DUVI

Diario da 鶹

Na sectorial de Crue-Profesorado que se celebra en Redeiras

Responsables de profesorado das universidades espaolas abordan en Vigo o presente e o futuro da docencia

As figuras de profesorado, as acreditacins e o Programa Mara Goyri, no foco das sesins

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 11/10/2024

60 persoas, entre vicerreitoras e vicerreitores e directores e directoras da Área de Profesorado dunha trintena de universidades espaolas, participan este venres na Comisin Sectorial de Crue-Profesorado que se celebra no edificio Redeiras da 鶹. Nesta xornada de traballo, inaugurada polo reitor da 鶹, Manuel Reigosa, os e as representantes das institucins académicas espaolas abordan algunhas das cuestins que marcan o presente e o futuro da docencia universitaria como a carreira profesional e as novas figuras de profesorado, a calidade dos procesos de avaliacin e a formacin do persoal docente.

O presidente da sectorial de profesorado e reitor da Universitat de Barcelona, Joan Guàrdia, foi o encargado de convocar a reunin que este venres se celebra en Vigo e que se desenvolve en sesins de ma e tarde, nas que, ademais do desenvolvemento do fondo de compensacin, responsables da Agencia Nacional de Acreditacin, Aneca, trataron, para o seu posterior debate, os novos criterios de acreditacin.

Joan Guàrdia agradeceu na súa intervencin inicial a colaboracin da 鶹 na organizacin da reunin, nomeadamente da vicerreitora de Profesorado e Ordenacin Académica, Adela Snchez Moreiras, ao tempo que gabou a “preciosidade de edificio” no que se desenvolve a xuntanza. O presidente da sectorial de Crue-Profesorado destacou na súa alocucin inicial a importancia que desde a “Crue se mantea unha coordinacin que nos permita interactuar co Goberno central”, unha funcin, que precisamente, o reitor da 鶹 agradeceu a Guàrdia que realizase, cualificndoo de “interlocutor magnfico”, nomeadamente pola súa actuacin en relacin co Programa Mara Goyri, que ten a finalidade de financiar a incorporacin de axudantes doutores s universidades espaolas.

En defensa da universidade pública e do seu profesorado

Manuel Reigosa foi o primeiro en intervir esta ma no inicio da sectorial cun discurso no que eloxiou o vala da universidade pública e do seu profesorado, ao tempo que reiterou e alertou dos retos que enfrontan as institucins como o avellentamento do seu persoal docente ou a eliminacin do requisito de acreditacin para os axudantes doutores. Para o reitor da 鶹, “unha universidade é tan boa como o é o seu profesorado, a materia prima coa que se constrúe”, dixo Reigosa, que gabou a capacidade das institucins para cumprir cos retos que se lle presentan, a pesar de contar cun financiamento limitado.

O cambio xeracional é para Reigosa o gran reto que enfronta unha universidade “envellecida e limitada pola falta de orzamentos e temas burocrticos e normativos”. O reitor da 鶹 incidiu na urxencia de captar persoal novo, ao tempo que asegurou que a LOSU “me parece unha oportunidade perdida. Queremos universidades fortes en docencia e investigacin e preocúpame que non faga falta ningunha acreditacin para entrar”, dixo en relacin coa eliminacin na Lei de Universidades do requisito dunha acreditacin previa para os e as axudantes doutores. “Contar cunha acreditacin é un elemento positivo e xa non o hai”, lamentou Reigosa.

A combinacin das tarefas docente e investigadora foi outra das cuestins s que se referiu o reitor, que as comparou con dúas mochilas, “que fan falta” para todo o profesorado universitario. Reigosa. que cualificou de “incrible” o posicionamento das universidades espaolas nos rnkings internacionais, en relacin cos cartos recibidos, agradeceu tamén o traballo realizado polos membros da Crue en relacin co Programa Mara Goyri.”Xogmonos moitsimo”, dixo o reitor, que confirmou o apoio total da Xunta a esta iniciativa do Goberno central, que permitir “sumar mis prazas” e contrarrestar os efectos da LOSU coas rebaixas de horas docentes.

Grandes retos e un obxectivo

Pola súa banda, a vicerreitora de Profesorado e Ordenacin Académica da 鶹 destacou a importancia dun foro como a sectorial da Crue para poder intercambiar experiencias e poer en común erros e acertos e asegurou que os retos que a LOSU pon por diante s universidades, “non deben enredarnos en cuestins que non son ofrecer as mellores condicins de docencia ao alumnado cuns recursos limitados".

Adela Snchez Moreiras incidiu na, que considera, incongruencia, da LOSU ao marcar a figura do axudante doutor como “peza clave” para a entrada na carreira académica e non obstante retirar a acreditacin que lle outorgaba un selo de calidade. “Agora temos economistas que se presentan a prazas de fisilogo vexetal”, dixo a vicerreitora, que lamentou que “agora ns teremos que facer ese filtrado, que supn mis traballo”.