DUVI

Diario da 鶹

Recollidas no libro ‘Hackeamos o patriarcado’ publicado na Coleccin Feminismos de Galaxia

Investigadoras da 鶹 analizan as mecnicas do machismo dixital e achegan propostas para facerlle fronte

Abordan dende asistentes virtuais ata o potencial dos algoritmos para detectar a violencia de xénero

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • ʳܲԲ
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 26/09/2024

As desigualdades, os comportamentos machistas, a misoximia ou as violencias de xénero presentes na sociedade analxica teen tamén o seu reflexo na contorna virtual, en moitas ocasins replicando estas actitudes e, noutras, xerando os seus propios cdigos. Fenda dixital de xénero, cousificacin do corpo das mulleres, acoso en redes sociais, cibercontrol, sexting, algoritmos sexistas… son moitos os mecanismos que o machismo desprega na contorna virtual para perpetuar as desigualdades. Para comprender as súas claves, a 鶹 acaba de publicar o libro , o terceiro volumen da Coleccin Feminismos en colaboracin coa editorial Galaxia.

Na presentacin oficial deste libro, que tivo lugar este xoves no edificio Redeiras, estiveron presentes a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda; a profesora da EE de Telecomunicacin e investigadora de atlanTTic Soledad Torres, coordinadora do libro e o director da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, as como a deputada de Igualdade, Sandra Bastos e a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez.

Froito da colaboracin entre 鶹, Deputacin e editorial Galaxia

O libro xorde dentro da colaboracin ente a 鶹 e a Editorial Galaxia na Coleccin Feminismos, a través da Unidade de Igualdade, polo interese que cada vez ten a anlise da sociedade dixital en clave de xénero. Como explica a directora da Unidade de Igualade, “detectamos a unha serie de investigadoras que, no marco da Ctedra Feminismos 4.0 DEPO-鶹 ou no marco de outras iniciativas de investigacin e divulgacin, estaban a traballar nesta temtica dende diferentes puntos de vista e, por iso, lle propuxemos editorial Galaxia facer un volume arredor desa temtica”. Respecto da coordinacin, Águeda Gmez explica que “consideramos que a profesora Soledad Torres Guijarro, tanto pola súa traxectoria investigadora neste campo como polo seu firme compromiso feminista, era a persoa idnea para coordinar e desear este volume”.

Na presentacin, a vicerreitora destacou que este proxecto “cumpre con moitas expectativas importantes, porque, por un lado, visibiliza mulleres da 鶹 que estn traballando sobre temas cruciais do mundo feminino” pero ademais é froito da colaboracin entre institucins e con Galaxia, “un referente magnfico en Galicia e en galego”. Con todo, Reboreda alertou “do fcil que é dar pasos atrs” no eido da igualdade, “estamos na corda frouxa e estmolo vendo en moitos pases e con moitos resultados electorais”.

A deputada Sandra Bastos tamén puxo en valor este tipo de proxectos colaborativos e apostou pola súa continuidade, como tamén fixo o director de Galaxia, que avanzou que xa se est a traballar nun cuarto volume dentro da coleccin Feminismo que coordinar a propia Susana Reboreda e que se centrar na “ocultacin do papel das mulleres na historia”.

A contorna dixital, un lugar sen refuxio

Citando profesora Torres, a deputada Bastos, remarcaba que “as desigualdades de xénero amplifcanse no mundo dixital, onde non hai barreiras temporais e xeogrficas, nin, por tanto, refuxio. Nas redes sociais, a violencia contra as mulleres e as disidencias sexuais e identitarias multiplcase”. Fronte a esta realidade, neste libro achéganse os resultados de sete investigacins que se desenvolveron na 鶹 nas que se analizan estes problemas e se propoen solucins e referentes para que o mundo dixital sexa un espazo seguro e de crecemento para todas”.

Unha ollada feminista asistencia dixital, do que a propia Soledad Torres é coautora, é un proxecto que analiza os chatbots dende unha perspectiva feminista, inclundo tanto asistentes virtuais como Siri como outros sistemas de atencin ao cliente. Os resultados, detalla Torres, amosan que “as persoas que desenvolven estes chatbots precisan formacin en xénero porque estn reproducindo estereotipos sexistas, empregan linguaxe non inclusivo e mesmo toleran bromas machistas ou agresins por parte dos usuarios”. Ademais, case todos os asistentes teen xénero feminino, “reproducindo ese rol de mulleres dispostas a atender as necesidades dos demais”.

