DUVI

Diario da 鶹

O volume coordinado pola docente Iria Vzquez Silva preséntase este xoves

'Non nacemos para coidar', unha aproximacin multidisciplinar realidade dos coidados desde a perspectiva feminista

Reúne oito traballos cos temas mis candentes sobre o traballo de coidados

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 23/04/2025

“Se existe unha verdade universal é aquela que manifesta que as mulleres-a metade da humanidade-, se teen encargado moi maioritariamente dos coidados e da crianza da proxenie, as como do fogar onde crecen. Esta verdade, que podera ser considerada a mis importante da historia dos seres humanos é, sen embargo, unha realidade que ten lastrado o pleno desenvolvemento das mulleres”. As comeza o limiar de Usos do tempo e coidados. Coidar para vivir ou vivir para coidar?, un artigo da docente, investigadora e directora do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigacin e Transferencia (GETS-IT) da 鶹, Carmen Verde-Diego, no que percorre desde o rol das mulleres e os coidados na Espaa franquista até a actualidade, ademais de afondar nas caractersticas e evolucin do Sistema para a Autonoma e Atencin Dependencia e como o roles normativos de xénero seguen presentes nos coidados.

O traballo de Carmen Verde-Diego é un dos sete que integran Non nacemos para coidar. A realidade dos coidados desde unha perspectiva de xénero, un volume coordinado pola docente e investigadora do Grupo GETS-IT Iria Vzquez Silva e editado polo Servizo de ʳܲԲ da 鶹 que este xoves, 24 de abril, se presentar na Facultade Comercio, nun acto que comezar s 18.00 horas. “Con este volume preténdese dar a coecer investigacins realizadas por investigadores e investigadoras da 鶹 sobre a realidade dos coidados desde unha perspectiva feminista: tanto desde o eido lexislativo, sociolxico, econmico ou da historia... Trtase de achegar ao público unha publicacin cos temas mis candentes sobre o traballo de coidados na nosa sociedade”, explica a coordinadora e autora dun dos captulos do libro.

Unha obra colectiva e multidisciplinar

Ao longo de 150 pxinas, as autoras e autores especializados en Historia, Dereito, Socioloxa, Economa e Traballo Social percorren os coidados desde diferentes enfoques, “todos eles necesarios para comprender a súa complexidade”, asegura Iria Vzquez en relacin coas achegas Andrea Mourio Schick, Carmen Verde-Diego, Jaime Cabeza, Olga Alonso-Villar, Coral del Ro, Sabela Pérez-Martn, Javier de Cominges Cceres e Águeda Gmez.

“Valorouse a diversidade de disciplinas e enfoques sobre o traballo de coidados; ademais, contamos con investigacins recentes e punteiras nesta temtica. Por exemplo, recllese a nova lexislacin sobre as empregadas de fogar e como foi o litixio estratéxico para acadalo; a insercin socio-laboral das mulleres inmigrantes neste eido ou unha valoracin da aplicacin da lei de dependencia. Trtase de ofrecer unha panormica sobre a situacin dos coidados no noso contexto”, detalla a coordinadora do volume, que arranca cun Receitario para deconstrur o androcentrismo na (Pre)Historia: o coti como perspectiva, un traballo no que Andrea Mourio desenterra estereotipos vinculados a etiquetas como as “tarefas do fogar” ou “actividades secundarias”, poendo en valor a súa significacin social en calquera grupo humano ao longo da historia.

Desde a rea do Dereito, o catedrtico Jaime Cabeza Pereiro achega en Enfoque dos coidados no eido laboral e discriminacin de xénero un percorrido sobre o conflito entre as obrigas no eido laboral e as que se sosteen no mbito familiar, abordando ademais cuestins como a conciliacin e o teletraballo, ou o vnculo entre conciliacin e fenda salarial. As economistas Olga Alonso-Villar e Coral del Ro, pola súa banda, ofrecen en Dime o teu sexo (e nacionalidade) e direiche onde traballas unha anlise pormenorizada do grao de feminizacin das ocupacins mis estreitamente vinculadas cos coidados en Espaa, distinguindo o papel xogado polas mulleres nativas e as inmigrantes.

Mentres, no traballo asinado por Vzquez Silva e Sabela Pérez-Martn As cadeas globais dos coidados. O patriarcado alén das fronteiras, as autoras reflexionan sobre como diferentes sistemas de opresin, o patriarcado e o capitalismo colonial, se entrecruzan demandando “coidadoras” que emigran dun continente a outro, deixando atrs outros baleiros de coidado, que sern cubertos por outras mulleres anda mis precarias. Mentres, Javier de Cominges céntrase en As que limpan. Unha visin europea da discriminacin por razn de xénero na historianun caso xurdico estratéxico, facendo un percorrido pola situacin das empregadas de fogar en Espaa e a súa discriminacin por razn de xénero no acceso s prestacins.

O volume remata con A maxia dos coidados no espazo común da vida, un traballo no que a docente e investigadora e ex directora da Unidade de Igualdade da 鶹, Águeda Gmez, reflexiona sobre a existencia e o funcionamento de sociedades onde o colectivismo e a axuda mutua son centrais, facendo para iso un percorrido por diferentes contextos culturais.

Poer os coidados no centro para acadar a iguadade

“Por unha banda, precisamos un reparto dos coidados entre homes e mulleres no eido familiar; pero tamén un compromiso das institucins para seguir lexislando a prol dos dereitos de conciliacin. Ademais, as traballadoras no eido do emprego do fogar e dos coidados merecen un salario acorde coa relevancia do seu labor, as como un recoecemento social do seu traballo. Aqu queda moito camio por percorrer”, reflexiona Iria Vzquez Silva.

Para a coordinadora e autora dun dos artigos de Non nacemos para coidar, poer os coidados no centro é unha ferramenta mutiplicadora para acadar a igualdade. “Supn falar do noso dereito ao auto-coidado, do reparto igualitario do traballo dentro do fogar, da esixencia de dereitos laborais das empregadas do fogar, etc. Non nacemos para coidar entra a fondo nestes debates, apostando por unha dignificacin das súas condicins laborais, fronte a unha (perigosa) ‘ética reaccionaria dos coidados’ que supostamente valora o traballo que as mulleres facemos, mais pasando por unha renuncia do noso propio benestar para servir a outros, ese ‘ser-para-outros’ perverso do que xa nos advertira Simone de Beauvoir en 1949”, sinala Iria Vzquez.