DUVI

Diario da 鶹

A través da exposicin Deseo, memoria e compromiso que se pode visitar no edificio Redeiras

A 鶹 reivindica “a teima por imaxinar” de Isaac Daz Pardo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
M. Del Ro DUVI 06/06/2025

Poucas figuras teen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac Daz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o Da das Artes Galegas, a 鶹 quere renderlle homenaxe e contribur a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac Daz Pardo. Deseo, memoria e compromiso, impulsada pola Facultade de Deseo e comisariada pola profesora Silvia Garca. “Coidamos que a sociedade anda lle debe moito ao seu esforzo vital, súa teima por imaxinar, poer en marcha e recuperar entidades que esmorecen. As novas xeracins temos que coidar o compromiso co seu legado”, explica a docente.

A exposicin, que se poder visitar ata o 9 de xullo, comprende libros e catlogos sobre Isaac Daz Pardo, bocexos de obras, fotografas, documentos persoais, pezas de cermica, entrevistas, etc. A través de todas elas, a mostra permite facer un percorrido pola súa vida e obra, dende os seus primeiros anos como pintor, pasando polo impacto que tivo o fusilamento do seu pai, ata a viraxe cara o deseo e a posta en marcha de Cermicas do Castro, a recuperacin de Sargadelos, e finalmente, unha última etapa, na que estivo apartado das súas empresas e iniciativas.

Protexer o seu legado

A comisaria explicou que, ademais de comprender ese “transcurso vital de Isaac” o que se busca con esta mostra é “facer unha exposicin pedagxica que poida ser visitada por centros escolares para dar a coecer algo da vida e do inmenso traballo de Daz Pardo”. E é que como destacaban tanto Garca como Carolina Daz, neta maior do creador, o seu legado est en perigo, sen unha fundacin que o protexa e xa moi diludo entre as novas xeracins. Ademais, engada Garca, “como profesora dunha Facultade de Deseo, teo moito interese en que todos estes arquivos estean dispoibles para que se poida seguir investigando e facendo tese e proxectos arredor de Daz Pardo”.

Pola súa banda, o reitor da 鶹, Manuel Reigosa, reivindicou a “figura xigante de Daz Pardo, que debe estar na memoria de todos os galegos e galegas, porque se queremos unha sociedade e unha universidade plenamente galega e universal, temos que coller o exemplo dunha persoa que foi universal, que o deixou todo para voltar a Galicia e poer en marcha iniciativas que nos fan mellores como sociedade e que foron, non s inspiradoras, senn tamén competitivas”. 

Neste senso, a súa neta maior, ademais de lembrar momentos da súa infancia, debuxando co seu av no seu despacho, tamén quixo reivindicar o seu galeguismo, pero non s o ideolxico, senn tamén o empresarial. “Niso tamén foi pioneiro”, destacaba Daz, demostrando que este tipo de emprendemento ligado terra e cultura “pode triunfar e ser competitivo, rozando a utopa, pero transformndoo en realidade”. De feito, tamén puxo en valor o que cualificou como “o gran triunfo anticapitalista no capitalismo, que foi conseguir reinvestir os beneficios econmicos en labor cultural e intelectual, e iso foi algo moi pioneiro”. Con todo, lembraba a súa neta, a pesar de todos estes éxito, el vase como un fracasado, por tantas ideas que non conseguiu levar a cabo, “porque tia tantas, que precisara tres vidas mis para facelas todas realidade”.

Da pintura a converterse nun transformador das artes galegas

A mostra percorre a traxectoria de Daz Pardo e comeza coa primeira etapa como pintor tras estudar Belas Artes, da que se amosan varias fotografas, e que deixou paso ao seu interese polo deseo industrial, “canso de pintar a vida burguesa e os ricos do pas”, como deixou escrito en O meu cabalete, texto que se pode ver na mostra. Rachou entn con esta faceta para montar o seu primeiro estudo de cermica e poer en marcha en 1949 Cermicas do Castro. A mostra acubilla algunhas pezas iniciais dunha “primeira etapa figurativa”, moi diferentes do que logo seran os sinais de identidade do Castro. Tras o éxito desta iniciativa empresarial e xunto con Luis Seoane creou o Laboratorio de Formas como un instrumento para revitalizar a identidade cultural galega a través de diferentes iniciativas que integraron cultura, industria, memoria, arte e deseo e cuxo maior logro foi a recuperacin da fbrica de Sargadelos. Todo sen deixar de lado a creacin de Edicins do Castro, algúns de cuxos libros se mostran nesta exposicin e que permita publicar investigacins e ensaios “sobre o pasado e o exilio”; a Escola Libre de Cermica; as Galeras Sargadelos, convertidas en verdadeiros centros culturais, ou Instituto Galego de Informacin.

E é que como se destaca no catlogo da exposicin, “o deseo contemporneo en Galicia non se pode entender sen o traballo levado a cabo por Isaac Daz Pardo ao longo da súa vida”. As iniciativas emprendidas xunto con Luis Seoane e outros exiliados para poer en marcha o Laboratorio de Formas de Galicia como un “artefacto conceptual” que amparou numerosos proxectos culturais e empresariais “son fundamentais para comprender o deseo galego da última metade do século XX”. O seu traballo permitiu “anovar a iconografa da identidade galega e crear o seu mis importante ecosistema cultural cunha iniciativa privada que procuraba a recuperacin do patrimonio intelectual dos exiliados” pero sen deixar de lado a “investigacin e innovacin dos futuros deseadores e artistas”.