DUVI

Diario da 鶹

A cita celébrase este xoves no campus de Ourense

Mis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven nas XXI Xornadas Interxeracionais

Organizada por alumnado do Grao de Educacin Social

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Ourense 04/04/2024

O campus de Ourense acolle este xoves a celebracin das XXI Xornadas Interxeracionais. Nelas, mis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven e estreitan os seus lazos compartindo actividades de ocio, principalmente xogos. A cita est organizada como cada ano por alumnado do Grao de Educacin Social da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense, e Ategal (Formacin Permanente e Ocio para Persoas Adultas), contando co apoio da citada facultade.

Nesta edicin os colectivos participantes son alumnado do Grao de Educacin Social e de diversos ciclos do CIFP Portovello e membros da aula de Ategal, da residencia DomusVi e de Down Ourense. Ao longo deste curso académico, arredor de 80 estudantes de primeiro do citado Grao de Educacin Social traballaron na organizacin da cita no marco da materia Educacin permanente, impartida polo educador social Milln Brea, que pon en valor o traballo realizado polo estudantado. A iniciativa, sinala o profesor, parte da premisa de “aprender a profesin facendo” e aposta pola aprendizaxe-servizo que redunde en beneficio da comunidade. “Traballar durante meses na organizacin dunha actividade deste tipo e para 150 persoas, onde hai diferentes grupos e actividades, proporcinalle ao alumnado unha aprendizaxe que, como futuras educadoras sociais, teen que ter entre as súas competencias”, comenta.

Diferentes espazos e actividades

A programacin arrancou como cada ano na Praza Maior de Ourense, onde os primeiros grupos participantes se achegaron para quecer motores con diferentes xogos conxuntos e para ler o manifesto que cada ano realizan nestas xornadas. De seguido a actividade trasladouse ao pavilln de deportes do campus, onde ao longo da ma o alumnado de Educacin Social preparou diferentes xogos interxeracionais para compartir coas persoas asistentes. Tras unha comida campestre conxunta, pola tarde, no Edificio de Ferro, sern as persoas maiores de Ategal as que guiarn s e aos participantes en xogos de mesa que elas e eles aprenderon ao longo da súa vida, especialmente nos anos 50, 60 e 70 do século pasado. Para rematar o da, haber pola tarde-noite dous concertos, un na Facultade de Educacin e Traballo Social, de Tango&Cash, e outro na cafetara prxima O`Renque, de Rey e Dani.

Con esta programacin, explican desde a súa organizacin, búscase “rachar dun xeito lúdico as barreiras interxeracionais tan presentes no da a da na sociedade” ao mesmo tempo que o alumnado universitario se forma de xeito prctico en competencias necesarias para o seu futuro profesional. As xornadas, sublian, seguen medrando ano a ano e son xa un referente, facendo fincapé en que son unha experiencia única no contexto tanto galego como estatal polas súas caractersticas. “Cada vez se achega mis xente que quere formar parte deste proxecto, estamos moi satisfeitos con el”, afirma por último Milln Brea.