Editado pola Universidade e o concello, dentro da coleccin dedicada ao Val do Fragoso
A toponimia de Matam xa ten libro propio
O traballo correu a cargo de Gonzalo Navaza, Marcos Alonso e Arantzazu Luna
A coleccin de libros Toponimia do Val de Fragoso, un proxecto conxunto da Universidade e o Concello de Vigo no que se vai debullando a riqueza toponmica das diferentes parroquias viguesas, conta xa con dez volumes. O último est dedicado a Matam e presentouse este mércores no concello coa presenza do alcalde, Abel Caballero; a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda, e Marcos Alonso Rodrigues, coautor do volume xunto a Gonzalo Navaza e Arantzazu Luna.
Marcos Alonso, vecio de Matam, foi o encargado da recollida dos topnimos, tanto mediante traballo de campo, como a través da documentacin histrica. “Comecei coa recollida al polo 2014, preguntndolle xente maior e, despois, xa me metn de cheo na investigacin en documentos antigos, sobre todo nos protocolos notariais, que van desde o século XVI ata o XIX”, salientou o autor na presentacin, que tamén asistiron a concelleira delegada de Normalizacin Lingüstica, Educacin, Recursos Humanos e Formacin, Olga Alonso, e as técnicas da Área de Normalizacin Lingüstica da 鶹, Cristina Rodrguez e Eva Castro.
“Sufrimos o feito de ser vecios dunha grande urbe”
Alonso explicou, as mesmo, que esta obra complementa ao libro Matam. Unha ollada ao pasado I e II (2022), dos que é coautor xunto con Xulio Fernndez Pintos. “Nesa obra previa recollemos a listaxe de topnimos, pero faltaba a descricin”, explicou, ao tempo que recalcou a importancia de pr en valor os topnimos tradicionais, sobre todos naqueles lugares que, como Matam, “sufrimos o feito de ser vecios dunha grande urbe e da súa presin urbanstica, polo que é mis probable que, se non facemos este labor de salvagarda, todos estes nomes se acaben perdendo”.
Foi, precisamente, nesta aspecto no que fixo fincapé o alcalde, Abel Caballero, quen reivindicou a importancia de recuperar a toponimia, xa que se trata dunha parte bsica de “autoidentificacin da cidade”. Neste senso, confirmou o empeo do Concello, da man da Universidade, en que a toponimia dos diferentes barrios sexa recuperada na súa totalidade, non soamente nos libros, senn tamén no uso diario.
“Galicia é un lugar absolutamente cheo de topnimos”
Na mesma lia, a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda, amosou a súa satisfaccin pola presentacin dun novo número dunha coleccin “iniciada xa hai moitos anos e que, afortunadamente, continúa, grazas colaboracin entre dúas institucins públicas, algo que para ns é o xeito adecuado de traballar”.
Con respecto a este volume Reboreda destacou o traballo “absolutamente rigoroso” realizado polos autores e o seu coidado hora de tratar cos maiores do lugar. “Galicia é un lugar absolutamente cheo de topnimos, desde os cruceiros ata a mis mnima leira, todo ten un topnimo, un nome que explica por que ese lugar se chama as historicamente”, indicou a vicerreitora, ao fo que relatou que todos eses nomes eran referencia no pasado, pero a medida que todo se foi urbanizando “estas denominacins comezaron a desaparecer, xa que non se recolleron nos carteis e moito menos nas aplicacins de localizacins empregadas na actualidade”. Ao fo desta reflexin, amosou o seu desexo de que “oxal os libros tean moita difusin, sobre todo entre as persoas mis novas, para que todos saiban como se chaman eses currunchios polos que pasan a diario”.
Durante o acto recordouse tamén a figura de Marta Souto, quen fora responsable do Servizo de Normalizacin Lingüstica do Concello de Vigo, falecida en outubro de 2024, unha persoa que foi clave para a posta en marcha desta iniciativa.
Toponimia do Val de Fragoso suma xa dez volumes
O novo volume est xa dispoible en formato dixital na web da ANL e, as mesmo, todas as persoas interesadas en facerse cun exemplar en papel poden solicitalo, totalmente de balde, tanto no Servizo de Normalizacin Lingüstica da 鶹 como no propio Concello, tanto o número dedicado a Matam, como os nove volumes previos: Coia, Lavadores, Beade, Freixeiro e Srdoma, Comesaa, Bembrive, Canden, Valadares e Teis.
