DUVI

Diario da 鶹

A ata agora directora da Unidade de Igualdade est especializada en nesgos de xénero na ciencia

Nomean profesora Águeda Gmez asesora cientfica do Ministerio de Igualdade

Forma parte dun conxunto de 22 asesores do Goberno central elixidos entre 1600 persoas candidatas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
DUVI 03/12/2024

Tras seis anos como directora da Unidade de Igualdade da 鶹, a profesora da Área de Socioloxa Águeda Gmez Surez abandona este cargo para incorporarse ao goberno central como asesora cientfica do Ministerio de Igualdade. As se deu a coecer este martes tras a celebracin na Moncloa dun acto de benvida no que o presidente do goberno, Pedro Snchez, e os diferentes ministros e ministras recibiron aos 22 asesores e asesoras cientficas que hoxe se incorporaron aos seus respectivos ministerios.

“En tempos como os actuais, escoitar Ciencia é mis importante que nunca. Por iso, o Goberno de Espaa incorpora hoxe 22 asesores cientficos aos seus ministerios, para que axuden a mellorar a toma de decisins e o deseo de polticas públicas. 12 mulleres e 10 homes de inmenso talento que foron elixidos entre 1.600 candidatos nun proceso codeseado e tutelado pola comunidade cientfica”, explicou hoxe o presidente do Goberno tras darlles a benvida.

A chegada ao goberno deste conxunto de asesores e asesoras forma parte do plan anunciado tras a creacin da Oficina Nacional de Asesoramento Cientfico, ONAC, e ten como obxectivo que “a voz da ciencia” sexa escoitada ao mximo nivel no Executivo e se converta “nun pilar mis na toma de decisins públicas”.

“Para min é unha responsabilidade moi grande e tamén unha honra”

Profesora titular de Socioloxa da 鶹. Águeda Gmez Surez é licenciada en Socioloxa pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Socioloxa pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora académica da Ctedra Feminismos 4.0 DEPO-鶹, est especializada en temas relacionados cos nesgos de xénero na ciencia e a sociedade dixital, a orde sociosexual en sociedades non occidentais, a etnicidade, o sistema prostitucional e as brechas de xénero na academia. Na actualidade, investiga sobre os nesgos de xénero na sociedade dixital.

O nomeamento foille comunicado hai apenas uns das a través dunha chamada telefnica da Presidencia do Goberno, chamada que recibiu con “enorme sorpresa”. “Para min é unha responsabilidade moi grande e tamén unha honra”, admite a docente. Ao novo cargo tentar achegar todos os coecementos e experiencias acumuladas ao longo da súa carreira cientfica, “xunto con toda a paixn e entrega que merece este novo e apaixonante proxecto”.

Ligazn entre a comunidade cientfica e o ministerio

Os 22 novos asesores cientficos ministeriais traballarn a tempo completo nos distintos gabinetes dos ministerios como vogais asesores dedicados ao asesoramento cientfico. As súas funcins principais sern actuar como ligazn entre a comunidade cientfica e o ministerio para identificar temas que requiran asesoramento.
O seu traballo centrarase en crear novos vnculos e espazos de colaboracin entre o Goberno e as universidades e centros de investigacin, en que o coecemento cientfico axude a desear mellores polticas e tomar mis decisins baseadas na evidencia emprica. As mesmo, as e os asesores tamén contribuirn ao desenvolvemento de ferramentas, protocolos e cdigos éticos para crear unha cultura do asesoramento cientfico nas institucins. A rede de asesores estar coordinada pola Oficina Nacional de Asesoramento Cientfico (ONAC) da Presidencia do Goberno, e traballar en estreita colaboracin coa rede de expertos do CSIC, a Comisin Europea e outras redes cientficas internacionais.

Seis anos fronte da Unidade de Igualdade

Ao respecto da súa etapa como directora da Unidade de Igualdade da 鶹, Gmez Surez quere agradecer “moi sinceramente” ex-vicerreitora Maribel Doval, que foi a que en 2018 a propuxo para o cargo e, “por suposto, ao reitor, que me elixiu e confiou en min todos estes anos e cuxo apoio foi esencial para poder levar a cabo todas as actividades e iniciativas que desenvolvemos nestes anos”, as mesmo a “todas as persoas da comunidade universitaria que apoiaron desinteresada e altruistamente todas as polticas de Igualdade”.

Entre estas iniciativas destaca o Distintivo de igualdade, a reducin docente do 100% e 50% nas académicas nais para reducir a ralentizacin das súas carreiras académicas, o Itinerario Virtual de Formacin en Xénero, o estudo do impacto do confinamento en académicas e académicos, a Ctedra Feminismos 4.0 DEPO-鶹, os produtos menstruais gratuitos... “Moitas iniciativas que naceron coa intencin de impulsar as polticas públicas de igualdade na nosa universidade”. De cara ao futuro, considera que debera afondarse e precisar “polticas dirixidas a loitar contra as violencias machistas en xeral na nosa universidade”.