Estivo exposta no Edificio de Ferro desde o pasado 7 de marzo
A mostra Flora, ou a educacin dunha nena na sociedade tradicional despdese do campus
Este martes foi clausurada por Manuel Reigosa, Xosé Manuel Cid e Agustn Escolano
Co gallo da celebracin do 8 de marzo, Da Internacional da Muller, a Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou a exposicin Flora, ou a educacin dunha nena na sociedade tradicional. Despois de varios meses recibindo a visita de numeroso alumnado universitario e de centros educativos da cidade, de asociacins e doutros colectivos, a mostra despdese facendo un balance moi positivo do seu paso por Ourense.
Na súa clausura este martes, Manuel Reigosa, reitor da 鶹, subliou que Flora, ou a educacin dunha nena na sociedade tradicional “é unha exposicin moi acada porque nos permite mirar atrs e darnos conta de que efectivamente temos progresado moitsimo”. Neste senso, recalcou o compromiso no camio cara a igualdade da facultade anfitrioa e do conxunto da institucin académica, apuntando como forma parte do plan estratéxico da 鶹. Pola súa banda, Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educacin e Traballo Social, destacou a importancia de botar man da “historia da educacin tamén para explicar o presente e o futuro” e de dar continuidade “ao esprito do 8 de marzo ao longo de todo o ano”. As, lembrou que o centro ten o distintivo de Igualdade da 鶹 e recalcou que “anda que moitas cousas cambiaron desde Flora anda queda moito camio por percorrer cara a igualdade real entre xéneros”.
No acto, Agustn Escolano, fundador do Centro Internacional da Cultura Escolar de Berlanga de Duero do que proceden os fondos desta iniciativa, explicou que esta mostra “mis que unha exposicin é unha primeira fase dun proxecto, dun programa expositivo”. As, adiantou, se a exposicin que este martes se clausurou centrouse na muller na sociedade tradicional, “a seguinte fase supor un cambio de paradigma, para amosar como se xestou a idea da inclusin, da igualdade, das novas relacins de xénero”. Esta segunda mostra, que levar por ttulo De Flora a Diana, ou o longo camia cara a inclusin, chegar a Ourense despois de ser exposta en Soria e Madrid. O catedrtico xa retirado apuntou por último a importancia de “promover a educacin da cidadana” en temas como a igualdade con iniciativas coma este proxecto.
Entender o camio feito
A exposicin é unha iniciativa do Centro de Investigacin Manes da UNED e o Centro Internacional da Cultura Escolar de Berlanga de Duero (Soria), estando organizada no caso de Ourense pola Facultade de Educacin e Traballo Social coa colaboracin do Concello. Nela amsanse libros de texto e material escolar do século XIX e a primeira metade do XX e faise un percorrido pola educacin da muller nese perodo para “entender o camio feito en igualdade desde entn e contribur a entender a situacin actual”. Complementando os materiais expostos no campus, no centro da cidade, concretamente na rúa do Paseo, puideron verse ao longo destas semanas paneis sobre a mostra.
Nas seis seccins que integran Flora, ou a educacin dunha nena na sociedade tradicional, o público puido achegarse a distintas facetas da educacin da muller tradicional que foron fomentadas pola escola no pasado: a muller adscrita ao fogar e maternidade; a formacin na economa doméstica, a costura e o bordado; as regras de urbanidade e comportamento feminino circunscritas s diferentes clases sociais, ou os modelos de “muller exemplar” que se transmitiron s nenas a través da lectura e a escritura. A mostra indaga sobre a representacin do que foi a formacin da muller na sociedade tradicional, “unha imaxe baseada na diferenciacin e na exclusin, categoras e valores que dominaron a educacin da muller no século XIX e a primeira metade do XX”.
