DUVI

Diario da 鶹

Poder visitarse ata o 26 de abril na Escola de Enxeara Forestal

Literatura e natureza conéctanse nunha exposicin sobre as flores e plantas presentes na obra de Rosala de Castro

Reúne 40 fotografas das especies citadas pola escritora 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Feiras e exposicins
  • Reitor
  • Cultura
DUVI Pontevedra 16/04/2024

De rosas, margaritas ou violetas, a follas de carballo, castieiro ou salgueiro. Un total de 40 fotografas dalgunhas das especies vexetais mis presentes na obra literaria de Rosala de Castro conforman a exposicin O herbario de Rosala, que desde este martes pode visitarse na Escola de Enxeara Forestal. Resultado do traballo interdisciplinar realizado pola filloga Mara Lpez Sndez, a botnica Mara Isabel Fraga e o fotgrafo Miguel Fraga, a mostra percorre nestas semanas os tres campus da 鶹, froito da colaboracin entre a Universidade e a Fundacin Rosala de Castro. 

Tras o seu paso polo edificio politécnico do campus de Ourense, a exposicin pode verse ata o 26 de abril nesta escola, que acolla este martes un acto inaugural no que participaron o reitor, Manuel Reigosa, a vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn, e o director da EE Forestal en funcins, Juan Picos, xunto con Lpez Sndez. Esta docente da Universidade de Santiago de Compostela (USC) afondou, nunha visita guiada, nas orixes dunha mostra que naceu como un “proxecto claramente interdisicplinar, que ten un pé na literatura e outro na botnica”. O resultado final é un “herbario artstico”, no que as imaxes acompanse de textos explicativos e dalgúns dos versos da que “é sen dúbida unha das grandes poetas da paisaxe”. 

Resultado dun proxecto que implicou “a lectura e baleirado da obra completa de Rosala de Castro” para reunir todas as mencins a especies vexetais, o traballo que deu lugar a esta mostra permitiu constatar tamén, como resaltou Lpez Sndez, que o achegamento da autora natureza “non é independente da súa visin global e da súa ideoloxa”. Neste punto, subliou que a súa posta en cuestin “das xerarquas da época”, vese reflectida na súa posta en valor das especies vexetais "mis humildes”, que engloba  “unha tripla reivindicacin, paisaxstica, pero tamén lingüstica e en termos de xénero”. Nesa mesma lia, o reitor subliou que “Rosala pintou unha Galicia galeguizada, de igualdade e sostible”, ideas que tamén se ven plasmadas no plan estratéxico da 鶹. “Esa é a Galicia e a Universidade que queremos ser”, subliou Reigosa, que avogou por “desenvolver un futuro que estea enraizado no noso pasado”. Por outra banda, as conexins entre a botnica e a literatura e as artes que implica esta mostra foron salientadas polo director da EE Forestal, que incidiu na importancia de que o alumnado de titulacins cientfico-técnicas poida achegarse s “conexins” dos mbitos nos que se forman con estas reas. 

Cinco seccins

A orixe desta exposicin est nun proxecto de investigacin desenvolvido na USC e que levou elaboracin dun herbario con 150 pregos, dos que logo se realizou unha seleccin de 40 especies de flores, plantas e rbores para a realizacin das fotografas desta exposicin. Complementada por unha serie de paneis explicativos e dun vdeo co recitado de versos de Rosala xunto s imaxes da herbario na súa totalidade, a mostra estrutúrase en cinco seccins. Unha delas est dedicada s rosas, a especie mis presente na obra da poeta, “triplicando en número de mencins segunda”, mentres que outra est centrada nas rbores, que representan sete das 15 especies mis citadas. A “grande abundancia” na súa producin literaria de “termos non especficos” vese representada súa vez nos apartados dedicados s “herbas do campo florido” e s “herbias do camposanto”, completndose exposicin co apartado dedicado a outras flores, plantas e especies comestibles. 

Estreada en 2022 no Real Jardn Botnico de Madrid, O herbario de Rosala percorre nestas semanas os tres campus da 鶹, froito da colaboracin entre a Vicerreitora de Extensin Universitaria, a Área de Normalizacin Lingüstica e as vicerreitoras dos campus de Ourense e Pontevedra, xunto coa Fundacin Rosala de Castro. Tras a súa exhibicin en Pontevedra, a mostra trasladarase ao edificio Redeiras, en Vigo, onde poder visitarse entre o 30 de abril e o 10 de maio.