DUVI

Diario da 鶹

A cidade acolle esta semana por primeira vez unha reunin da asociacin Cesed

Representantes dunha vintena de universidades participarn en Pontevedra na asemblea de estudantes de Ciencias da Educacin 

Precedida por unha xornada formativa na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacins de Estudantes
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 07/11/2022

Entre este xoves 10 e o domingo 13 de novembro, Pontevedra exercer por primeira vez como sede da Asamblea General Ordinaria da , colectivo que ten como propsito central a representacin do estudantado das diferentes titulacins do mbito da educacin. Preto de 45 representantes do alumnado, procedentes de preto dunha vintena de universidades espaolas participarn nesta XXII asemblea, que ter como sedes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte e o Pazo da Cultura e que foi organizada pola Delegacin de Estudantes deste centro do campus pontevedrés. A asemblea verase precedida súa vez polas xornadas formativas que a facultade acoller este mércores, dirixidas a ampliar a formacin do alumnado sobre diferentes aspectos transversais relacionados co seu futuro labor como docentes.

Coordinada polas membros da Delegacin de Estudantes Zeltia Augusta Pino e Carmen Macieiras, estes dous eventos foron promovidos coa colaboracin da Vicerreitora do campus de Pontevedra, a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte e o Concello de Pontevedra. Coa participacin de membros das delegacins estudants de preto dunha trintena de facultades e escolas dunha vintena de universidades espaolas, esta Asamblea General Ordinaria abrangue súa vez unha serie de mesas de traballo e unhas xornadas formativas de representacin estudantil. 

Unha asociacin que representa estudantes de catro graos

Con mis de dez anos de traxectoria, Cesed é unha asociacin xuvenil de representacin do alumnado dos graos en Educacin Infantil, Educacin Primaria, Pedagoxa e Educacin Social, as como dos diferentes posgraos relacionados con estes mbitos, que ten como obxectivo principal “crear un espazo común onde todas e todos os estudantes poidan intercambiar experiencias, crear propostas de mellora e xerar puntos de encontro, debate e opinin para loitar por unha mellora na calidade formativa das titulacins representadas e por un futuro mellor para a educacin”, como sinalan desde a organizacin desta asemblea. Actualmente presidida polo egresado da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte David Álvarez, entre os propsitos da asociacin atpase tanto representar o colectivo estudiantil ante as diferentes institucins e estudar as súas problemticas, como intervir “nos conflitos que afecten educacin e os seus estudantes” ou “promover e defender unha educacin de calidade”.

A asemblea celebrar na tarde do xoves 10 o seu acto inaugural, coa participacin do reitor, Manuel Reigosa, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores, pero iniciar xa o mércores unhas xornadas formativas dirixidas a mellorar a formacin dos delegados participantes. O primeiro destes talleres, explica Macieiras, estar centrado na “xestin de grupos” e correr a cargo do tamén egresado da facultade Matas Zelayarn, mentres que nos seguintes das as e os asemblearios ampliarn a súa formacin en aspectos “como o emprego das redes sociais para o fomento da representacin ou sobre como realizar emendas aos diferentes documentos”, completndose esta parte formativa cun taller de “xestin emocional”, dirixido a abordar “como xestionar a frustracin e a carga de traballo”, apunta Macieiras, que s veces pode supor a representacin estudantil, impartido pola profesora da facultade Martina Ares.

De xeito paralelo, a asemblea acoller tamén unha serie de mesas de traballo, nas que as e os integrantes das diferentes comisins da Cesed presentan e debaten os documentos que elaboraron nos últimos meses. Concretamente, nesta XXII asemblea estas mesas estarn centradas na posta en valor do papel das mestras na historia da educacin, nas prcticas universitarias este mbito, no papel que a educacin social e a pedagoxa xogan no sistema educativo e no propio funcionamento da web da asociacin. As mesmo, o encontro contar o xoves coa participacin de representantes da Conferencia de Decanos de Educacin, nunha mesa que por o foco na reforma da profesin docente.

Xornada previa na facultade

A asemblea verase precedida, o mércores 9, por unhas xornadas formativas dirixidas ao alumnado da facultade que buscan “abordar contidos transversais ligados súa formacin como futuros docentes”, como salienta Pino. Esta actividade abrirase con tres talleres simultneos, para os que é precisa inscricin previa, dirixidos a afondar en cuestins relativas educacin musical, a creatividade e a organizacin de aulas temticas e a educacin fsica. Tras estes obradoiros, a actividade continúa con dúas mesas abertas ao público. A primeira, s 13.00 horas, estar centrada na influencia de literatura no desenvolvemento da infancia e contar coa participacin da xornalista e escritora Eva Mejuto e da profesora da facultade Eulalia Agrelo. Xa pola tarde, s 18.30 horas, este foro completarase cunha mesa sobre modelos urbansticos pensados para a infancia, na que intervirn o director da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra, José Manuel Tato, e o psiclogo e profesor da facultade Rubén Domnguez.