DUVI

Diario da 鶹

Belas Artes acolleu un acto de homenaxe ao profesor e exdecano, falecido hai unhas semanas

En lembranza de Juan Carlos Meana

A través das intervencins de docentes, antigos alumnos e amigos do artista e profesor

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Pontevedra 03/03/2023

Profesor desde 1993 da Facultade de Belas Artes, da que foi decano entre 2010 e 2015, investigador, artista e ensasta. Lembrar a figura de Juan Carlos Meana a través de “todas as súas facetas” constituu, como sinalou a profesora Almudena Fernndez Faria, o propsito central do acto de homenaxe que este venres reuniu na facultade a compaeiros e compaeiras, antigos alumnos e alumnas e amigos e amigas do docente e artista, falecido o pasado mes de xaneiro. A través das intervencins dos diferentes decanos e decanas, da proxeccin das súas obras, das lembranzas de compaeiros e amigos e da lectura de fragmentos de varios dos seus libros, este acto permitiu non s lembrar as diferentes facetas profesionais da traxectoria de Meana, senn tamén a súa xenerosidade, o seu sorriso, o seu sentido do humor, a súa humanidade ou o seu respecto polo outro.

Encargada de conducir esta homenaxe, Fernndez Faria puxo o foco en que foron “moitas as persoas que amosaron o seu desexo de participar” neste acto interno da facultade, dirixido a lembrar a figura dun artista e docente, natural de Vitoria, que en 1993 iniciaba a súa etapa como profesor da facultade pontevedresa. Nela, ademais de decano, foi tamén o impulsor e primeiro coordinador do programa de doutoramento en Creacin e Investigacin en Arte Contempornea, ademais de profesor do Departamento de Pintura e membro do grupo de investigacin dx7 Tracker. Laboratorio Visual.

“A súa ausencia necesaria fai que sigamos aprendendo”

A violonchelista e estudante de doutoramento Macarena Montesinos foi a encargada de abrir e pechar este acto, cun dilogo entre as súas improvisacins musicais e dúas obras en vdeo de Meana. A continuacin tomaron a palabra todos os docentes que se situaron fronte do Decanato de Belas Artes nos seus 33 anos de historia, coa excepcin de Meana e do tamén falecido Joaqun Rosell. O actual decano, Xosé Manuel Buxn, abriu esta serie de intervencins lembrando o labor de Meana como “activista cultural” e algunhas das iniciativas que puxo en marcha na súa etapa como decano e coas que contribuu a “conexin da facultade coa cidade e coas institucins artsticas, a proxectala fra dos limites do edificio”.

A exdecana Silvia Garca rememorou na súa intervencin “todo o que aprendn de Juan Carlos”, incidindo en que a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo de toda a vida. “Parafraseando un dos seus libros, creo que a súa ausencia necesaria”, ttulo dun dos seus ensaios, “fai que sigamos aprendendo”, concluu Garca.“Tendemos a crer que hai cousas que se moven s por inercia, como unha facultade, uns estudos, un programa de doutoramento... Pero se as cousas non se estancan é porque hai alguén que est empurrando, alentando, asumindo compromisos, algo que Juan Carlos faca moi discretamente e con moitsima xenerosidade”, engadiu a continuacin Ignacio Barcia. Meana “era unha persoa que co simple feito de estar, faca que as cousas se activen. Penso que algo as debe ser a verdadeira sabedora”, concluu o seu compaeiro e amigo. “Sempre estaba sorrindo e respectando ao outro”, engadiu a continuacin o exdecano Jesús Hernndez.

“Crear unha sociedade mellor” desde a docencia

Compaeiro de facultade, tras ser previamente profesor de Meana no Pas Vasco, José Chavete lembrou na súa intervencin unha frase que o homenaxeado lle trasladou en 1997, no marco dunha exposicin, a de que “os heroes xa non existen”. Unha frase que, explicou, rememorou tras o seu pasamento “porque creo que el tia clarsimo que os auténticos heroes actuais son aquelas persoas que fan a súa vida para traballar para os demais”, como fixo Meana contribundo como docente “a crear xente con criterio para facer unha sociedade mellor”. Esta rolda de intervencins pechouse coa carta que lle dedicou o primeiro decano da facultade, Juan Fernando de Laiglesia; carta que pechou lembrando unha frase do seu libro La ausencia necesaria, “o sentido dos espazos preséntasenos nunha vertixe aberta ao baleiro”.

Ás intervencins dos decanos sumronse as verbas do que fora o seu compaeiro de estudos, tanto na Universidade do Pas Vasco, como na Escola de Belas Artes de Pars, Gorka Otsoa, quen afondou na amizade que mantia con Meana desde a súa época de estudante, na que era xa “un tipo reflexivo, intelixente e sereno”. Tamén amigo do homenaxeado, ademais de filsofo e crtico de arte, Ignacio Castro puxo de relevo que “Juan Carlos chamaba a atencin polo enorme calor humano que transmita”, vez que polo “o seu gran sentido do humor, que provia da súa enorme humanidade”. Finalmenteo profesor Alberto Ruiz de Samaniego rememorou os moitos anos nos que compartiu docencia con Meana, nos seus inicios na facultade. “Aprendn moito del”, recoeceu este docente, que lembrou como ese traballo conxunto mellorou “cando eu comecei a dicir nas clases as cousas que Juan Carlos podera ter dito e el as que podera dicir eu”.

A esta rolda de intervencins sumouse a lectura que os exalumnos Gonzalo Rey, Romn Corbato, Thomas Apostolou, Elena Bangueses e Fran Miguéns, ao igual que Ana Surez, en representacin do PAS, realizaron de fragmentos dos seus libros, artigos ou textos para catlogos. A estas lecturas sumronse tamén, a través do vdeo, a catedrtica da Universidade de Granada Asuncin Lozano e a artista e exalumna Irma Álvarez-Laviada, contribundo a articular “unha sorte de colaxe do seu pensamento”, como sinalou Fernndez Faria. Tamén a través do vdeo, o acto completouse coas mensaxes “enviadas por compaeiros doutras facultades e amigos”, como Pedro Osakar, Elas Pérez, Josu Rekalde, Txaro Arrazola, Sonia Rueda e Amine Asselman.