DUVI

Diario da 鶹

O libro leva por ttulo ‘Élites, poder local y elecciones en Galicia’

Investigadores da 鶹 analizan nunha publicacin a representacin poltica durante o franquismo e os inicios da democracia

Realizada por membros do grupo HC1 da Facultade de Historia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Democracia
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 01/12/2025

Élites, poder local y elecciones en Galicia. Del tardofranquismo a la transicin a la democracia. Este é o ttulo dunha nova publicacin realizada por persoal investigador da Universidades de Vigo, concretamente do grupo HC1 da Facultade de Historia, do campus de Ourense. Nela examinan, desde unha perspectiva rexional e centrada nas décadas do sesenta e setenta, a composicin e evolucin das elites polticas do franquismo nas provincias galegas, desde a conflitividade interna e os seus mecanismos de representacin, seleccin e adaptacin ata os procesos de continuidade e cambio na configuracin do poder a escala local e provincial nos primeiros compases da democracia.

Baixo a coordinacin do catedrtico de Historia Contempornea Julio Prada, a obra est asinada polos investigadores e doutorandos Amado Tierra Lozano, Carlos Lozano e Adrin Martnez, recollendo parte dos primeiros resultados das súas respectivas lias de investigacin. A publicacin nace ademais vinculada ao proxecto de investigacin Elites, tecnocracia e cambio poltico en Galicia e Norte de Portugal (1967-1977), financiado pola convocatoria Generacin de Conocimiento y Retos Աپ, da Agencia Estatal de Աپ (Ministerio de Ciencia, Innovacin y Universidades).  

A transicin espaola, explican os investigadores da 鶹, “constitúe, medio século despois do fin da ditadura, un tema clave na historiografa, no que o papel das elites, a cidadana e as loitas sociais continúa sendo obxecto de discusin”. Neste contexto, o libro agora lanzado xorde coa vontade de “cubrir varios baleiros presentes na historiografa, na ciencia poltica e na socioloxa galega e espaola” e de “ofrecer unha visin complexa e poliédrica das redes de poder e a súa transformacin nunha das etapas mis decisivas da historia contempornea de Espaa”, fundamentndose para iso na anlise prosopogrfica das elites e o exame de documentacin oficial, prensa da época e fontes primarias. 

Un percorrido coral

A obra, editada en Slex, propn un percorrido coral, articulado en seis captulos, apoindose en abundante documentacin arquivstica inédita xunto cos testemuos de numerosos protagonistas. Ao longo das pxinas, os autores afondan nos mecanismos de reproducin e renovacin das elites, nas súas redes de influencia e nas claves do seu proceso de reacomodacin antes e durante a transicin democrtica. Tamén, explican, examnanse as súas estratexias polticas, a relacin que mantiveron cos movementos sociais e coa nacente cultura cvica democrtica, as como o seu papel na configuracin da conciencia autonmica galega e nos vnculos que estabeleceron co estado. A investigacin detense, ademais, en cuestins conceptuais fundamentais, como a representacin e a representatividade (centrais tanto no discurso como na prctica poltica), e analiza de que maneira “o réxime franquista empregou estes mecanismos para lexitimar a súa autoridade, reforzar o control central e afastar a funcin representativa dunha auténtica expresin da vontade electoral e territorial”.

Segundo explica Julio Prada, o libro “recompila de maneira rigorosa o corpo legal franquista relativo eleccin dos cargos municipais, provinciais e das Cortes Espaolas, ofrecendo unha visin completa das normas que configuraron o funcionamento institucional”. Examina tamén o papel dos procuradores galegos nas dúas últimas lexislaturas das Cortes franquistas (1967-1977), “para entender como incorporaron aos seus discursos os cambios sociais e os intereses territoriais das súas circunscricins, as como a súa posicin no conflito entre evolucionistas e inmobilistas que marcou a etapa final da ditadura”. Outro dos eixes centrais da publicacin é o estudo dos procesos electorais e do persoal poltico municipal nas provincias da Corua e Lugo durante as derradeiras corporacins franquistas e a primeira democrtica. A obra analiza ata que punto os mecanismos electorais contriburon a estabilizar o réxime nos seus últimos anos, as actitudes sociais ante esas eleccins, a formacin de novas elites locais e os métodos de cooptacin dos concelleiros.

Finalmente, a publicacin “ofrece unha aproximacin realidade das deputacins provinciais a través do caso de Ourense, examinando tanto as súas tericas funcins como as traxectorias dos seus responsables polticos nas dúas últimas décadas do franquismo”. Este estudo, apunta o catedrtico de Historia Contempornea da 鶹, “permite identificar as continuidades e as rupturas que se produciron na transicin cara democracia, revelando como se reestruturaron as elites e cal foi o seu papel no novo escenario poltico”.

Respostas a cuestins sen aclarar

A obra, comentan os seus autores, “ofrece respostas a cuestins que ata o de agora permanecan sen aclarar e reconstrúe aspectos esenciais sobre a traxectoria, a xénese e as caractersticas de boa parte das elites polticas que protagonizaron os primeiros anos da Galicia autonmica”. O labor interpretativo feito nela permite, engaden, explicar “o progresivo desaxuste entre a estrutura institucional e a sociedade nos últimos anos do franquismo, as como a emerxencia, desde a década de 1960, dunha nova cultura poltica de carcter eminentemente cvica e democrtica e dun tecido social renovado que influira de maneira decisiva na evolucin poltica posterior”. Nas pxinas da publicacin examnase o grao de continuidade que moitos destes grupos conservaron durante a transicin democracia (converténdose en actores clave na articulacin territorial do centro e da dereita en Galicia) e como adaptaron os seus discursos s novas demandas sociais e accin colectiva de distintos sectores emerxentes.