DUVI

Diario da 鶹

A maiora das propostas nacen de lias de traballo do Cintecx

A 鶹 por en marcha seis novos proxectos de Proba Concepto cun orzamento total de mis de 900.000 euros

Os grupos de investigacin validan a viabilidade técnica e comercial dos seus resultados

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • Transferencia
DUVI 05/06/2026

Preto dun milln de euros captados e seis proxectos concedidos. Estes son os resultados obtidos pola 鶹 na convocatoria de Proba de Concepto 2025 da Agencia Estatal de Աپ (AEI), unha iniciativa que busca facilitar a transferencia de tecnoloxa e a valorizacin dos resultados da investigacin. A institucin viguesa sitúase como a sexta en porcentaxe de éxito nesta edicin e poder testar a viabilidade técnica e comercial de avances de seis lias de traballo, principalmente do Cintecx, que van dende a fabricacin aditiva de vidros ata a encapsulacin de oxidantes, novos antibiticos ou seguridade viaria, pasando por sistemas de deteccin e xeolocalizacin ou xestin intelixente de recursos de rede.

Esta convocatoria, enmarcada no Programa Estatal de Transferencia e Colaboracin do Plan Estatal de Աپ 2024-2027, busca financiar actuacins que permitan validar a viabilidade técnica e comercial de descubrimentos previos, servindo de ponte entre a investigacin cientfica desenvolvida nos centros e a súa posible aplicacin prctica no mercado ou na sociedade. A través destas axudas, os grupos de investigacin poden demostrar o potencial de innovacin das súas ideas para facilitar a súa explotacin posterior por parte do sector empresarial ou social. En total, a 鶹 presentou a esta convocatoria altamente competitiva 23 proxectos, dos que lle foron aprobados seis (cinco deles impulsados por persoal investigador do Cintecx e un dende atlanTTic), o que se traduce en 923.351 euros de financiamento.

En total, a AEI concedeu 183 proxectos, por un importe de 29,8 millns de euros. Deles, o 67 % corresponde a solicitudes presentadas por investigadoras e investigadores adscritos a universidades, 122 delas públicas e unha privada, situadas en 16 comunidades autnomas. En canto distribucin das axudas por comunidades autnomas, Madrid conta con 42 proxectos de Proba de Concepto aprobados, seguida de Catalua, con 38; Andaluca, con 22 e Galicia, con 19.

鰿Ѵǰ

bOROMorph é un dos proxectos da 鶹 seleccionados nesta edicin. Liderado polo investigador do Cintecx Rafael Comesaa e cunha axuda concedida de 145.200€, ten como obxectivo validar técnica, financeira e comercialmente unha nova tecnoloxa de fabricacin aditiva de vidros e cermicas baseada na deposicin de enerxa dirixida por lser, desenvolvida previamente no proxecto glADDmorph, que permitiu crear un prototipo capaz de procesar estes materiais de forma verstil e sen precedentes, superando as limitacins das técnicas actuais. Con esta proba de concepto, o equipo busca aumentar significativamente o nivel de madurez tecnolxica e comercial da solucin, asegurar a proteccin da propiedade intelectual e validar o prototipo nunha contorna relevante empregando materiais sostibles procedentes de residuos de vidro farmacéutico e vitrocermica técnica.

Hybox

Outra das propostas seleccionadas pola Agencia Estatal de Աپ é Hybox, que busca desenvolver e validar un sistema hbrido de encapsulacin de oxidantes para o tratamento sostible de contornas contaminadas con compostos orgnicos persistentes, difciles de degradar naturalmente e perigosos para a saúde pública e o medio ambiente. Lideran este proxecto Marta Pazos e Ángeles Sanromn, investigadoras do Cintecx, que contarn cunha axuda de 183.920€. A proposta baséase en cpsulas biodegradables de agar-agar recubertas con poliacrilonitrilo, capaces de liberar de forma controlada oxidantes como persulfato, peroximonosulfato e perxido de calcio, mellorando a eficiencia da oxidacin avanzada e reducindo o consumo de reactivos e a xeracin de subprodutos txicos. Deste xeito Hybox dlle continuidade ao proxecto Resihosp, optimizando a formulacin, validando a súa eficacia en condicins reais e promovendo a súa transferencia tecnolxica e comercializacin.

