DUVI

Diario da 鶹

A exposicin ‘Do final e do comezo’ acolle cada venres visitas guiadas abertas ao público

Os procesos creativos que se desenvolven en Belas Artes, nas verbas dos propios artistas

A mostra reúne as obras de 26 novos titulados e tituladas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Visitas
  • Cultura
DUVI Pontevedra 22/09/2022

Ata o 30 de outubro pode visitarse no Pazo da Cultura a exposicin Do final e do comezo, unha mostra que reúne os proxectos artsticos que 26 novos titulados e tituladas en Belas Artes desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao (TFG). Comisariada pola artista e docente da facultade Basilisa Fiestras, coa participacin na coordinacin técnica das tamén egresadas da facultade Alexandra R. Rey e Mara Gar, a exposicin que cada ano reúne unha seleccin dos TFG realizados na facultade pon nesta edicin foco nos propios procesos de investigacin e experimentacin que dan lugar a obras nacidas como traballos académicos. Coa idea, como apunta Fiestras, “de que a xente se achegue o Pazo e poida coecer de primeira man o discurso dos artistas”, a exposicin acolle cada venres s 18.00 horas unha visita guiada, aberta a todo o público interesado, na que as coordinadoras estn acompaadas por parte dos artistas.

Esta iniciativa levouse a cabo por primeira vez a pasada semana e completouse cunha performance por parte dun dos titulados participantes na mostra e continúa este venres cun novo encontro no que presentarn as súas obras as graduadas e graduados Sandra Gutiérrez, Andrea Mosquera, Uxa Gonzlez, Mae Pérez e Manuel Rial. Abertas ao público sen necesidade de inscricin previa, estas visitas guiadas continuarn desenvolvéndose cada venres, s 18.00 horas, ata o 23 de outubro. Á semana seguinte, o domingo 30,Do final e do comezo desenvolver o seu acto de clausura, para o que est prevista a participacin de varios das e os artistas participantes, as como unha mesa de debate.

Estas visitas abertas súmanse súa vez, como explica a comisaria da exposicin, s organizadas nestas semanas para estudantes de diferentes niveis educativos, desde alumnado de diferentes materias do grao en Belas Artes a un grupo de nenos e nenas do CEIP A Xunqueira I.

Fra das visitas guiadas, Do final e do comezo pode visitarse de martes a venres en horario de 18.00 a 21.00 horas, os sbados de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas.