DUVI

Diario da 鶹

Tras visitar múltiples centros educativos e participar en diferentes feiras e iniciativas

O tour Alerta Verde leva a divulgacin cientfica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirn activos na web de Cintecx

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • HR
  • Աپ
  • Աپ
DUVI 16/07/2026

O proxecto de divulgacin cientfica , impulsado polo Centro de Աپ en Tecnoloxas, Enerxa e Procesos Industriais (Cintecx) da 鶹 e financiado pola Fundacin Espaola para a Ciencia e a Tecnoloxa (FECYT), concluu a súa primeira etapa tras achegar a ciencia a preto de 3500 persoas en toda Galicia.

Percorréronse milleiros de quilmetros, visitronse decenas de centros educativos, participouse en feiras cientficas e compartronse experiencias con comunidades educativas e sociais de toda Galicia e todo isto permitiu que centos de mozos e mozas se achegasen por primeira vez investigacin, descubrisen o papel da enxeara na construcin dun futuro mis sustentable e comprendesen que a ciencia forma parte das solucins a moitos dos desafos que afectan vida coti do conxunto da sociedade.

O principal eixe do proxecto foi o Tour Alerta Verde, que percorreu as catro provincias galegas e permitiu formar mis de 700 estudantes de ESO e Bacharelato a través dun videoxogo educativo no que deban resolver distintos desafos cientficos e tecnolxicos para "salvar o seu centro educativo". A isto sumouse unha xornada hbrida celebrada nas instalacins de Cintecx, na que mis de 134 estudantes percorreron laboratorios e infraestruturas de investigacin en formato escape room. A programacin completouse, ademais, coas actividades organizadas durante as Xornadas de Portas Abertas da Escola de Enxeera Industrial e coa presenza en feiras como Ponteciencia, Val Mior é Ciencia, A Ciencia que Vén ou o Feelant Summit, onde tamén se exhibiron os psteres cientficos elaborados polo alumnado participante.

A experiencia transcendeu ademais o mbito autonmico coa súa presenza no congreso internacional SciComPt 2026, contribundo a dar a coecer a iniciativa entre profesionais da divulgacin cientfica e público procedente de Portugal.

“Unha bombona de osxeno” para espertar o interese pola ciencia

“A combinacin de xogo, divulgacin cientfica e interaccin directa co persoal investigador permitiunos achegar conceptos complexos dunha maneira accesible e motivadora”. As o destaca Paloma Pérez Fernndez, profesora do IES Castro de Vigo, quen define a iniciativa como "unha bombona de osxeno".  Nesta lia, sinala que o proxecto supuxo "unha motivacin para o alumnado, convertendo materias especialmente complexas nunha experiencia lúdica que xerou ganas de seguir ampliando coecementos".

Un balance semellante realizan Alba Girldez e Lea Meln, técnicas de apoio investigacin de Cintecx e responsables de coordinar o percorrido da iniciativa por toda Galicia. "Dous meses de ruta sen parar deixan un cansazo tremendo, pero tamén o orgullo de ter espertado e inspirado vocacins cientficas xogando a Alerta Verde", explican. Para ambas as dúas, un dos maiores logros foi comprobar de primeira man a resposta do alumnado. "Coordinar o tour polas catro provincias galegas foi un reto esgotador, pero ver ao alumnado aprender a través do videoxogo e das actividades de divulgacin fai que cada quilmetro pagase a pena", destacan.

Ciencia inclusiva para unha divulgacin sen barreiras

A inclusin foi outro dos eixes transversais da iniciativa. Co obxectivo de facer a investigacin mis accesible para colectivos que habitualmente contan con menos oportunidades de participar neste tipo de actividades, Cintecx organizou xornadas especficas adaptadas a diferentes perfs e necesidades. Neste contexto participaron vinte e seis mozos e mozas da Asociacin Secretariado Gitano de Vigo e unha decena de persoas usuarias de Down Vigo, que puideron gozar da experiencia nas instalacins do centro mediante actividades adaptadas s súas caractersticas e niveis de coecemento.

As entidades colaboradoras realizaron unha valoracin moi positiva da experiencia, destacando tanto o interese dos contidos como a metodoloxa empregada. As persoas asistentes agradeceron especialmente ter sido includas na proposta e puxeron en valor a importancia de desenvolver actividades cientficas accesibles para toda a cidadana.

Alerta Verde continúa: recursos abertos para seguir aprendendo

Anda que o tour xa rematou, os recursos creados permanecern dispoibles para a comunidade educativa e para calquera persoa interesada en descubrir como a ciencia axuda a afrontar os desafos ambientais e enerxéticos do presente e do futuro. O videoxogo desenvolvido no marco do proxecto seguir accesible a través da pxina web de Cintecx, permitindo que novas persoas poidan continuar xogando ao escape room e enfrontarse aos retos formulados durante esta primeira etapa.

Alerta Verde foi posible grazas Convocatoria de Axudas para o Fomento da Cultura Cientfica e da Innovacin 2026 da FECYT e Axuda para a Estrutura, a Mellora e o Apoio aos Centros de Աپ do Sistema Universitario de Galicia (Cigus), cofinanciadas por fondos europeos no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.