DUVI

Diario da 鶹

A mostra ‘Horizontes’ pode verse na sala O Abrigo de Belas Artes

Trece artistas emerxentes reflexionan sobre a relacin entre o ser humano co seu medio nunha exposicin itinerante

Nos prximos meses exhibirase tamén en A Corua, Monçao e Donosti

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Cultura
DUVI Pontevedra 14/01/2025

Horizontes é o ttulo da exposicin que reúne na sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes, as creacins de trece artistas emerxentes e que nos prximos meses poder verse tamén en A Corua, Monçao e Donosti. Cos estudantes da facultade Noela Paz e Iigo Barreiro como comisarios, esta mostra propn unha reflexin “sobre a relacin entre o ser humano e o seu medio”, explican, na que, a través de gran variedade de técnicas, as e os artistas buscan “explorar as conexins entre as persoas e os espazos que habitan”. Nese senso, pintura, fotografa, vdeo, cermica e ensamblaxe conviven nesta exposicin, inaugurada na tarde deste luns e que poder visitarse nesta sala ata o 23 de xaneiro. 

Como “un espazo para cuestionar e reimaxinar, un limiar entre o individual e o colectivo” preséntase esta mostra colectiva, na que “a arte convértese nun catalizador de novas formas de pensar e sentir, fomentando unha relacin mis profunda e consciente co mundo que nos rodea”. Faino a través das creacins de Ada Pérez, Ana Allegue, Ángel Raquidiam, Ángela Estévez, Carolina Ferro, Chary Docal, Chuvia Lago, Ismael Prieto, Luca Rodrguez, Manuel Balsas, Mnica Pérez, Pablo Martnez e Ro Marbn, seleccionados nunha convocatoria aberta impulsada polos comisarios en redes sociais. Todas e todos eles, explican Paz e Barreiro, son estudantes e antigos alumnos e alumnas da facultade pontevedresa, coa excepcin de Raquidiam, quen cursa esta titulacin na Universidad de Castilla-La Mancha. 

A súa exhibicin en O Abrigo constitúe ademais a primeira parada desta exposicin itinerante, que do 25 de xaneiro ao 15 de febreiro poder verse na sala de exposicins Plataforma 14 do Frum Metropolitano da Corua. A continuacin, a mostra viaxar localidade portuguesa de Monçao, onde poder visitarse entre o 22 de marzo e o 16 de maio na Galera de Arte CTJV, na que nestes das pode verse outra mostra xurdida da colaboracin deste municipio coa facultade pontevedresa, Cabezas, do artista e investigador predoutoral Álex Fuertes. Finalmente en maio e xuo Horizontes poder verse en Donosti, nunha das súas casas da cultura. "A intencin inicial da exposicin é a de mostrar diferentes perspectivas de como poder ser a relacin do ser humano coa súa contorna. Por iso, parecanos interesante movela a lugares diferentes, onde as pezas puideran verse con outros ollos", salientan os seus comisarios. 

Sexta exposicin do curso en O Abrigo

Creada hai dous cursos como unha sala que puidese acoller diferentes iniciativas impulsadas polo alumnado, O Abrigo emprzase na antiga cafetara da facultade, reconvertida nun espazo expositivo despois de que as convocatorias para a adxudicacin deste servizo quedasen desertas. No presente curso, a coordinacin e xestin da sala corre a cargo do colectivo artstico Lupercais, formado polas estudantes Luca Leirs e Luca Estévez, e desde outubro desenvolve unha programacin expositiva continuada. De feito, Horizontes é a sexta mostra que acolle no presente curso un espazo no que ata a pasada semana podan verse as obras realizadas por unha quincena de estudantes nun obradoiro de Extensin Universitaria de reciclaxe de papel earxila e que en decembro acolleu tamén unha xornada dedicada performance.