Este luns inaugurouse na Sala Alterarte a exposicin ‘Ocupar un corpo’
Unha mostra e cinco fotografas sobre as identidades de xénero mis disidentes
Da artista Deebo Barreiro e o comisario Vtor Nieves
Desde este luns e ata o 21 de maio, a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a mostra Ocupar un corpo, da artista Deebo Barreiro e o comisario Vtor Nieves. Nela, esta egresada da 鶹 xoga coa fotografa, os espazos e a tecnoloxa para visibilizar e achegar ao público “as identidades de xénero que estn mis fra da normatividade”, do binarismo home-muller, como as persoas bixénero, axénero ou transxénero sen hormonar.
Na inauguracin da exposicin, Xosé Manuel Buxn, director da Sala Alterarte, destacou como esta mostra reúne “o bo facer de Deebo e o valor dos contidos e dos significados das súas pezas”. Da creadora subliou que é egresada da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra e o feito que de é “unha artista moi nova, cunhas reivindicacins moi do momento actual, necesarias para mellorar a sociedade”. Polo que respecta ao comisario da mostra, Xosé Manuel Buxn salientou “a importancia de contar con xente activa do tecido cultural, como é neste caso Vtor Nieves”. A iniciativa, lembrou o director de Alterarte, forma parte da cuarta edicin do proxecto Estado Crtico. 12 Curadores 12 Artistas e súmase traxectoria dunha sala que xa atesoura 17 anos de actividade continuada.
Pola súa banda, Ana Mara Torrado, directora de Área de Dinamizacin Cultural e Educativa e Integracin do Campus de Ourense, salientou igualmente na inauguracin da mostra como se trata dunha exposicin que se leva a cabo “nun tempo moi acado e nun espazo tamén moi acado como é o campus”, lembrando como o eido universitario pretende ser sempre un espazo de convivencia, de liberdade, de igualdade e de diversidade. Pondo en relevo tamén a traxectoria da Sala Alterarte, a directora de rea destacou da mostra inaugurada este luns “a intimidade que logra para o espectador”, unha intimidade que, apuntou, “fai chegar moito mis a mensaxe que quere transmitir”.
Visibilidade
Tanto a artista como o comisario da mostra destacaron na súa apertura a boa sintona lograda entre ambos para o desenvolvemento de Ocupar un corpo. Vtor Nieves indicou que escolleu a Deebo Barreiro para protagonizar esta exposicin “porque é unha artista emerxente, unha artista da casa, da 鶹, e porque ten un traballo moi poltico, que se encadra moi ben no meu traballo como curador”. Nas súas palabras, o comisario subliou como “nun momento poltico coma este” “é necesario darlle visibilidade a certos traballos que s veces nos espazos mis institucionais non teen cabida”, facendo fincapé na importancia de que “que os espazos públicos tamén sexan ocupados” con temticas como a abordada na obra de Deebo Barreiro. Igualmente, amosou a súa satisfaccin por comisariar unha mostra na Sala Alterarte, recalcando “a nmina de curadores e artistas que teen pasado por aqu”.
Sobre Ocupar un corpo, Deebo Barreiro comentou que é unha exposicin-instalacin “baseada en fotografas que fixen desde 2019 do espectro da identidade de xénero”. Segundo explicou, a mostra forma parte dun proxecto seu mis amplo sobre identidade de xénero chamado Ser un corpo. Dentro do espectro de identidade de xénero, detallou, escolleu para a mostra da Sala Alterarte fotografas das persoas “menos asentadas dentro do binomio home-muller”, como persoas transxénero non normativas sen utilizar hormonas, persoas bixénero ou persoas axénero. “Escollinas por ser as persoas que menos visibilidade teen, as menos “existentes” dentro da sociedade normativa”, sinalou a artista. Concretamente, son catro as persoas retratadas en imaxes de gran formato, apuntando a súa autora como as e os espectadores no seu percorrido pola sala atpanse con estas persoas “empoderadas e engrandecidas”.
As imaxes estn repartidas nun labirinto de teas creado na Sala Alterarte. Neste senso, Deebo Barreiro explicou que quixo xogar a colocar os retratos en espazos que son asociados habitualmente a homes homosexuais para “apropiarse deles como espazos queer”. As, indicou, a instalacin das teas pretende ser unha metfora do cruising, da actividade sexual de persoas homosexuais en lugares como parques ou espazos naturais. Este labirinto, indicou a creadora, “d xogo a que as persoas se perdan, se escondan, xoguen”. No percorrido pola exposicin, cada imaxe est acompaada ademais dun cdigo QR que lle permite ao público acceder a mis imaxes. “Nas esquinas, nos currunchos, entre as teas, atpaste cdigos QR porque a mostra est pensada como un hbrido entre exposicin presencial e tecnolxica”, explicou Deebo Barreiro. As, tal e como detallou a artista, a persoa que ve a imaxe ten que intervir para poder entrar a mis contidos.
A quinta fotografa da mostra é “unha sorpresa” e é a de mis difcil acceso, apuntando a artista como algúns espectadores chegarn a ela e outros poida que non. Esta última imaxe “é o espazo mis subversivo da mostra” pois, indicou a súa autora, despois dunha peregrinacin polos labirintos da exposicin o espectador ou espectadora ten que porse de nocellos para poder vela. Ao atopar esa fotografa, comentou Deebo Barreiro, “descobres que ests diante da representacin por excelencia do queer e da disidencia” e “rematas a exposicin prostrndote ante a disidencia”.
