DUVI

Diario da 鶹

Os responsables de ambas as dúas institucin asinaron un convenio marco

鶹 e Fundacin Ángeles Terrazo inician a súa colaboracin cunha mostra da ilustradora Carla Fernndez en Redeiras

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Institucional
DUVI 05/06/2026

A 鶹 e a Fundacin Ángeles Terrazo selaban nas últimas horas coa sinatura dun convenio o seu compromiso co desenvolvemento, defensa e difusin da cultura. Nun acto celebrado no edificio Redeiras, Manuel Reigosa e Ángeles Terrazo asinaron o convenio marco de colaboracin polo que as institucins que dirixen realizarn actividades conxuntas como desenvolvemento de proxectos culturais; organizacin de actividades académicas como cursos, conferencias ou seminarios dentro da comunidade universitaria; apoio a artista e estudantes; e colaboracin en proxectos culturais e editoriais. 

O acordo marco subscrito entre o reitor en funcins da 鶹 e a presidenta da Fundacin Ángeles Terrazo contempla, as mesmo, a promocin, por unha banda, da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en todos os mbitos da sociedade, e, por outra, a de valores culturais e a difusin da creacin literaria e artstica.

Unha mostra da obra de Carla Fernndez

Froito da colaboracin que ambas as dúas institucins oficializaron nas últimas horas, inaugurouse no edificio Redeiras da 鶹 a mostra Entre cenizas y mareas, que agrupa 30 obras da ilustradora Carla Fernndez. 

Acuarela, grafito ou acrlico son algunhas das técnicas empregadas por esta artista de 20 anos, que cursa Ilustracin en Ourense. Fantasa, Emociones, Retratos, Reinterpretacin, Ilustracin Cientfica e Último Proxecto en Proceso (Barquito de Papel) son os seis grupos temticos nos que se distribúe a obra de Carla Fernndez, que transita a través de composicins figurativas ata atmosferas mis mitolxicas.