Un segundo captulo céntrase nas violencias de xénero dixitais e reflexiona sobre as súas causas da súa constante proliferacin. Os seus autores sinalan, entre outros motivos, que “raras veces ten consecuencias e que quen xestiona as redes rara vez ten interese en atallar ese fenmeno”. Tamén apuntan a que a persoa que exerce a violencia non ten contacto coa vtima e, polo tanto, “non pode ver de primeira man cales son as consecuencias e os impactos destas violencias”. Ademais tamén apuntan viralizacin, porque os algoritmos que rexen estas redes potencias a visibilidade de determinadas mensaxes e perfs porque xeran mis visitas.

Outro dos estudos recollido aborda a importancia de desear algoritmos que detecten a violencia de xénero dixital. Este proxecto desenvolve sistemas de proceso de linguaxe natural que permiten detectar comentarios machistas en redes sociais e, o tempo, analizar o perfil da persoa vtima, do vitimario ou tipo de comentarios. Como detalla Torres, este prototipo “demostra que a tecnoloxa est dispoible” e “ten unha aplicacin potencial moi interesante e poderosa, que é tomar medidas para evitar ese tipo de violencias. No momento no que existe unha ferramenta que detecta este tipo de comportamentos, pode empregarse para 'banear' eses usuarios e borrar comentarios”.

O libro tamén se ocupa de analizar os motivos polos que hai tan poucas mulleres no eido da enxeara e faino a través “dun estudo moi amplo en relacin coas carreiras STEM da 鶹 realizado en 2020. Os resultados amosan a escasa presenza de mulleres nas enxearas, sobre todo nas relacionadas coas TIC e co eido electrnico, pero tamén reflicten que o rendemento académico das mulleres é superior e que hora de atopar traballo, tardan unha media de seis meses mis cos homes. Unha vez no mundo laboral, as mozas perciben mis discriminacin de xénero, consideran menos valorado o seu traballo, teen menor acceso aos postos mis altos e mellor retribudos, sofren as consecuencias do teito de cristal... En xeral, detalla Torres, estn “mis a desgusto” no seu lugar de traballo e isto é “parte do problema”.

A publicacin tamén pon o foco en Instagram e nos perigos sexistas para a mocidade. Neste estudo detllase como se relaciona a poboacin mis nova a través desta plataforma e fai unha anlise sociolxica e reflexiva que conclúe que moitas veces a primeira socializacin de xénero que ten a xuventude é a través desta plataforma. Advirten as autoras da diferencia entre o tipo de contidos e o xeito de comunicar que teen nesta rede mozos e mozas. “Mentres eles optan por amosar o quen fan, elas amosan o seu corpo” e isto marca unha diferencia de xénero que non fai mis ca abundar nos estereotipos e nas desigualdades. A isto súmase o feito de que non hai intercambio de ideas, senn que se insiren nun bucle que mestura a identidade real e a identidade aspiracional e, polo tanto, “non se mostran tal como son, mostran o que desexan ser, e isto impide que se dea un intercambio sincero e creativo que dea cabida a persoas con outras formas de estar no mundo, con outras expresins de xénero, identidades ou con outros intereses que non obedezan norma”, apunta Soledad Torres.

Outras das iniciativas recollidas no libro é o proxecto As mulleres que nos levaron ao espazo, unha experiencia “preciosa” que pode servir como exemplo para “poer en valor referentes femininos, neste caso no eido da exploracin espacial, inclundo mulleres galegas destacadas neste eido”.

Finalmente, o libro péchase cun estudo sobre a mocidade galega diante da eleccin de estudos. Tras entrevistar unha mostra de estudantes de 2º de bacharelato, as respostas amosan “non s o sentir da xuventude nunha época na que teen que decidir que van estudar” e senn tamén “unha serie de recomendacin sobre como comezar a contrarrestar os profundos estereotipos que estn sesgando a eleccin de estudos”. Entre as propostas, achegar mis referentes femininos e poer en marcha polticas de formacin do profesorado das materias relacionadas coas STEM para que incorporen unha perspectiva de xénero ao modo no que imparten as clases, de xeito que as mozas que se sintan mis interpeladas e includas”.