DUVI

Diario da 鶹

O distintivo foille entregado este martes pola Aneca nun acto celebrado en Madrid

O Mestrado Universitario en Enxeara Informtica acada o recoecemento internacional co selo Euro-Inf

Coa asistencia da súa coordinadora e do vicerreitor do campus

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Premios
  • TIC
  • Institucional
DUVI Ourense 15/07/2025

A sede da Agencia Nacional de Evaluacin y Acreditacin (Aneca), en Madrid, acolleu este martes a cerimonia de entrega dos seus selos internacionais de calidade nun acto presidido pola súa presidenta, Pilar Paneque. Entre as titulacins distinguidas estivo a 鶹, concretamente o seu Mestrado Universitario en Enxeara Informtica, que recibiu o selo Euro-Inf. Por parte da 鶹 estiveron no acto Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Alma Gmez, coordinadora deste mster, que se imparte na Escola Superior de Enxeara Informtica do campus de Ourense.  

O Selo Euro-Inf de Informtica e Informtica Empresarial é un certificado concedido pola axencia autorizada por European Quality Assurance Network for Informatics Education e desenvolvido en Espaa por Aneca, organismo autnomo adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades. O selo avala que un programa formativo de enxeara de nivel de grao ou mestrado cumpre cos estndares internacionais, establecidos por persoas académicas e profesionais que colaboran coa dita axencia. 

Recoecemento e prestixio 

O Mster Universitario en Enxeara Informtica pola 鶹, ten como obxectivo primordial “a preparacin de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, desear, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacins en todos os mbitos da Enxeara Informtica”. Cunha carga docente de 90 ECTS, imprtese durante tres cuadrimestres (1 curso e medio) e ten tres orientacins ou intensificacins cun elevado nivel de empregabilidade na contorna socioeconmica galega e espaola. Trtase das orientacins de: Enxeara Informtica: Profesin na Prctica (opcin dual); Seguridade Informtica en Sistemas e Redes e Desenvolvemento de Grandes Sistemas Software. 

Segundo explica Alma Gmez, este distintivo outrgase tras a superacin dunha avaliacin rigorosa por parte dun comité de expertos independentes, nomeados pola Aneca, que verifican o cumprimento dos estndares de calidade de Euro-Inf. A avaliacin, matiza, “foi positiva sen prescricins, é dicir, non se fixeron recomendacins de mellora do ttulo, o que reforza a idea do nivel de calidade alcanzado na formacin que reciben os nosos estudantes”. O selo, indica a coordinadora do mster, “é un recoecemento de prestixio no mbito da informtica, o que pode ser beneficioso para a carreira profesional do noso alumnado tanto en Espaa como no resto de Europa”. Ademais, engade, para o ttulo supn “a garanta da calidade e excelencia da súa formacin, xa que certifica que o programa formativo cumpre cos estndares internacionais de calidade en informtica”. O selo que este martes se entregou foi concedido en 2023, estando pendente ata o de agora a celebracin da cerimonia de entrega.

O Grao en Enxeara Informtica que se imparte na Escola Superior de Enxeara Informtica do campus de Ourense xa conta con este recoecemento desde 2019, sumndose agora o selo do mestrado. Neste senso, Alma Gmez sublia que esta distincin “tamén referenda o enfoque cara mellora continua presente en todas as titulacins da Escola Superior de Enxeara Informtica” e supn “unha garanta para o alumnado de que a titulacin que estudan en Ourense est ao nivel doutras universidades europeas, que tamén contan con este recoecemento”. Continuando nesta lia de traballo pola mellora continua, a coordinadora sinala que recentemente o mestrado tamén obtivo a avaliacin positiva da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG) para a súa imparticin en modalidade dual, isto é, cun programa de formacin en empresas para o seu alumnado.