O robot do grupo GTI de atlanTTic permite ‘telecamiar’ a persoas con mobilidade reducida
Santi, e con el Elisa, chegan a Compostela
Tras participar nunha iniciativa solidaria impulsada pola empresa Cisco
Partiron de Portomarn o martes e hoxe Santi e Elisa chegaron xuntos praza do Obradoiro. Santi é un robot cuadrúpede do Grupo de Tecnoloxas da Informacin do centro de investigacin atlanTTic da 鶹 e, nesta particular peregrinacin, foi tamén os ollos e os pés de Elisa, unha empregada da empresa Cisco con mobilidade reducida que, grazas a este robot, tivo a posibilidade de realizar, desde Italia, varios tramos do Camio de Santiago ‘tele-camiando’, unha experiencia a que se referiu como “tremendamente satisfactoria” e da quedou “moi contenta”, tal e como lles trasladou aos enxeeiros da 鶹 implicados neste proxecto: Alberto Estévez, Rubén Pérez, Javier Gonzlez Castao e Felipe Gil.
A iniciativa formou parte dun reto solidario impulsado por Cisco na que mis de 400 empregadas e empregados da firma procedentes de 20 pases, inclundo propia Elisa, completaron o último tramo do camio recadando fondos para diferentes causas, entre elas, a loita contra o cancro.
Felipe Gil: “Cumprronse todas as nosas expectativas”
Santi e Elisa percorreron xuntos dous tramos do Camio: a sada desde Portomarn e a chegada praza do Obradoiro, onde, seguindo as instrucins dos enxeeiros da 鶹, non dubidou en bailar o tema Terra das Tanxugueiras. “Cumprronse todas as nosas expectativas de funcionamento do sistema, non deu problemas nin en terreos pedregosos, nin en terra, nin tampouco en asfalto”, explica o profesor Felipe Gil, quen salientou que “as cousas foron, incluso, mellor do agardado”.
Equipado cunha cmara de visin 360, adaptada polo grupo GTI da 鶹, e conectado rede 5G de Telefnica, que achega a velocidade e latencia necesarias para responder en tempo real, Santi puido seguir as ordes de Elisa a través de la plataforma de colaboracin Cisco Webex e dunha interfaz tipo ’joystick’ deseada especificamente por Makenai.
De cara a posibles perfeccionamentos do funcionamento de Santi, desde a 鶹 intentarn seguir mellorando o sistema de visionado e tratarase tamén de que a persoa que o ten en remoto poida empregar unhas gafas de realidade virtual, “de maneira que sexa anda mis inmersivo e se incremente tamén a sensacin de realidade”.
