DUVI

Diario da 鶹

Nunha exposicin inserida na programacin da mostra ‘Galiza Coimbra 2025’

A profesora Silvia Garca traslada a Coimbra o legado de Daz Pardo

Propn un percorrido pola súa traxectoria a través obras, fotografas ou documentos persoais 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Pontevedra 27/10/2025

No ano no que se lle dedica o Da das Artes Galegas, a 鶹 rendeu homenaxe ao traballo e legado de Isaac Daz Pardo a través dunha exposicin comisariada pola profesora da Facultade de Deseo Silvia Garca, presentada o pasado mes de xuo no edificio Redeiras. Baixo o ttulo de Isaac Daz Pardo. Deseo, memoria e compromiso, esta mostra traza un percorrido pola vida e obra deste artista, intelectual e empresario a través de bocexos de obras, pezas de cermica, fotografas, publicacins ou documentos persoais. Con ese mesmo obxectivo de contribur a difundir o traballo e legado dunha figura fundamental “para comprender o deseo galego da última metade do século XX”, a exposicin trasldase nestas semanas cidade portuguesa de Coimbra. Inserida na programacin da mostra Galiza Coimbra 2025, esta exposicin pode visitarse ata o 28 de novembro no Centro de Documentacin e Informacin da Cena Lusfona, a Asociacin Portuguesa para o Intercambio Teatral. Isto motiva que aos materiais da mostra orixinal se sumen nesta ocasin novos documentos que permitan afondar “na relacin de Daz Pardo co teatro”, como sinala a súa comisaria.

De feito, esa relacin co teatro constitúe tamén o punto de partida da presenza desta exposicin dentro dunha mostra promovida pola Cena Lusfona e a Escola da Noite. Nela insrense unha seleccin de espectculos escénicos e outra serie de actividades artsticas e formativas que teen como obxectivo aproximar as comunidades artsticas de Galicia, Portugal e outros pases da lusofona. Como lembra Garca, a imaxe empregada para o cartel desta exposicin é unha fotografa de Daz Pardo e Luis Seoane cunhas mscaras deseadas para a obra Castelao e a súa época, “que a estrearse en 1969 en Coimbra”, baixo a direccin de Ricard Salvat, “e que foi censurada”. 

Un percorrido pola súa traxectoria

A través de diferentes materiais, a mostra percorre a traxectoria de Daz Pardo desde a súa primeira etapa como pintor, da que se amosan varias fotografas e documentos, que permiten coecer como “deixou de ser un pintor de éxito en Madrid” para impulsar en Sada o proxecto de Cermicas de Castro, lembra Garca. Diferentes pezas cermicas permiten achegarse tanto traxectoria desta empresa como ao posterior impulso, xunto con Seoane, do Laboratorio de Formas, e recuperacin da fbrica de Sargadelos. A proposta achégase tamén ao labor de Edicins do Castro e ao Instituto Galego de Informacin, que faise presente a través da fotografas e documentacin do seu escenario circular, que Garca suma a esta exposicin nesa idea de afondar nas conexins de Daz Pardo co teatro.

Con ese mesmo propsito, incorpora tamén algúns dos carteis que realizou para a compaa Sarabela, xerras co retrato de Mara Casares ou materiais pertencentes ao propio Centro de Documentacin e Informacin da Cena Lusfona, como ilustracins realizadas para libros de teatro ou un exemplar do xornal Galicia, publicado en 2008 pola asociacin cultural Arredemo. Trtase, lembra Garca, dunha publicacin realizada “cando apartaron a Isaac das súas empresas” e que plasma o “o movemento social que houbo para reivindicar” a súa figura.

Resultado do labor de investigacin desenvolvido por Garca sobre a figura deste persoeiro, a investigadora recoece como “unha alegra” que esta exposicin fose seleccionada para formar parte desta programacin, inaugurndose poucos das despois de que clausurase outra exposicin en Portugal. Desenvolvida co apoio da 鶹, a profesora da Facultade de Deseo presentara previamente na Biblioteca Municipal de Évora a mostra Histrias que viajam, na que reunu unha escolma de libros infants de diferentes pases.