DUVI

Diario da 鶹

A ferramenta est a ser desenvolvida por grupos de investigacin da 鶹

A plataforma dixital EmpowerTasks ofrecer a persoas con diversidade intelectual oportunidades de emprego a través de microtarefas e servizos en remoto

Conta cunha axuda de Indra Group e Fundacin Universia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Diversidade
  • TIC
  • Աپ
DUVI Ourense 09/01/2026

Unha plataforma dixital inclusiva deseada para que persoas con diversidade intelectual poidan acceder a oportunidades de emprego a través da realizacin de microtarefas dixitais e servizos en remoto. Esta é a proposta de EmpowerTasks, un proxecto que est a ser desenvolvido por varios grupos de investigacin da 鶹. 

A iniciativa, que ten unha duracin dun ano, foi unha das propostas gaadoras da IX Convocatoria de Axudas a Proxectos de Աپ en Tecnoloxas Accesibles realizada por Indra Group e Fundacin Universia. Dirixida a grupos de investigacin, centros universitarios e escolas de negocio adscritos a universidades espaolas, esta convocatoria ten como obxectivo promover o desenvolvemento de tecnoloxas innovadoras que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade, facilitando a súa inclusin social e laboral. A axuda acada por EmpowerTasks ascende a 25.000 euros, con parte de financiamento para unha entidade colaboradora no proxecto, que é Down Galicia.

Os grupos de investigacin da 鶹 que participan desde a Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense en EmpowerTasks son dous. Trtase do Grupo de Estudos en Traballo Social: Աپ e Transferencia, con Rubén Gonzlez como investigador principal do proxecto, e o grupo Reflexin, Innovacin, Transferencia e Mellora Educativa, liderando a súa participacin Almudena Alonso. Tamén colabora persoal da Universidade de Santiago de Compostela e a Unidade de Emprego e Emprendemento da 鶹, a través da súa directora, Maruxa Álvarez. Igualmente, a iniciativa “conta con avais internacionais que posibilitan unha validacin da ferramenta no territorio de Portugal, a través do Instituto Piaget e o Instituto Politécnico de Leiria”.

Fomentar a autonoma econmica

O proxecto EmpowerTasks, comenta o equipo da 鶹, “nace como resposta s barreiras estruturais que dificultan a participacin das persoas con discapacidade intelectual no mercado laboral, especialmente en sectores emerxentes ou dixitalizados”. Mediante esta plataforma búscase “fomentar a autonoma econmica destas persoas a través dunha proposta viable, escalable e con impacto social real” ao mesmo tempo que se ofrece a empresas e institucins con vocacin social unha canle para colaborar como parte da súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), contribundo activamente inclusin laboral.

Neste marco de traballo, EmpowerTasks quere ser “unha proposta tecnolxica accesible, escalable e de baixo custo que permitir s persoas usuarias explorar o seu potencial, adquirir novas competencias e realizar tarefas aliadas cos seus intereses e fortalezas, previamente mapeadas mediante un proceso participativo”. As, a plataforma est sendo deseada para facilitar que persoas con diversidade intelectual, poidan acceder a oportunidades de xeracin de ingresos mediante microtarefas e servizos dixitais realizados en remoto. “A solucin integra un itinerario de formacin accesible e un asistente baseado en intelixencia artificial que acompaa ao usuario en todo o proceso, desde a aprendizaxe ata a execucin de tarefas”, comentan desde o proxecto. 

A proposta presentada, explican desde a súa organizacin, formúlase desde unha ollada interdisciplinar na que participan reas diferentes (educativas, sociais, de saúde, informtica, etc.), coa idea de que realicen desde cada un destes eidos “achegas substanciais necesarias para que a plataforma sexa o mis inclusiva posible e que permita dar resposta aos obxectivos formulados”.