ourense, a Asociacin de Xoves Emprendedores de Vigo, a Asociacin Conxemar e outras agrupacins de profesionais da contorna da 鶹.