DUVI

Diario da 鶹

O músico Bosco Gil imparte 'Palabras mxicas: a vida secreta da cancin de amor'

Un obradoiro para descubrir a maxia, a verdade e o encanto misterioso e inefable da cancin de amor

Dentro da programacin da Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Mara Álvarez DUVI 11/11/2021

O interese pola música, nomeadamente pola cancin de amor, e por sentila en primeira persoa son o catalizador do éxito que est a acadar o obradoiro dirixido por Susana Rodrguez Barcia, profesora do Departamento de Lingua Espaola, e impartido polo músico Bosco Gil de Grate, Palabras mxicas: a vida secreta da cancin de amor. No curso, que forma parte da programacin de obradoiros do primeiro cuadrimestre que organiza a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria se pretende que os e as participantes se “acheguen a esa entidade mxica que é a música de amor e descubrir esa vida secreta en ns, dende ns mesmos”,explica Gil de Grate. Partindo desta idea, as clases teen como obxectivo que o alumnado,14 persoas que esgotaron as prazas s poucas horas de abrirse a matrcula, faga unha introspeccin e, dende a, entender e analizar as diferentes pezas musicais que se lles presentan na aula.

As vivencias persoais como punto de partida nas anlises

Para Gil de Grate“o amor é un concepto tan xenérico, e ao mesmo tempo, tan individual” que nas anlises que realizan os alumnos e as alumnas “detéctase unha polaridade tremenda, que, obviamente, est asociada experiencia persoal de cada un”. De feito, “a temtica é tan universal e humana” que favorece a que as e os asistentes ao do obradoiro tean un perfil moi heteroxéneo, pois o “alumnado ten idades que oscilan entre os 26 e os 73 anos” e, ademais, todos, pertencen a mbitos moi diferentes coma o son “o da tecnoloxa, a educacin, os medios ou a administracin”.

O concepto de amor na música como eixo central do obradoiro, fai que o alumnado, explica o docente,se implique mis no obradoiro contando vivencias persoais coas que explicar o seu punto de vista ou interpretacin e, deste xeito, tentar atopar entre todos “puntos en común na lrica dos diferentes xéneros musicais”. De feito, no grupo, como afirma Bosco Gil, “xa hai unha relacin de amizade, creouse unha contorna familiar”, a pesar de que tan s leven cursada a metade do obradoiro.

O amor na historia da música

Ao longo dos anos, a nocin de amor mudou moito, e como di Gil de Grate, “na música, se nos cinguimos aos últimos 100 anos de historia, o final da década de 1960 rompeu con todos os esquemas preestablecidos. O seu conflito, a súa exaltacin da liberdade, da experimentacin e, sobre todo, o feitizo das súas cancins cambiaron o panorama ao que estabamos afeitos coma ontes”, explica o músico.

O músicoconsidera ademais que nas cancins de amor hai algo inherente a todas as épocas: “o receo cara elas” e opina que estas “adoitan ser infravaloradas cando estamos en público, pero que, despois, na nosa intimidade, atravésannos, revlvennos e emocinannos”. As mesmo, o profesor sinala que non hai un prototipo establecido de cancins de amor, xa que, nas súas verbas “é unha experiencia absolutamente persoal”. Non obstante, baixo o seu punto de vista, toda cancin que se adscriba ao amor como concepto ten que ter “maxia, verdade e un encanto misterioso e inefable”.

Descubrir ‘a vida secreta’ dende ns mesmos

A estrutura de cada unha das sesins do obradoiro combina breves exposicins de historia, anlises da cancin de amor con interpretacins en directo e prcticas compositivas realizadas coa colaboracin de todo o grupo. Nas clases, por exemplo, afndase en ideas como que “a grandes trazos, o bolero recréase mis nas experiencias erticas e no anhelo, o blues na perda e no desengano e o rock and roll nas sensacins e na exaltacin xuvenil”. As mesmo, Bosco Gil de Grate fai fincapé en que estas observacins e debates que se manteen nas aulas teen o obxectivo de que esa ‘vida secreta’ que se atopa detrs das historias de amor “sexa descuberta dende ns mesmos e dende as nosas vivencias”.

De feito, os prototipos de cancins de amor, varan moito segundo a nosa experiencia vital, mais segundo o punto de vista do músico, algunhas das mellores cancins de amor son The look you gave de Grace Cummings, Lilac Wine de Nina Simone e I’ll be your mirror de The Velvet Underground & Nico. Non obstante, e como proba desta subxectividade da que fala, entre as preferencias do alumnado, ata o momento, sobresaen artistas de xéneros tan dispares coma Billie Holiday, Leonard Cohen e The Beatles.