En homenaxe ao artista e profesor da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017
Recala en Vigo a exposicin que percorre os ‘Vieiros na memoria’ de Manuel Moldes
Tras pasar polo campus de Pontevedra, pode visitarse na Casa Galega da Cultura ata o vindeiro 24 de
Tras o seu paso polo campus de Pontevedra, este venres chegou a Vigo a exposicin Vieiros na memoria de Manuel Moldes, unha pequena homenaxe a quen foi un artista comprometido coa súa terra e referente da cultura galega, pero tamén un profesor que deixou unha fonda pegada na que durante anos foi a segunda casa, a Facultade de Belas Artes. Ampliada e acomodada ao espazo da Casa Galega da Cultura, a exposicin organizada arredor da figura do artista falecido en 2017 poder visitarse na cidade olvica ata o vindeiro 24 de abril.
“Pontevedra e Vigo son dúas cidades moi familiares para o artista, a primeira por ser sede da Facultade de Belas Artes, a onde chegou no 1995, dous anos antes de realizar o primeiro dos seus Vieiros e, pola outra, Vigo e, mis concretamente, a praza da Princesa, escenario dos primeiros pasos do grupo Atlntica, do que Moldes formou parte e que a da de hoxe é imprescindible, tanto para coecer a traxectoria do desenvolvemento da cultura galega, como para ollar o papel deste autor como docente”, tal e como explicou a comisaria da exposicin, Sara Donoso, na presentacin aos medios de comunicacin da exposicin. Xunto a Donoso, participaron neste acto o decano da Facultade de Belas Artes, Xosé Manuel Buxn, quen se referiu a este proxecto como “unha lembranza memoria artstica e vital de Manolo Moldes”; a viúva e o fillo do artista, e o concelleiro-delegado da Área de Cultura, Emprego e Participacin Cidad do Concello de Vigo, Abel Losada.
O retorno praza da Princesa e aos inicios do grupo Atlntica
“Para ns é un orgullo e un pracer amosar un proxecto expositivo que nace da man dunha exalumna da facultade, do propio Moldes, que agora exerce como xestora e comisaria independente”, salientou o decano, ao tempo que agradeceu a constante colaboracin do Concello de Vigo coa Facultade de Belas Artes, “sobre todo, cun proxecto tan querido no noso centro como é Afinidades Selectivas, traballo expositivo do que xa se levan publicados 13 catlogos”. Na boa sintona entre ambas institucins, fixo tamén fincapé Abel Losada, quen non dubidou en afirmar que este autor é unha peza clave do movemento pictrico contemporneo galego. “Nestes tempos tan complexos por moitas razns convén mis que nunca ter claro o camio, o vieiro, neste caso da liberdade creativa, pero tamén da liberdade individual en xeral e, desde logo, tamén da memoria, e esta exposicin recolle mellor que nunca estes dous smbolos”, recalcou o concelleiro vigués.
En representacin da súa familia, interveu a súa viúva, May Daz Cacheda, quen admitiu que para ela a visita a Vigo “é unha especie de viaxe cara atrs no tempo que me recorda aos anos 80 e s primeiras exposicins nesta mesma praza da Princesa, na que lle compraron a súa primeira obra, un debuxo sobre a guerra de Vietnam, e onde coeceu a toda a xente coa que adoitaba participar e que logo se conglomerou no grupo Atlntica”.
Vieiros que teen o debuxo como nexo de unin
Resultado dun “dilogo continuo” coa familia do artista, a exposicin desenvolvida coa colaboracin da Fundacin Manuel Moldes non buscaba reunir “as obras icnicas” do pintor, senn unha serie de pezas que, “ademais coinciden en datas coa súa entrada como profesor na Universidade”, como salientou Donoso. A comisaria lembrou de feito a súa etapa como alumna de Moldes, “que sempre nos incitaba a aprender facendo, a experimentar, a loitar pola arte...”, para incidir en que esta mostra buscaba tamén "reivindicar" o labor de Moldes como profesor de debuxo. Académico da Real Academia Galega de Belas Artes e un dos fundadores do colectivo Atlntica, Moldes realizou en 1997 o primeiro dos seus Vieiros, un conxunto de obras que teen precisamente o seu nexo de unin no debuxo, “como disciplina autnoma, pero tamén como bosquexo e como parte dun proceso preparatorio”.
Vieiros na memoria, explicou Donoso, reúne unha serie de obras que “desenvolveu na súa maior parte entre finais dos anos 90 e principios da década do 2000”, e agrupa “imaxes ao leo sobre lenzo e cartolina con obras en papel milimetrado e debuxos realizados sobre follas de caderno”, nun dilogo “que reivindica a expresin artstica mis al do soporte o do seu formato”. O papel do debuxo, dos trazos e lias como punto de partida para “dotar de vida s ideas” cobran nese senso un papel central nestes conxunto de obras abstractas, de "esprito labirntico" e que levan tamén “a pensar na natureza”, engadiu Donoso.
A vindeira escala da exposicin ser na sala Alterarte
Nesta segunda parada da exposicin quitronse algunhas pezas e incluronse outras novas, concretamente seis, dndolle, a pesar de ser unha exposicin itinerante, “unha maior especificidade e axustndoa a este espazo tan caracterstico”, recalcou a comisaria. A vindeira escala ser, segundo adiantou no acto o decano da Facultade de Belas Artes, Xosé Manuel Buxn, a Sala Alterarte do campus de Ourense.
