DUVI

Diario da 鶹

O estudo céntrase nun dos episodios mis disruptivos para os ecosistemas do Cretceo

Investigadores do CIM-鶹 confirma a presenza do evento climtico extremo OAE 2 no rexistro sedimentario do monte submarino Vigo

Tamén reconstruron a resposta das comunidades vexetais e dunha parte do fitoplancto a esta crise

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI 26/07/2024

Os episodios anxicos ocenicos (OAE polas súas siglas en inglés) foron importantes crisis oceanogrficas relacionadas con perturbacins do ciclo global do carbono a longo prazo no Cretceo. Un dos mis coecidos é o OAE2, que se rexistrou en todo o mundo durante o lmite Cenomaniano-Turoniano cunha duracin estimada de entre 0,5 e 1 milln de anos. Os cambios climticos e oceanogrficos asociados ao OAE 2 perturbaron os ecosistemas terrestres e marios en todo o mundo, nun perodo que se caracterizou por condicins climticas extremas, niveis atmosféricos de CO2 e temperaturas anormalmente elevadas e co nivel do mar no seu punto mis alto de todo o Cretcico debido falta dun importante volume de xeo continental.

Para coecer o impacto real deste evento, un grupo de investigadores de varias institucins internacionais realizaron unha investigacin focalizada na montaa submarina Vigo, cuxos resultados acaban de ser publicados na revista . O estudo foi desenvolvido por Ivn Rodrguez-Barreiro e José Bienvenido Diez, investigadores do grupo BASAN (XM-3) do Centro de Աپ Maria da 鶹 xunto con outros cientficos do Museo Sueco de Historia Natural; da Universidad Nacional Autnoma de México (UNAM); da Universidade de Ghent e da de Oxford. Como explica Rodrguez-Barreiro, autor principal da investigacin, realizouse “unha anlise palinolxica e xeoqumica dos depsitos Cretceos do Vigo Seamount” obtendo resultados “interesantes” como o rexistro sedimentario do evento extremo OAE2 e unha reconstrucin dos ecosistemas terrestres no que agora se correspondera con Galicia e o norte de Portugal. Ademais, este traballo é especialmente relevante, xa que é a primeira vez que se fai unha anlise deste tipo para esta época, e formar parte da tese de doutoramento de Rodrguez-Barreiro, que est a piques de presentar.

Confirmada a presenza do evento OAE 2 no rexistro sedimentario do Vigo Seamount

Como relatan os investigadores, o perodo Cretceo medio experimentou importantes alteracins ambientais debido a condicins climticas extremas, un vulcanismo pronunciado e a distribucin dos continentes. No mbito mario, estes factores levaron a unha falta de osxeno no fondo do antigo océano Atlntico, o que se coece como Evento Anxico 2 (OAE 2), un dos mis disruptivos para os ecosistemas desta época. Estes eventos recoécense no rexistro sedimentario como unha anomala de istopos de carbono e, anda que se sabe que as comunidades marias foron afectadas por estes eventos, a resposta das comunidades terrestres est pouco investigada. O estudo liderado pola 鶹 céntrase no monte submarino Vigo, que se atopa mis al da plataforma continental ibérica, xunto co Porto Seamount, Vasco de Gama Seamount e o mis coecido, o Banco Galicia. Estes montes, detalla Ivn Rodrguez, atpanse a uns 150 km da costa galega e, no caso do Vigo Seamount, trazara unha lia recta dende a cidade portuguesa de Porto.

O equipo internacional estudou os depsitos recollidos no marco do Deep Sea Drilling Project, unha iniciativa de grande importancia no campo da xeoloxa e a oceanografa que fai sondaxes dos fondos marios de todo o mundo con diferentes obxectivos dependendo da campaa. Neste caso, as mostras corresponden campaa 47B, levada a cabo a finais da década de 1970, na que se estudou o flanco sur do Vigo Seamount.

O obxectivo principal do estudo actual liderado pola 鶹 era confirmar que o evento OAE 2 estaba presente no rexistro sedimentario do Vigo Seamount, “algo que se levaba sospeitando durante moitos anos pero ninguén aplicara unha anlise isotpica de carbono-13”, o método principal para identificar eventos anxicos, xa que durante estas crises se rexistran unha anomala notoria debido ao seu efecto no ciclo xeoqumico global do carbono. O outro obxectivo, no caso de confirmar o primeiro, era estudar a resposta a este evento por parte das comunidades vexetais e dunha parte do fitoplancto, en concreto os dinoflaxelados.

Os resultados obtidos corroboran as premisas de partida, xa que a anlise isotpica, realizada no CACTI, confirma a presencia do evento. Para Rodrguez Barreiro, “o mis importante dos resultados é a resposta que se observa por parte de diferentes grupos biolxicos”. Por unha parte, o fitoplancto veuse afectado negativamente cunha reducin drstica da abundancia e diversidade de dinoflaxelados tan pronto como comeza o OAE2. No caso das comunidades vexetais, observouse un cambio florstico moi interesante, xa que durante o OAE 2 o grupo dos Normapolles (pioneiros dos Fagales, rbores con froito como as nogueiras) pasa a ser a parte dominante dos bosques. Esta resposta tamén se observara noutras partes do sur de Europa durante unha fase intermedia do OAE 2, pero no Vigo Seamount rexstrase un pouco antes, xusto ao comezo do evento, e de forma mis pronunciada. Na actualidade a dominancia de anxiospermas nos ecosistemas terrestres é o normal, pero a primeira vez que acontece isto na historia do noso planeta é no Cretceo medio e todo parece apuntar a que un evento climtico extremo como o que desencadeou o OAE 2, xogou un papel importante.

Primeira reconstrucin dos ecosistemas terrestres para esta época

No marco desta investigacin, e para poder analizar a resposta das comunidades vexetais, o equipo tamén realizou unha reconstrucin dos ecosistemas que se corresponderan cos momentos previos e durante a crise do OAE 2.

Esta tarefa realizrona a partir do contido palinolxico (esporas, pole e quistes de dinoflaxelados, entre outros) dos sedimentos do Vigo Seamount. Como explica Rodrguez, “no momento no que estes sedimentos se depositaron, o monte estaba a unha profundidade menor, pero anda as segua a ser un medio mario profundo. Non obstante, algúns elementos terrestres coma esporas e pole foron transportados polo vento e as correntes de auga ata a localizacin do Vigo Seamount. A costa mis prxima era a da actual Galicia e norte de Portugal, polo que estamos seguros de que estes elementos representaban as comunidades vexetais desta rexin para aquel momento”, explica. Deste modo, os investigadores observan unha flora composta principalmente de “conferas de mediano e alto porte (familias Pinaceae, Podocarpaceae e Cheirolepidiaceae) e fentos, tanto herbceos como arborescentes (familias Anemiaceae e Cyatheaceae), que flutúan a súa dominancia dependendo de perodos climticos húmidos e secos”. Esta é unha tendencia, engaden, “que se mantén mis ou menos estable entre o Xursico Superior e o Cretceo Inferior (durante uns 60 millns de anos) pero no que se introduce un novo elemento (anxiospermas representadas polo grupo dos Normapolles) durante o OAE 2 e que ser moi relevante nos 40 millns de anos posteriores”.