Impulsada pola Vicerreitora de Extensin Universitaria, co apoio da Deputacin de Pontevedra
A primeira parte do ciclo A lingua galega no cinema remata esta semana cunha sesin de curtametraxes
O xoves no edificio Cambn s 19.00 horas coa proxeccin de cinco pezas audiovisuais
Este xoves, 9 de maio, remata a primeira parte do ciclo A lingua galega no cinema, unha actividade impulsada pola Vicerreitora de Extensin Universitaria, co apoio da Deputacin de Pontevedra, e coordinada polo director e crtico Simone Saibene, e farao cunha sesin dedicada integramente ao mundo das curtametraxes.
Ás 19.00 horas, no edificio Cambn, Centro de Visitantes do Parque Nacional Illas Atlnticas de Galicia, proxectaranse Xoves de comadres, de Noem Chantada; Mentres iso pasa, de Nacho Ozores; Sandwich Cat, de David Fidalgo; A rabia, de Alberto Daz; e Nena, de Xosé A. Tourin e Jairo Iglesias. Nesta cita estarn presentes os directores e directoras das obras e, posteriormente, haber un coloquio co público, moderado polo crtico e programador Severiano Casalderrey e a profesora da 鶹 Aroa Vzquez. A entrada é de balde ata completar a capacidade.
Boa participacin na primeira parte do ciclo
A primeira parte do ciclo A lingua galega no cinema desenvolveuse nos meses de abril e de maio cunha boa participacin. Comezou o 2 de abril coa proxeccin de Os espazos en branco, de Bruno Arias, gaador do premio ao mellor documental nos últimos Mestre Mateo. Nesta peza o director trata de recuperar a memoria da súa ta, a poetisa Xela Arias, que faleceu cando el tia 5 anos e a que apenas lembra. Ao longo das sesins tamén se proxectaron Pelerinaxes, A illa das mentiras e O soo da sult; estas últimas coa presenza da actriz Victoria Teijeiro e da produtora Chelo Loureiro, gaadora de catro premios Goya. O ciclo tamén contou cunha mesa redonda titulada A lingua animada en Galicia, sobre o extraordinario momento que est a vivir o cine de animacin en Galicia.
Anda coa sesin pendente deste xoves, o coordinador, Simone Saibene, amosa a súa satisfaccin pola acollida desta primeira parte do ciclo, xa que “os encontros co público foron moi estimulantes e enriquecedores. O público vigués respondeu con moito interese e participou activamente nos interesantes debates que seguiron s proxeccins. O cine galego est a vivir un dos seus mellores momentos e o ciclo demostrou unha vez mis a súa excelencia a través de obras de diferentes formatos e xéneros”.
Pola súa banda, Susana Reboreda, vicerreitora de Extensin Universitaria da 鶹, tamén traslada a súa satisfaccin cos resultados desta innovadora experiencia, “que amosa que a nosa lingua est presente de forma significativa nun dos eidos mis relevantes da cultura, o cinema”. Ademais, celebra a aposta que fan polo galego desde as direccins e as producins da sétima arte.
A mesma satisfaccin maniféstaa a vicepresidenta da Deputacin de Pontevedra, Luisa Snchez, tralo éxito de crtica e público dun ciclo que, segundo sostén, “foi testemua do bo momento que est a atravesar o noso cinema e en xeral todo o noso sector audiovisual”. Engade a responsable provincial que “tivemos unha oportunidade única de coecer algúns dos maiores expoentes deste gran momento tanto a nivel creativo, como de recoecementos e comercial, e poder coecer un pouco mellor aos nosos cineastas e o que nos quixeron contar a través da pantalla”.
O ciclo ter unha segunda parte o vindeiro outono.
