DUVI

Diario da 鶹

‘Formas de atrapar unha sombra’ inaugurase esta tarde e pode visitarse ata o 23 de febreiro

A nova exposicin da Sala Manuel Moldes detense na experimentacin que leva creacin artstica

Reúne pezas de Nono Bandera, Salvador Cidrs, Emilia Guimerns e Maite Leyún

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 22/11/2023

Con independencia das técnicas empregadas e da obra resultante, o proceso creacin artstica implica unha experimentacin, unha exploracin dos lmites e posibilidades expresivas de diferentes materiais na que pon o foco Formas de atrapar unha sombra, a nova exposicin da Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Co artista e investigador da Facultade de Belas Artes Marcos Covelo como comisario, esta mostra reúne obras de Maite Leyún, Emilia Guimerns, o profesor deste centro Nono Bandera e o exalumno Salvador Cidrs. Todas elas defnense pola utilizacin da cermica como punto de partida dun “uso intuitivo e experimental do proceso artstico, que se manifesta como unha pulsin natural, prxima necesidade”, como destaca Covelo, que incide en que o propsito desta mostra é afondar nesa “sensacin, incluso obsesiva, que experimenta un artista cando busca recursos de calquera tipo para poder construr unha idea”.

A exposicin, inaugurada este mércores e que poder visitarse ata o 23 de febreiro, toma como punto de partida o mito de Kora, narrado polo escritor romano Plinio o vello. Este, como lembra Covelo, atribúe a orixe da pintura ao momento no que Kora “quixo inmortalizar a imaxe do seu amante ao ver proxectada a sombra do seu rostro sobre a parede”, na que trazou o perfil da súa cara, sobre o que logo seu pai, o artesn Butades de Sicin, botou arxila, dando relevo ao seu rostro. “Ao igual que a intencin de Kora non foi realizar un debuxo, escultura ou pintura, senn rexistrar o recordo dun momento, cada unha das obras que compoen a mostra designan unha intencin mis prxima experimentacin do medio que o propio resultado da obra en si”, destaca Covelo, que esta tarde inaugura a exposicin xunto ao coordinador da Sala Manuel Moldes, Ignacio Pérez-Jofre.

Catro formas de atrapar unha sombra

Anda que todas as obras reunidas nesta exposicin teen en común o uso da cermica, cada unha permite achegarse a procesos e intereses dispares. No caso das dúas pezas de Nono Bandera, a arxila preséntase como “un soporte mis onde continuar o debuxo”, dando lugar a unhas obras que se aproximan idea dun “debuxo tridimensional”, como destaca Covelo. Coa idea de achegarse a procesos creativos de artistas formados na facultade, a exposicin presenta as creacins dun egresado cun “percorrido artstico moi recoecido”, como Salvador Cidrs. Resultantes tamén dun proceso de experimentacin das posibilidades da cermica, este artista presenta dúas pezas que dialogan entre si e que, a pesar do seu carcter escultrico, defnense tamén por “unhas reminiscencias pictricas moi fortes”.

Co propsito de sumar unha mirada sobre como traballan coa cermica noutros puntos, a mostra presenta unha instalacin da artista navarra Maite Leyún, profesora do Mster en Cermica da Universidade do Pas Vasco (UPV/EHU). Nela pode lerse a frase Too old to die young (demasiado vello para morrer novo), construda con pezas que semellan “uns globos de festa, pero pintados todos en negro”, xerando unha “serie de tensins de significados e significantes”, como sinala Covelo. A exposicin complétase cunha peza que a ceramista Emilia Guimerns foi incorporando sucesivas capas de esmaltado, “deixando algunhas pegadas previas e outras borradas expresamente”. Froito dun proceso de experimentacin, que se distancia do traballo “ortodoxo” no taller, esta obra pon de relevo “a beleza do inacabado”, como apunta Covelo.