A primeira edicin deste obradoiro de Extensin Universitaria ten case todas as prazas cubertas
Unha oportunidade para achegarse cultura e ao idioma de Xapn
Un dos bloques temticos céntrase nas oportunidades de traballo que ofrece o pas
A lingua, a caligrafa, a comida, as artes marciais, o manga... son moitos os aspectos da cultura xaponesa que espertan o interese da cidadana occidental. Boa mostra disto é que o obradoiro de Extensin Universitaria sobre o pas nipn que se estreou este cuadrimestre cubriu case todas as prazas. As clases comezaron a comezos deste mes, pero debido crise do coronavirus a súa programacin viuse alterada facendo que as cinco clases restantes se pospoan ata novo aviso. Nas sesins que tiveron lugar ata agora e nas que estn por vir as e os participantes coecern diversas tradicins xaponesas, como a danza, o teatro ou a caligrafa, as como as oportunidades de traballo que ofrece este pas asitico.
A idea de poer en marca este obradoiro naceu dun ciclo de conferencias sobre o Xapn que tivo lugar en institutos da contorna da man dos dous docentes do curso, Eliezer Rajoy, profesor de idiomas e tradutor e Marcos Loureiro investigador en matemticas aplicadas cardioloxa e docente do departamento de Matemtica Aplicada da 鶹. Rajoy explica que, nestes relatorios “vimos que haba un público con vontade e ganas de aprender sobre a cultura xaponesa e propuxémoslle un obradoiro 鶹”. Segundo sinala o profesor e tradutor, esta plataforma non pretende ser usada para ensinar o idioma, dado que “xa existe un curso de xaponés na Universidade co que non nos podemos nin queremos solapar”, senn que se trata dunha actividade que ten como obxectivo “achegar nocins de cultura e lingua pero sen un enfoque estritamente didctico-lingüstico”.
Aprender sobre xeografa, historia, cultura, sociedade, idioma e curiosidades de Xapn e dos xaponeses
No obradoiro participan 13 persoas, con perfs moi variados “tanto polas razns para asistir, como no rango de idades”, remarca o docente. Ao longo das sesins abrdanse temas como a historia da linguaxe xaponesa, a xeografa, a historia, a cultura e as expresins culturais, a sociedade, o idioma e as curiosidades de Xapn e dos xaponeses. Eliezer Rajoy define a configuracin destes contidos como “bastante particular”, xa que “ten tanto unha aproximacin puramente terica, no caso da historia, como tamén prctica onde veremos, por exemplo, problemas de traducin”.
No que se refire ao idioma, explica Rajoy que o estudantado non precisa ter nocins da lingua xaponesa, e comezarase dende cero, dende silabarios a formas de escritura, ideogramas e caligrafa (hiragana, katakana, kanji). “Consideramos que sendo un obradoiro de nova creacin cumpra antes ver que tipo de alumnado se matriculaba”, anda que non descartan a idea de, en prximas edicins, “diversificar un pouco o currculo para as poder profundar nalgúns contidos”. Outros dos aspectos que se abordan neste curso son os fallos mis habituais nos intercambios sociais cos xaponeses e os problemas de adaptacin. As, entre outras cousas, coecern a linguaxe honorfica e respectuosa no pas nipn. A maiores, as e os participantes tamén farn unha aproximacin ao mundo audiovisual a través do cine, o manga ou o anime xa que “moitas persoas teen curiosidade por estas tendencias do Xapn actual”.
Como atopar traballo en Xapn
No tramo final do curso haber tempo tamén para coecer o mercado laboral xaponés, algo de especial interese para aquelas persoas que estean valorando traballar no pas asitico. Eliezer Rajoy explica que “é un pas cunha baixa taxa de desemprego que se ten que enfrontar a un avellentamento moi forte da poboacin”, polo que un dos sectores mis demandados é a atencin terceira idade, e “seguro que han precisar man de obra cualificada para atender os posibles baleiros que aparezan nun futuro”. Anda as, “concretar postos laborais accesibles a estranxeiros faise moi complicado. Achegaremos casos e estratexias xerais que adoitan funcionar, pero non hai un remedio infalible para atopar traballo en Xapn, nin en ningures”, conclúe o docente.
