DUVI

Diario da 鶹

Aborda tanto a súa historia e antecedentes, como a súa actividade docente e investigadora

Un libro percorre os 25 anos de historia da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte

Presentado este venres xunto coa ilustracin conmemorativa deste cuarto de século

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • ʳܲԲ
  • Reitor
  • Institucional
DUVI Pontevedra 27/06/2025

Creada en 1999, tomando o relevo da antiga Escola Universitaria de Formacin de Profesorado, a Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte celebrou ao longo do presente curso o seu 25 aniversario, acollendo diferentes iniciativas que permitiron botar a vista atrs e afondar na traxectoria dun centro que reúne na actualidade mis de 1400 alumnos e alumnas. Co obxectivo de facer balance do camio percorrido, a facultade presentaba o libro 25 aniversario de Ciencias da Educacin e do Deporte, un volume que aborda tanto a historia do centro e os seus antecedentes, como a construcin do actual edificio e a evolucin vivida en materia de docencia e investigacin ao longo deste cuarto de século.

Esta publicacin e a ilustracin conmemorativa desta efeméride foron presentadas este venres nun “acto fundamentalmente emotivo”, como o definiu o decano, Oscar Garca, e que contou coa participacin do reitor, Manuel Reigosa, e das vicerreitoras de Investigacin, Transferencia e Innovacin, Belén Rubio, e do campus de Pontevedra, Eva Mara Lantarn. “En 25 anos, pasaron moitas cousas e, con sinceridade, non o fixemos mal”, subliou Garca na apertura dun acto que se completou coa entrega ao profesorado e persoal do centro tanto deste volume como da ilustracin realizada por Susana Suniaga. Esta “rende homenaxe ao un espazo que se encargou de formar tantas persoas”, colocando a facultade “entre as nubes”, como sinalaba nun texto ao que deu lectura o decano.

“Estamos a falar dunha historia de éxito”, recalcou Reigosa, que destacou que o libro permite “lembrar algúns dos fitos que construron esta realidade magnfica que temos agora”, vez que recoecer un “pasado brillante, regado polo esforzo das persoas que conformaron a facultade”. Mais ao mesmo tempo, serve tamén para “poernos deberes para que dentro de 25 anos teamos unha situacin incluso mellor”, engadiu o reitor, que sinalou que no mes de xullo someterase votacin do Claustro da 鶹 a creacin do Instituto Universitario en Ciencias do Deporte, que estara radicado neste centro.

Unha ollada ao pasado dun centro “cun futuro enorme”

O acto completouse coas intervencins de tres antigos decanos, que trazaron un percorrido pola traxectoria dun centro que ten as súas orixes na creacin, en 1845, da Escola Normal de Pontevedra, reconvertida en 1970 nunha escola universitaria que se adscribira 鶹 no ano da súa creacin, en 1990. Asentada na avenida de Bos Aires converteuse en facultade en 1999, coincidindo coa posta en marcha da licenciatura en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte e co profesor Pedro Figueroa como decano comisario. “Foi un reto”, recoeca este centro dos primeiros pasos deste centro, que “viva unhas dinmicas moi afastadas das universitarias, pola súa localizacin e historia”.  O seu labor verase continuado por Mara Luisa Alonso como primeira decana, quen lembraba nesta xornada o “empeo” por conseguir un novo edificio para a facultade. Foi ano 2006 cando comezaron os traballos para a construcin da súa actual sede no campus, onde acometeuse a transformacin das antigas diplomaturas e licenciatura nos actuais graos en Educacin Infantil, Educacin Primaria e Ciencias da Educacin e do Deporte, xunto aos que se impulsaron cinco mestrados e tres programas de doutoramento, aos que se sumar o vindeiro curso o novo mster interuniversitario en Ciencias do Exercicio, Preparacin Fsica e Readaptacin Deportiva. De a que o tamén exdecano Vicente Romo pechase a súa intervencin subliando “que a nosa facultade ten por diante un futuro enorme”.

Arquitectura, historia, docencia e investigacin

Tanto Alonso e Romo, como os tamén exdecanos José Mara Cancela e Francisca Faria asinan os prlogos dun libro que conta tamén cun texto introdutorio de Garca. A partir de a, o volume afonda no proceso de construcin da actual sede da facultade, que se iniciou cun concurso convocado no ano 2002 e no que foi premiado o proxecto Aromas, de Jesús Irisarri e Guadalupe Pieira, autores dun dos captulos. Noutro, Héctor Álvarez, director técnico da Unidade Técnica da 鶹, aborda a construcin dun “exemplo destacado de arquitectura contempornea en Galicia”, merecedor de recoecementos como o Premio SICE do Consejo Superior de Arquitectos de Espaa, que lle foi outorgado no ano 2008, tras ter formado parte dunha exposicin sobre arquitectura espaola no MOMA de Nova York.

O seguinte apartado céntrase na historia da facultade e seus precedentes, da man do profesor xubilado Gerino Calvo e de Vicente Romo. A traxectoria da facultade ao longo destes 25 anos é tamén abordada polas profesoras Sara Martnez Lloria e Eulalia Agrelo, mentres que Ezequiel Rey detense na evolucin dos estudos en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte e José Mara Cancela aborda a aposta pola especializacin do alumnado, a través da implantacin de mestrados e programas de doutoramento.

Finalmente, o catedrtico Carlos Lago avala a evolucin da facultade en materia investigadora, nun captulo que pon o foco en como nestes 25 anos “multiplicouse case que por seis a producin cientfica” dos investigadores e investigadoras do centro e por 22 o número de artigos cientficos includos no JCR. Estes e outros méritos levaron a que a 鶹 se sitúe entre as 300 mellores universidades de mundo no rnking de Shanghi no mbito das Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, sendo ademais Lago o investigador mis citado de Espaa nesta rea. Finalmente, o libro aborda tamén a traxectoria da Revista de Investigacin en Educacin, creada no ano 2003 na facultade e includa recentemente na base de datos da Web of Science.