DUVI

Diario da 鶹

proxecto MytSeed

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI 07/07/2026

O da 鶹 lidera o proxecto MytSeed, unha iniciativa de investigacin estratéxica para garantir a sostibilidade da acuicultura do mexilln, un sector de gran relevancia en Galicia e en Espaa. A finalidade é desenvolver métodos innovadores para a producin de semente de mexilln en criadeiro, unha alternativa fronte escaseza de semente silvestre rexistrada nos últimos anos, agravada polos efectos do cambio climtico. Ademais, MytSeed afondar no coecemento dos factores que inflúen na súa fixacin e crecemento nas bateas. 

A limitada dispoibilidade de mexilla supn unha ameaza para a estabilidade da producin e para a competitividade dun sector esencial para a economa e o emprego nas zonas costeiras de Galicia. Tanto é as, que a comunidade galega é responsable de preto da metade da producin de mexilln da Unin Europea. Para dar resposta a este desafo, MytSeed adopta un enfoque interdisciplinar que integra xenética, bioloxa, oceanografa e fsica, combinando ferramentas de mellora xenética coa anlise das condicins ambientais nas bateas.

O proxecto exemplifica a colaboracin transversal entre distintos grupos e reas do CIM, coa coordinacin de Moncho Gesteira, do grupo , e Ángel Pérez Diz, do , como investigadores principais, e coa participacin de Paloma Morn e Juan Pasantes, ambos do grupo XB2, reforzando o carcter multidisciplinar e cooperativo do centro. MytSeed est financiado pola convocatoria de Proyectos de Generacin de Conocimiento 2024 do Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades, cun orzamento de 215.655 euros, e executarase ata o 31 de agosto de 2028.

Mellora xenética para unha acuicultura mis eficiente e resiliente

Un dos eixes centrais do proxecto é o desenvolvemento de programas de mellora xenética centrados en caracteres de alto valor comercial e produtivo, como a supervivencia, o crecemento, a cor da carne e a forza do biso, o que se coece popularmente como as barbas do mexilln. A través de estudos de herdabilidade e anlises xenmicas a grande escala, o equipo investigador traballar na identificacin de marcadores xenéticos asociados a estes caracteres, co obxectivo de producir semente mellorada en criadeiro que poida ser cultivada posteriormente no medio natural. “A producin de lias de mexilln xeneticamente seleccionadas permitir aumentar o rendemento e garantir caracteres mis homoxéneos que respondan s demandas do mercado, simplificando as prcticas de cultivo”, explica Ángel Pérez Diz.

Métodos mis sostibles

O proxecto tamén afondar no coecemento dos factores ambientais que inflúen na captacin de semente silvestre, especialmente a través dos sistemas tradicionais de cordas colectoras empregados nas bateas galegas. O estudo da fixacin, o desprendemento, o crecemento e a calidade da semente permitir avanzar cara a un equilibrio mis sostible entre a producin acucola e a conservacin dos ecosistemas marios. Neste contexto, MytSeed contribuir a reducir o impacto de métodos alternativos de captacin de semente, como o raspado de superficies rochosas en zonas intermareais, unha prctica que pode alterar os ecosistemas locais.

Ademais, avaliarase se a semente de mexilln producida en criadeiro mediante mellora xenética é capaz de crecer con éxito no medio natural mantendo as caractersticas desexadas. “O obxectivo é garantir que estes exemplares conserven os seus fenotipos sen verse afectados pola mestura ou ‘contaminacin’ con semente non seleccionada ou silvestre, un aspecto primordial tendo en conta o elevado investimento que require a acuicultura en instalacins pechadas”, detalla Pérez Diz.

Estudos coa batea experimental monitorizada

O proxecto incorpora tamén ferramentas avanzadas de modelado hidrodinmico para simular a dinmica das bateas e analizar como variables como o fluxo de auga, a temperatura, a salinidade ou a dispoibilidade de alimento inflúen no crecemento e na supervivencia dos mexillns. Estes estudos realzanse en condicins reais de cultivo, empregando a batea experimental monitorizada do CIM.

“A anlise conxunta dos factores xenéticos e ambientais permitir avaliar a estabilidade dos caracteres mellorados e optimizar tanto a fixacin da semente como o rendemento final do cultivo. Ademais, facilitar a adaptacin ao mexilln de metodoloxas xa consolidadas noutras especies de bivalvos, como ameixas e ostras, mellorando a xestin do cultivo e a eficiencia produtiva”, explica o investigador da 鶹.

Impacto social e econmico e unha futura spin-off

Desde o punto de vista econmico, o desenvolvemento dunha producin de semente fiable, escalable e adaptada s necesidades do sector permitir estabilizar a producin, reducir custos e mellorar a competitividade da acuicultura do mexilln. A producin de semente de alta calidade e homoxénea en criadeiro facilitar unha xestin mis previsible e eficiente dos cultivos, reducindo perdas, tempos de clasificacin e xeracin de residuos e beneficiando tanto os produtores como as industrias asociadas, como a conserveira.

No mbito social, o proxecto reforza a resiliencia do sector fronte ao cambio climtico, contribúe seguridade alimentaria e xera novas oportunidades de emprego nas zonas costeiras. Ao garantir cadeas de subministracin mis estables, MytSeed ofrece un modelo viable e sostible para o futuro da acuicultura do mexilln, un sector no que Espaa lidera a producin a nivel europeo.

Finalmente, os resultados cientficos e tecnolxicos do proxecto sentarn as bases para o impulso dunha spin-off, actualmente en fase de constitucin, dedicada producin de semente de mexilln en criadeiro, co obxectivo de transferir o coecemento xerado ao tecido produtivo e ofrecer solucins reais e aplicables industria acucola.