A exposicin reúne 21 fotografas nas que o alumnado reflexiona sobre a orde sexual imposta
‘Sen Moldes’ completa o seu percorrido retornando a Belas Artes
Pode contemplarse nas cristaleiras do primeiro andar
Xurdidas como un exercicio para a materia Técnicas fotogrficas, do primeiro curso do grao en Belas Artes, 21 fotografas nas que o alumnado reflexiona sobre a orde sexual imposta integran a terceira edicin da exposicin Sen Moldes, que ata finais de curso poder contemplarse nas cristaleiras do primeiro andar da facultade. Coordinada pola profesora Mar Caldas e promovida coa colaboracin da Unidade de Igualdade da 鶹, esta exposicin exhibiuse a finais de 2019 na Biblioteca Central do campus de Vigo e trasladouse en febreiro do pasado ano Biblioteca Rosala de Castro do campus ourensn. A crise da covid-19 e o confinamento impediron que, ao igual que nas anteriores edicins, a exposicin completase o seu percorrido o pasado curso retornando facultade. Mais finalmente, desde este mes de abril pdense contemplar neste centro as imaxes nas que 17 estudantes “quebran cos roles de xénero tradicionais, exploran sexualidades liberadas das normas e indagan nas identidades abertas e plurais”, como sinala a súa coordinadora.
“Parecanos importante que se vise tamén na facultade”, salienta Caldas, que lembra que o actual alumnado da materia atpase desenvolvendo un traballo con esta proposta, de tal xeito que a mostra pode servirlles “como unha referencia”. Baixo o ttulo de Sen Moldes III. Comentarios fotogrficos sobre o xénero, esta exposicin ten como punto de partida un traballo académico no que se convida ao alumnado a crear imaxes “que reflexionan sobre a orde sexual imposta, contrapoéndolle visins crticas, anovadoras, creativas, diverxentes ou mesmo paradoxais”. Co propsito de reunir “un amplo abano temtico”, Caldas e o tamén docente da materia Andrés Pinal seleccionaron 21 fotografas realizadas por 17 alumnos e alumnas que, como recolle o texto de presentacin da mostra, “convdannos a incorporar novos principios de visin, a desfacernos de vellos esquemas mentais, a imaxinar diversas subxectividades, construdas sen feituras, sen moldes”.
Miradas e temticas diversas
Aldara Vzquez, Alexandre Rodrguez Blanco, Anta Encisa, Arianne Romero, Carlainsh, Clo, Chus Nimo, Lili Algo, Lorena Vzquez Cruz, Luca Gonzlez Fernndez, Mente de Amuleto, Raquel Álvarez, Rubén Mascato, Tamara Goberna, Uxa Gonzlez Fernndez, Vilja Gunzelmann e Xoel Gmez Lpez son os autores e autoras das imaxes que integran unha exposicin “diversa”, como destaca Caldas. Nela hai lugar para imaxes que reflexionan “sobre a identidade sexual, os canons de beleza, a opresin sobre o feminino, as relacins de dominacin...”, cuestins que, lembra, son abordadas desde uns puntos de vista e “cunha serie de referencias” que fan que a súa mensaxe “comunique mellor xente da súa mesma idade que as campaas que podera facer calquera organismo”. Nese senso, esta docente pon de relevo o interese dunha proposta que leva ao alumnado a reflexionar sobre esta serie de cuestins, “e non dunha forma terica, senn levndoa a imaxesnas que moitas veces utilizan a autorrepresentacin, polo que é tamén unha forma de que reflexionen sobre si mesmos e sobre o seu propio corpo”.
Imaxes que nacen do persoal
Dous anos despois de levar a cabo o proxecto, Anta Encisa salienta o interesante dunha proposta centrada “nalgo que nos concirne a todos e sobre o que podemos dar diferentes visins”. “É un tema que segue interesndome moito”, recoece esta alumna, que lembra as dificultades que, no seu momento, lle supuxera afrontar a proposta. “O problema era que estaba intentando falar desde unha perspectiva que non era a mia e ao final dinme conta de que o mellor era facelo desde algo totalmente persoal”, explica do proceso que a levou a dar forma a unha obra na que fai uso de frases, como “pero no te das cuenta de que eso te queda horrible”, escoitadas na contorna familiar; frases, sinala, “s que no seu momento non das importancia, pero que acaban quedando no subconsciente”.
“A estética da publicidade, que nos vende unha imaxe que non se corresponde co noso da a da” e, mis en concreto, os anuncios de compresas “que nos mostran un lquido azul” que non reflicte a realidade da menstruacin, foron o punto de partida dun dos traballos que Aldara Vzquez achegou mostra. Unha fotografa, explica, na que presenta a tres mulleres unidas por un fo vermello, que exerce como smbolo de “fortaleza conxunta”, quesuma un segundo traballo, que reflexiona sobre “os sentimentos de masculinidade e feminidade”, representando a un suxeito que, a través dun espello, “mostra orgulloso tanto a súa parte masculina como a feminina”. Satisfeita de que este proxecto poida verse finalmente na facultade, Vzquez salienta o interesante dunha proposta que levounas a “expresar mediante a fotografa moitos sentimentos que moitas veces non estn normalizados ou dos que xente non é consciente”.
