DUVI

Diario da 鶹

Foi realizada pola investigadora da Área de Edafoloxa e Qumica Agrcola Claudia Campillo

Unha tese avanza no uso das comunidades microbianas do solo como indicadores da súa contaminacin por metais pesados

No seu traballo optimizou o método para determinar a súa tolerancia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Ourense 04/07/2023

Avanzar no uso das comunidades microbianas do solo como indicadores da súa contaminacin por metais pesados. Este foi o obxectivo da tese de doutoramento presentada pola investigadora da Área de Edafoloxa e Qumica Agrcola da 鶹 Claudia Campillo. Nela optimizou o método para determinar a tolerancia destas comunidades microbianas ao cromo, cobre, nquel, chumbo e zinc para contribur a esclarecer cando sera necesario intervir nun solo contaminado.

A tese, titulada , estivo dirixida desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense por Manuel Arias e David Fernndez Calvio e foi realizada no grupo de investigacin da 鶹 BV1 Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos, no que Claudia Campillo traballa a cargo do proxecto Metalcont. Sobre a relevancia da temtica abordada, a investigadora, egresada en Ciencias Ambientais, sinala que “moitas actividades levadas a cabo polo ser humano contribúen ao incremento da contaminacin por metais pesados nos solos de todo o mundo”. Unha vez que os metais pesados chegan ao solo, detalla, poden afectar negativamente s súas funcins e poen en risco os servicios ecosistémicos que presta. Polo tanto, afirma, “é necesaria a monitorizacin dos solos nos que existe risco de contaminacin por metais pesados e, de ser o caso, tomar medidas para minimizar os impactos desta acumulacin”.

Diferentes metais e diferentes solos

Neste contexto, o obxectivo xeral da súa tese foi estudar “os efectos da acumulacin de metais pesados sobre as comunidades microbianas do solo, contribundo a esclarecer cando sera necesario intervir nun solo contaminado por metais pesados dende un punto de vista das comunidades microbianas do solo”. Para lograr este obxectivo, empregou o concepto de tolerancia das comunidades bacterianas a metais pesados (PICT: pollution induced community tolerance). “Se as comunidades bacterianas presentan tolerancia a un metal pesado é un indicador da toxicidade dese metal, posto que as súas funcins esencias pdense ver alteradas (ciclos bioxeoqumicos dos nutrientes, biodiversidade, descomposicin da materia orgnica, etc.)”, explica a xa doutora pola 鶹.

No seu traballo Claudia Campillo optimizou o método de determinacin da tolerancia das comunidades bacterianas a cinco metais pesados (cromo-Cr, cobre-Cu, nquel-Ni, chumbo-Pb e zinc-Zn), en relacin presenza do efecto do carbono orgnico disoluto nas suspensins bacterianas. “Os resultados amosaron que naqueles solos que presentan un maior contido de carbono orgnico disoluto, as medidas de tolerancia das comunidades bacterianas poden estar sobreestimadas (no caso do Cu, Ni, Pb e Zn) ou subestimadas (no caso do Cr). Isto implica un maior coidado c tratamento dos resultados cando se estuda a tolerancia das comunidades microbianas do solo en solos que presentan elevados contidos de carbono orgnico disoluto”, sinala a autora da tese.

O estudo tamén abordou a avaliacin dos niveis base de tolerancia das comunidades bacterianas a metais pesados en solos non contaminados e tratou de relacionar esa tolerancia coas propiedades do solo (material de partida, textura, pH, contido en materia orgnica, etc.). Os resultados amosaron que as propiedades do solo inflúen no desenvolvemento de tolerancia das comunidades bacterianas a metais pesados, ben polo seu efecto na biodispoibilidade dos metais no solo (fase de seleccin da metodoloxa PICT) ou ben polo seu efecto como “interferencias” na propia determinacin de tolerancia das comunidades bacterianas (que teran lugar na fase de deteccin da citada metodoloxa). A partir das propiedades do solo, no traballo obtivéronse ecuacins para estimar a tolerancia base das comunidades bacterianas a metais pesados, “destacando a aplicabilidade da ecuacin obtida para o cobre”. A investigacin tamén permitiu determinar cales son as propiedades do solo que mis inflúen no desenvolvemento de tolerancia das comunidades bacterianas a cada un dos metais de estudo.

Outro obxectivo da tese foi avaliar, de xeito experimental, se os tratamentos de descontaminacin de metais pesados foron efectivas dende o punto de vista das comunidades bacterianas do solo. “Os resultados mostraron que, en xeral, todas as técnicas aplicadas amosaron unha reducin superior ao 80% da tolerancia das comunidades bacterianas a metais pesados. Determinouse que o uso da tolerancia das comunidade bacterianas é efectivo para avaliar reducins na toxicidade de Cu, Ni e Zn”, afirma a investigadora. Por último, o traballo estudou a variacin na tolerancia das comunidades bacterianas en funcin do tipo de aplicacin ao solo, indicando os resultados que “cando os metais se engaden ao solo de xeito gradual resultan menos txicos para as comunidades bacterianas que cando se engaden nunha única aplicacin”.

Eficacia da metodoloxa PICT

En resumo, destaca a autora da investigacin, “observouse que as propiedades do solo deben de terse en consideracin nos anlises PICT, polo seu efecto tanto na biodispoibilidade dos metais no solo como na determinacin de tolerancia das comunidades bacterianas”. Ademais, engade Claudia Campillo, na tese “faise énfase na importancia de dispoer de solos de referencia para este tipo de anlises e, de non ser o caso, proporcinanse ecuacins para estimar o nivel base de tolerancia das comunidades bacterianas a metais pesados en solos non contaminados”. Tamén se avaliou o efecto do tipo de adicin de metais pesados ao solo (observando que as comunidades bacterianas vense mis afectadas despois dun evento abrupto de contaminacin de metais que pola chegada gradual de metais ao solo) e a eficacia da metodoloxa PICT para avaliar o estado das comunidades bacterianas do solo despois de realizar tratamentos de descontaminacin/inmobilizacin de metais pesados.