DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

A oferta inclúe diferentes niveis de inglés, alemn e espaol para estranxeiros

Últimos das para matricularse nos cursos do Centro de Linguas

As persoas interesadas teen de prazo para anotarse ata o vindeiro luns, da 23

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cursos
  • ´¡³¦²¹»åé³¾¾±³¦²¹
D. Besado DUVI 17/09/2024

Inglés, alemn e espaol para estranxeiros. Estes tres idiomas conforman a , un catlogo no que se inclúen múltiples cursos presenciais, semipresenciais e virtuais, con plataforma interactiva e seguimento personalizado. Dirixidos a persoas maiores de 16 anos que queiran aprender, mellorar e/ou acreditar o seu nivel de dominio da lingua, tanto da comunidade universitaria como de fra dela, as persoas interesadas teen de prazo para inscribirse ata o vindeiro luns 23 de setembro.

Mis dunha ducia de cursos cos que mellorar o nivel inglés

O idioma que inclúe un maior abano de posibilidades formativas é o inglés, con 12 cursos: sete cursos de carcter semipresencial no campus de Vigo, un no de Pontevedra e catro virtuais. Son todos cursos de 55 horas, con 33 h de clases presenciais e 22 de traballo autnomo no caso da ensinanza semipresencial e 36 h de clases virtuais e 19 de actividade propia no caso da virtual. A oferta inclúe tamén diferentes niveis: B1, B2 e C1 nos semipresenciais de Vigo; B1 en Pontevedra e B1, B2, C1 e C2 nos virtuais.

A estes 12 cursos hai que sumar outros dous especficos para a realizacin de exames de acreditacin: CertAcles Inglés B1 e CertAcles Inglés B2. En canto ao B1 a proba oral realizarase entre o 28 de outubro e o 6 de novembro e o 30 de outubro s 16.00 horas ser a proba escrita, mentres que no caso da certificacin do B2 coincide en calendario a proba oral, pero a data do exame escrito ser 29 de outubro -tamén s 16.00 h-.

Achegndose ao idioma alemn

No caso do idioma alemn ofrécese un curso de nivel elemental (A1) de carcter semipresencial: 36 horas de clase presencial na Escola de Enxearia de Telecomunicacin e 19 de traballo autnomo.

Dez cursos de espaol para estranxeiros

Este cuadrimestre os cursos de espaol para estranxeiros inclúen 10 posibilidades formativas: 8 presencias no campus de Vigo e dous virtuais, todos de 60 horas de duracin. A oferta inclúe os niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 -estes dous últimos niveis de carcter virtual-.

As persoas interesadas poden consultar na web do Centro de Linguas todos os  detalles da oferta académica para o primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025.