Nun foro que ten lugar no campus de Pontevedra, combinando a asistencia presencial e virtual
Representantes de mis de 40 universidades debaten como mellorar a implantacin da Lei de Convivencia
As diferentes propostas reuniranse nun documento final
A aprobacin, o pasado ano, da Lei de Convivencia Universitaria obrigou s diferentes institucins académicas espaolas a aprobar nos últimos meses unha serie de modelos e normativas que este xoves e venres son analizadas por representantes de mis de 40 universidades, no II Frum de Convivencia e Mediacin Universitaria. Promovido pola Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediacin y el Conflicto (Cuemyc), a Ctedra Unesco Educacin transformadora: ciencia, comunicacin e sociedade, da 鶹 e o Centro Internacional Interuniversitario de Estudios de la Paz, la Mediacin y la Convivencia da Universidad de La Laguna (Cipameco), este foro desenvlvese na sede da Vicerreitora do campus de Pontevedra, coa participacin, presencial e virtual, de preto de 60 representantes de universidades de toda Espaa. A través de diferentes mesas de traballo, este evento ten como principal obxectivo elaborar un documento con propostas de mellora para a implantacin nas institucins académicas da devandita Lei 3/2022 do 24 de febreiro.
O reitor da 鶹, Manuel Reigosa, a directora da Área de Convivencia e Xestin Positiva de Conflitos, Francisca Faria, e a presidenta da Cuemyc, Leticia Garca Villaluenga, inauguraron na tarde deste xoves a segunda edicin dun foro que, maioritariamente de xeito virtual, reúne tanto responsables de unidades de convivencia e mediacin ou defensores universitarios, como representantes doutro tipo de rganos “que teen tamén que xestionar conflitos”, como salientou Faria. A través de conferencias e mesas de traballo, este encontro ten como propsito central “debater os modelos e normativas que se estn aprobando” para aplicacin da lei, especificamente no referido “ composicin e funcins das comisins de convivencia”, como é o caso da Comisin de Convivencia e Bo Goberno da 鶹. Ao mesmo tempo, sinala esta catedrtica, outro dos focos de anlise é “como se levarn a cabo os procesos de mediacin, dos que tamén fala a lei”, un mbito no que, explica, “a Cuemyc é moi partidaria da creacin de unidades especficas de mediacin e convivencia”, como é o caso da Unidade de Resolucin Positiva de Conflitos e Convivencia (Convive鶹).
Nun acto de apertura no que se puxo de relevo que “unha das funcins da universidade é ser un modelo para a sociedade”, Reigosa recalcou a necesidade de que “das nosas aulas salgan persoas educadas en igualdade e en que os conflitos se resolvan de forma positiva”. De a que o reitor incidise en que, alén de que institucins como a 鶹 xa tean en marcha “todas as ferramentas que estn dispostas na lei”, é necesario estar “moi atentos” s conclusins que salgan dun “evento moi importante”, co propsito de que as institucins académicas leven a cabo “un traballo de mediacin e convivencia que poida permear sociedade”.
Que se fixo e que queda por facer
Dirixido por Garca Villaluenga, Faria e o director do Cipameco e secretario xeral da Cuemyc, Manuel Rosales, este II Frum de Convivencia e Mediacin Universitaria d continuidade ao desenvolvido o pasado ano na Universidad de La Laguna, que se centrou tamén nas implicacins dunha lei que, como lembrou a presidenta da Cuemyc, “moitas universidades estaban esperando como auga de maio”, xa que via a substitur un regulamento do ano 1954. Dirixida a “potenciar a convivencia universitaria”, este novo marco normativo, lembrou, obrigou s universidades a “desenvolver as súas normas de convivencia”, eixe central deste segundo foro. “O que fixemos o ano pasado foi ofrecer un documento para que as universidades puideran desenvolver mellor esta lei e o que queremos esta vez é ver que ocorreu, como se foron desenvolvendo estas normas de obrigada implantacin”, subliou a tamén directora do mster en mediacin da Complutense. “Digamos que, dende o marco normativo que temos, imos traballar sobre que estamos facendo na prctica as universidades, que retos temos para a convivencia, que pasos demos e cales temos que dar”, concluu a presidenta da Cuemyc.
Con ese propsito, o encontro brese na tarde deste xoves cos relatorios do investigador da Universidad Autnoma de Madrid Carlos Giménez e dos propios Garca Villaluenga e Rosales, para logo acoller unha mesa de traballo sobre a implantacin da lei, na que interveen representantes de diferentes institucins académicas. Xa o venres, o foro continúa cunha mesa centrada na elaboracin dun documento de propostas de mellora que, como explica Faria, “enviarase a todas as universidades espaolas, públicas e privadas”, para pecharse cunha mesa de presentacin de conclusins.
A controversia “é inevitable e posibilita o crecemento das persoas”
A apertura deste foro viuse precedida por un encontro dirixido a “analizar a conflitividade na Universidade e expoer xeitos de facilitar a xestin axeitada dos conflitos e controversias”, sinalou Faria, que lembrou que “os conflitos forman parte da vida” e, polo tanto, tamén das universidades. “A idea non é erradicar a controversia, porque esta é inevitable e posibilita a mellora e o crecemento das persoas cando se xestiona ben, senn evitar as crises de convivencia”, sublia a tamén responsable de Convive鶹.
Coordinado por Garca Villaluenga, este encontro desenvolveuse baixo “a metodoloxa participativa do world café”, que, explica, “traballa coa intelixencia colectiva e coa creatividade”, co propsito de xerar un “coecemento conxunto” a través dunha serie de “preguntas estratéxicas”. Coa participacin de representantes dos equipos decanais de diferentes centros do campus, do persoal e do alumnado, de grupos de investigacin e do servizo de prevencin de riscos laborais, este encontro buscaba que as e os participantes fosen sumando s súas ideas a unhas follas de grandes dimensins, que serviron finalmente como “testemuo final” da actividade. “Como é unha metodoloxa que d voz a todas as persoas convocadas, o que nos interesaba era identificar os tipos de conflitos que se estn dando nas universidades, formular preguntas estratéxicas que sirvan como detonante a unha reflexin compartida”, engadiu a presidenta da Cuemyc.