ʰǴǴڲ

Tamén impulsado por investigadores do Cintecx, foi seleccionado o proxecto Proofgramicin, baseado na tecnoloxa desenvolvida no marco do proxecto Gramicorn, centrado na producin e extraccin a escala piloto de novos antibiticos a partir dunha cepa de Aneurinibacillus aneurinilyticus illada do 'corn steep liquor' (CSL). Ana Belén Moldes e José Manuel Cruz coordinan esta iniciativa, que contar cunha axuda de 174.240€. Os traballos previos permitiron descubrir varios homlogos novidosos de Gramicidina S, as como a propia Gramicidina S, producidos con alta reproducibilidade en CSL e en medios sintéticos e publicados en revistas indexadas e congresos internacionais. O antibitico desenvolvido est libre de cido trifluoroacético (TFA) e contén anlogos con pequenas modificacins nos aminocidos, alcanzando unha pureza do 90% e maior eficacia que a Gramicidina S comercial. Entre os obxectivos destacan o escalado da producin e extraccin mediante métodos sostibles, a validacin das propiedades antibiticas a escala piloto, a proteccin da tecnoloxa con patentes internacionais e a colaboracin coa industria e institucins. O proxecto busca combater a resistencia aos antibiticos, promover a producin sostible, mellorar a saúde pública mediante antibiticos mis seguros e efectivos, reducir custos sanitarios e minimizar residuos perigosos.

Dz䴡鷡

Outro dos proxectos seleccionado é RoadCARE, liderado tamén dende Cintecx por Joaqun Martnez e Pedro Arias, cunha axuda de 205.821€. Este Proba Concepto céntrase en mellorar a seguridade do mantemento das estradas, poendo o foco nas zonas de obras, puntos negros responsables do 18% dos falecementos en construcin. O proxecto propn un sistema intelixente de monitorizacin que integra drons, conos robticos autnomos e anlise de datos en tempo real para axudar a mellorar a seguridades nestas zonas. RoadCARE supn unha mellora respecto de sistemas anteriores ao ofrecer un enfoque colaborativo multi-punto con algoritmos avanzados e contribur creacin de xemelgos dixitais para simulacins e mantemento preditivo. Este proxecto é a continuacin de RoadS2Win, unha lia de traballo que logrou un aumento do 130% na velocidade de procesamento e un aforro enerxético do 13%.

Sense4energy

Outro proxecto aprobado é Sense4energy, que busca desenvolver, validar e iniciar a transferencia dun dispositivo baseado en radar mmWave para a deteccin annima de persoas, conteo e xeolocalizacin en espazos interiores, permitindo estimar en tempo real as cargas internas xeradas polos ocupantes (calor, humidade, CO2) e optimizar sistemas de climatizacin, ventilacin e iluminacin en edificios terciarios como hospitais, universidades e oficinas públicas. A proposta, liderada tamén dende Cintecx por Enrique Granada cunha axuda de 121.000€, xorde da necesidade identificada no proxecto previo DeepBEM, ao detectarse a falta de dispositivos precisos, econmicos e respectuosos coa privacidade para medir a ocupacin espacial. Sense4energy céntrase no deseo e fabricacin do prototipo, validacin en contorna real, desenvolvemento do mdulo de estimacin enerxética, integracin con sistemas HVAC/iluminacin, proteccin e valorizacin de resultados, e definicin da estratexia de explotacin. Prevese conseguir un aforro enerxético do 15–30%, reducin de emisins, mellora do confort interior e pleno respecto ao RGPD, cun dispositivo de baixo custo (<150 €/unidade), autnomo en comunicacins e compatible con protocolos industriais, co que se planea a súa explotacin mediante licenzas ou a creacin dunha spin-off universitaria.

VASINet1

Finalmente, nesta convocatoria tamén se financia con 93.170€ o proxecto VASINet1, liderado por Javier Gonzlez Castao, investigador de atlanTTic e no que tamén participa a Universidad Politécnica de Cartagena. A proposta baséase nos resultados do proxecto AriSe sobre xestin intelixente de recursos de rede, con mis de 50 publicacins internacionais e dúas patentes que avalan o seu éxito, as como contratos industriais por mis de 1 milln de euros. Xéranse dous activos principais de propiedade exclusiva de 鶹 e UPCT, por unha banda unha solucin de xestin intelixente de recursos edge independente da infraestrutura e, por outra, unha solucin de xestin intelixente de redes LPWAN con topoloxas mesh, handover intelixente e xestin mediante IA, ambos protexidos por patentes nacionais e internacionais. Os activos, innovadores e con vantaxes en contornas urbanas, suburbanas e industriais heteroxéneos, buscan avanzar coa vista posta na súa explotacin a través de novas startups de 鶹 e UPCT, demostrando a súa viabilidade, protexendo a propiedade intelectual e desenvolvendo un plan de negocio para a súa explotacin, aproveitando unha oportunidade de mercado demostrada pola anlise de competidores.