O Campus Universitario Ourense xoga o domingo o primeiro encontro desta tempada
Oito meses despois, volve a competicin de rugby
Recibir ao equipo navarro La Única RT
Despois de oito meses de parn debido ao impacto da covid-19, a competicin de rugby volve a Ourense. O Campus Universitario Ourense Rugby Club xoga o domingo 25 de outubro o seu primeiro encontro desta tempada, onde volve a competir na divisin de honra B so rugby estatal. O partido, que se disputar no campo de fútbol-rugby do campus de Ourense, ser contra o equipo navarro La Única RT, de Pamplona, que ascendeu recentemente a esta categora.
Segundo explican desde o club universitario, o equipo afronta esta tempada continuando con David Monreal como adestrador e dando continuidade aos xogadores da anterior tempada. Debido s medidas de loita contra a covid-19, indican desde a entidade, este ano a renovacin do equipo queda limitada chegada de catro ou cinco xogadores procedentes todos eles da xeografa galega ou estatal, non sendo posible este ano o tradicional reforzo con xogadores procedentes de Nova Zelandia.
Unha liga diferente
O obxectivo desta tempada, comentan desde o Campus Universitario Ourense Rugby Club, é “estar entre os seis primeiros” equipos. Nesta edicin marcada pola pandemia, indican, “a liga xgase de maneira diferente”. As, detallan, haber unha primeira volta de once partidos, dos que cinco ou seis, segundo o sorteo, se xogarn na casa. Logo, apuntan, haber unha segunda volta na que os seis primeiros clasificados xogarn unha especie de liguia entre eles e os seis últimos outra, posibilitando a celebracin de menos partidos e menos desprazamentos. Neste contexto, desde o equipo ourensn aspiran a quedar entre os seis primeiros na primeira ronda e na segunda “na mellor posicin posible”, tendo en conta, sinalan, que “a divisin de honra é complicada, xa que a maior parte dos equipos son profesionais”. En todo caso, apuntan desde o club, “a nosa intencin é estar a arriba e manternos como o mellor equipo galego”.
Respecto ao encontro que se disputar o domingo e que ter lugar s 12.00 h, a asistencia de público estar regulada polas medidas de loita contra o coronavirus indicadas polas autoridades pertinentes. Ao igual que os adestramentos dos equipos se realizan seguindo un protocolo anti-covid, o desenvolvemento do encontro farase de acordo, tal e como indican desde o club de rugby ourensn, a un “protocolo estrito” que inclúe, entre moitos outros aspectos, que os xogadores teen que ter resultado negativo nas pertinentes probas de deteccin do coronavirus.
