DUVI

Diario da 鶹

A Olimpada de Qumica converte un cento de estudantes de secundaria en cientficos e cientficas por un da

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • Estudantado
  • Visitas
  • Estudantes
M. Del Ro DUVI 17/06/2025

Dende analizar probas forenses para resolver un crime ata un scape room ou un rosco cientfico. A ma deulle para moito aos mis de 100 estudantes de 3º e 4º da ESO que este martes participaron no campus de Vigo na Olimpada de Qumica. Procedentes de dez institutos tanto de Vigo como de localidades da comarca como Moaa, Nigrn ou Baiona, afrontaron diferentes probas relacionadas, dun xeito ou outro coa qumica e as súas aplicacins prcticas. 

A idea de poer en marcha esta actividade con institutos xurdiu hai xa catro anos, como explica a decana da Facultade de Qumica, Ángeles Pea, e cada vez atrae a mis mozos e mozas, dobrando nesta ocasin a participacin do ano pasado, e con varios centros que participaban por primeira vez. O obxectivo, explica, “é espertar vocacins e amosarlle ao alumnado que est a rematar a educacin secundaria obrigatoria que a ciencia e, en particular, a Qumica “pode ser moi divertida”. 

Logo das dinmicas de presentacin e divididos en grupos cun estudante de cada centro para fomentar tamén a interaccin, comezaron as diferentes actividades. Nos laboratorios deban enfrontarse, emulando o traballo da polica cientfica, a un asasinato. Entre probetas, reactivos e tubos de ensaio e partindo da probas atopadas na escena do crime, deban resolver o crime. Mentres, outros grupos completaban unha xincana e un scape room grazas aos seus coecementos da qumica ou resolvan pasatempos ou un rosco cientfico. A medioda chegaba a hora da proba final e da entrega de premios, resultando gaador o equipo Materiais de transicin. A xornada rematou cunha comida conxunta no comedor da facultade.

Ademais de recibir material promocional, os gaadores podern participar nunha visita aos laboratorios da facultade e dos centros cientficos asociados CINBIO e CIQUS, aos que podern ir acompaados por algún amigo ou familiar. 

Catro anos incrementando as vocacins pola Qumica

Tras catro anos organizando a Olimpada de Qumica, a decana da facultade non dubida en afirmar que esta actividade cumpre, e con creces, o seu propsito. “Cremos que xunto coas visitas ao centro e as actividades nas que participamos como StemBach, estamos a mellorar o interese polo Grao en Qumica”. Neste tempo incrementouse a nota de entrada e a porcentaxe de estudantes que elixen esta titulacin como primeira opcin. De feito, na enquisa que o centro realiza cada ano na xornada de benvida para o alumnado de novo ingreso “preguntamos se vieron a visitar a facultade con estas actividades e mis do 40% dixeron que si o ano pasado”.

Ademais engade Pea, este tipo de iniciativas “xeran un ambiente xenial na facultade” e salienta a “importante implicacin” de PDI, PTXAS e estudantes que colaboran como monitores de cada un dos grupos.