DUVI

Diario da 鶹

O Post-Growth Innovation Lab participa nun proxecto liderado pola London School of Economics

Investigadores do campus analizan o papel dos imaxinarios urbanos nunha planificacin sostible das cidades 

Os traballos de campo levaranse a cabo en Barcelona e Londres

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 27/09/2024

O estudo de como as sociedades poden prosperar sen necesidade dun crecemento econmico continuo é un dos eixes centrais do traballo do grupo de investigacin Post-Growth Innovation Lab, con sede no campus de Pontevedra, un dos socios dun proxecto de investigacin financiado polo goberno britnico que busca afondar no papel dos imaxinarios colectivos no desenvolvemento dunha planificacin urbana desvinculada do crecemento econmico. Liderado pola London School of Economics and Political Science e financiado polo Departamento de Ciencia, Innovacin e Tecnoloxa do Reino Unido, o proxecto combinar o traballo etnogrfico cunha “novidosa anlise da historia, os efectos e os imaxinarios urbanos”, como recolle o seu texto de presentacin, co obxectivo de achegar “novas perspectivas” chamada “planificacin poscrecemento”, que busca orientar a planificacin urbanstica ao benestar ecolxico e social.

De dous anos de duracin, o proxecto Towards post-growth cities: the cultural politics of mobility transitions in Barcelona en London ten como investigadora principal a Catarina Heeckt, da London School of Economics and Political Science, e foi seleccionado na convocatoria Knowledge Frontiers, da British Academy. Este programa busca promover que investigadores e investigadoras novos do Reino Unido, nos mbitos das humanidades e das ciencias sociais, poidan desenvolver proxectos interdisciplinarios en colaboracin con investigadores doutros pases. Neste caso, figuran como socios a Universidade de Amsterdam e o grupo de investigacin da 鶹, a través dun convenio coa London School of Economics. “Supn estar conectado cunha das mis prestixiosas institucins do Reino Unido, que ademais est interesada en investir mis en temas como o poscrecemento”, sinala ao respecto o director do Post-Growth Innovation Lab, Mario Pansera.

Outra perspectiva da planificacin urbana

Como sinalan as súas responsables, o punto de partida deste proxecto é a planificacin poscrecemento, “un novo paradigma” que busca “reorientar os obxectivos do desenvolvemento humano lonxe do crecemento econmico” e que ata o de agora “pasou por alto o papel fundamental” que nesa transicin poden xogar os imaxinarios sociais. “Para unha transicin a un mundo mis sostible é importante entender como evolucionan e cambian a cultura e os imaxinarios de como debera ser o espazo urbano”, salienta Pansera respecto do punto de partida deste proxecto, financiado con preto de 300.000 euros. 

Con ese obxectivo, o proxecto combinar o traballo de campo, talleres participativos e unha anlise interdisciplinaria dos imaxinarios urbanos co propsito de achegar “novas perspectivas” das transicins urbanas desde o mbito das humanidades, xa que estas foron xeralmente abordadas, sinalan, desde disciplinas técnicas e sociocientficas. Neste punto, un dos obxectos de anlise ser a “polarizacin” asociada a “iniciativas progresistas de mobilidade urbana” e o rexeitamento que estas xeran en determinados colectivos. Nesta anlise, as investigadoras e investigadores porn o foco en dous casos concretos, os barrios de baixo trfico de Londres e no programa Supermanzanas de Barcelona. Esta última iniciativa centrar o traballo de campo do grupo de investigacin da 鶹, quen participar tamén na “anlise interdisciplinaria da historia urbana” proposta nesta investigacin.